Asociación Galicia Ambiental
banner
galiciaambiental.bsky.social
Asociación Galicia Ambiental
@galiciaambiental.bsky.social
Conta oficial do portal da Asociación de Profesionais Ambientais de Galicia. Futuro sustentable.
Contacto: info@galiciaambiental.org
www.galiciaambiental.org
Altri non é máis que outro Navigator, pero disfrazado de proxecto industrial… o que buscades é que se plante máis eucalipto para poder levar unha parte do pastel e deixar valor engadido noutros territorios.

#GaliciaAmbiental
November 24, 2025 at 9:01 AM
O mesmo que ENCE, coa diferenza de que polo menos Ence xera emprego en Pontevedra (aínda que cada vez menos) e en Navia (que é o mesmo que dicir na Mariña).
November 24, 2025 at 9:01 AM
Como se pode apreciar, o da esquerda do Proxecto GAMA é un "especial" pero o da dereita sobre A Coruña e a súa transformación urbana é unha "publirreportaxe".

Unha forma de desinformación como outra calquera.

#GaliciaAmbiental
November 21, 2025 at 8:59 AM
Os encoros de Galicia Costa, dependentes da administración autonómica, están por baixo da media dos últimos 10 anos; e os da confederación hidrográfica na media, pero lixeiramente por baixo do pasado ano.

#GaliciaAmbiental
November 19, 2025 at 8:34 AM
A revisión do modelo de Sogama é urxente pola súa falta de sustentabilidade (pasear o lixo por media Galicia para despois vertelo ou incineralo na súa maioría)… o peor é que, ademáis, se intenta repetir ese modelo con residuos téxtiles, xurros, etc.…
#GaliciaAmbiental
November 14, 2025 at 11:23 AM
e á cabeza de malas prácticas como o vertedoiro e a incineración…
November 14, 2025 at 11:23 AM
A Xunta debería estar traballando cos propietarios dos campos de golf galegos para eliminar dunha vez por todas o consumo de auga susceptible de consumo humano… só as augas depuradas e o acopio en balsas de auga de choiva deberían aceptarse para este fin.

#GaliciaAmbiental
November 14, 2025 at 9:12 AM
Mentres boa parte dos demais campos utilizan auga de subministración humana ou de pozos.
November 14, 2025 at 9:12 AM
Por iso é preciso que a Xunta de Galicia poña freo a que campos de golf, como o de Oleiros, utilicen augas depuradas para a súa rega (o mesmo que se debería estar facendo na rega dos xardíns de todos os concellos…).
November 14, 2025 at 9:12 AM
Pola contra, o que queda no territorio é degradación, perda acelerada de biodiversidade e un valor engadido ridículo: case toda a pasta de papel producida por ENCE segue destinándose á exportación.

#GaliciaAmbiental
November 14, 2025 at 8:38 AM
A eucaliptización continúa, e con ela o beneficio de grandes empresas como Altri ou Navigator, que xa absorben unha parte importante da produción galega.
November 14, 2025 at 8:38 AM
Segundo Greenpeace, estes datos evidencian que a Xunta segue sen cumprir o Plan Forestal de Galicia e que chama “ampliación da moratoria” ao que, na práctica, é unha porta aberta ás novas plantacións… ata 2030.
November 14, 2025 at 8:38 AM
As cifras falan por si mesmas:
En 2024, a superficie de eucalipto en Galicia acadou xa as 438.156 hectáreas, un 4,6% máis ca en 2023 e máis dun 6% máis ca en 2022. Mentres tanto, as inspeccións e sancións polos incumprimentos foron testemuñais.
November 14, 2025 at 8:38 AM
Unha “moratoria trampa” que, lonxe de frear a expansión, permite e facilita novas plantacións en substitución de piñeiro nas zonas afectadas pola banda marrón. O resultado: centos de novas hectáreas e parcelas que seguirán eucaliptizándose.
November 14, 2025 at 8:38 AM