Fundación Luis Tilve
banner
fundacionluistilve.bsky.social
Fundación Luis Tilve
@fundacionluistilve.bsky.social
Entidad cultural declarada de "Interese Galego" que promueve la conservación del patrimonio documental y el estudio de los movimientos sociales, sindicales y políticos contemporáneos de Galicia, a través de su "Arquivo Histórico do Movemento Obreiro"
A Fundación despediu o ano facendo Memoria, invitados pola Asociación pola recuperación da memoria histórica de Marín a participar no acto de homenaxe e lembranzas ós marinenses víctimas da represión e ós fusilados o 31 de decembro de 1936.
January 2, 2026 at 2:16 PM
Felices Festas a tod@s @s que nos acompañastes, aguantastes, colaborastes e axudastes este ano, adornando ese espazo de tempo como estrelas de Nadal nunha árbore que vai acumulando aneis. Sen vós non brillaríamos tanto.
December 23, 2025 at 6:38 PM
A Fundación entra a formar parte do "Consejo de la Memoria Democrática". Unha responsabilidade que esperamos poder afrontar con solvencia, axudando a canalizar tódalas propostas e iniciativas que nos poidan chegar. www.europapress.es/nacional/not...
El Gobierno crea el Consejo de la Memoria Democrática, integrado por Baltasar Garzón y Cristina Almeida, entre otros
El ministro de Política Territorial y Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, ha presidido este lunes...
www.europapress.es
December 23, 2025 at 10:37 AM
Este luns a Fundación Luís Tilve presentou en Pontevedra, a nova obra de Aurora Marco “María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo”; unha muller feminista e defensora da educación pública, membro da Executiva de FETE-UGT de Ferrol e Comarca.
December 18, 2025 at 5:22 PM
Reposted by Fundación Luis Tilve
UGT-Vigo homenaxea aos afiliados con máis de 45 anos no Sindicato
December 18, 2025 at 12:42 PM
Este luns, 15 de decembro, ás 19:30 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán, presentación do novo ensaio da autora Aurora Marco, no que aborda a biografía da mestra socialista de FETE-UGT represaliada no 36 por defender unha educación pública, moderna e progresista.
December 12, 2025 at 11:44 AM
A Fundación participou, invitada pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra, no aniversario da Constitución, no que se homenaxeou ó último Gobernador Civil da II República en Pontevedra, Gonzalo Acosta Pan, asasinado en 1936 por defender e representar a legalidade democrática.
December 6, 2025 at 6:52 PM
Rematamos en Ferrol as xornadas "Diálogos da Transición Democrática. Educando nunha historia con memoria", que nos levou por varias localidades, debatendo sobre a perspectiva histórica da Transición e as súas diferentes lecturas e narrativas, as vivencias dos protagonistas e ós docentes ca ensinan.
December 5, 2025 at 3:11 PM
UGT Compostela-Barbanza, a Fundación Luís Tilve e o PSdeG-PSOE renderon unha sentida homenaxe, este xoves, ó tipógrafo socialista, Manuel Maroño Calvo, fusilado o 3 de decembro de 1936, por defender os dereitos dos traballadores e a lexitimidade do goberno democrático da República.
December 5, 2025 at 3:03 PM
Este xoves, ás 11:00 horas interviremos no acto de homenaxe a Manuel Maroño, invitados pola Agrupación Socialista de Santiago, que organiza o mesmo.
December 3, 2025 at 11:36 AM
Este xoves 4 de decembro, ás 18:30, os "Diálogos da Transición Democrática" chegan a Ferrol, organizados pola Delegación do Goberno en Galicia, a Subdelegación en A Coruña, coa colaboración da Fundación Luís Tilve; cunha nova mésa de debate.
November 30, 2025 at 7:41 PM
Seguimos coas xornadas "Diálogos da Transición Democrática. Educando nunha historia con Memoria", coa Subdelegación do Goberno en Lugo, nas a historiadora Tamara López, o exsenador Xaime Barreiro e o docente Xosé Lois Gómez, abordaron o que supuxo a Transición, dende diferentes ángulos.
November 28, 2025 at 11:33 AM
Fomentando o diálogo sobre a Transición nas xornadas organizadas pola Delegación do Goberno en Galicia, coa colaboración da Fundación Luis Tilve, na procura de educar nunha historia con memoria, especialmente entre a nosa mocidade.
November 25, 2025 at 4:38 PM
A segunda xornada de "Diálogos da Transición Democrática. Educando nunha historia con Memoria", tras a da Coruña, terá lugar na Subdelegación do Goberno en Lugo. Para seguir abordando a Transición dende diferentes ángulos, o histórico, o vital e testemuñal ou o campo da educación. Estades invitad@s.
November 24, 2025 at 2:33 PM
A Delegación do Goberno en Galicia, en colaboración coa Fundación Luis Tilve, organiza, dentro do programa “España en libertad. 50 años”, as xornadas “Diálogos da Transición Democrática. Educando nunha historia con Memoria”, que inicia o seu percorrido en A Coruña o vindeiro luns 24 de novembro.
November 20, 2025 at 4:42 PM
Este venres estivemos nas "Xornadas do exilio galego" organizadas polo Concello de Pontevedra, coas intervencións de Xosé Manuel Núñez Seixas, Eliseo Fernández Fernández, ou Roberto Mera.
November 15, 2025 at 5:28 PM
Onte asistimos no Ateneo Ferrolán á Exposición sobre Pablo Iglesias que organizou o PSdeG-PSOE de Ferrol. No acto a Agrupación Socialista de Ferrol fixo entrega á Fundación dos libros de actas da Agrupación entre os anos 70 e 80, entre outros documentos dos anos 30.
November 13, 2025 at 10:29 AM
Este venres intervimos na homenaxe que o Concello de Silleda lle fixo ó mestre de FETE-UGT represaliado, Víctor M. Fraiz Villanueva, asasinado en 1937. Os mestres e docentes foron un dos primeiros obxectivos, como en tódalas dictaduras, acalar o coñecemento, a difusión das ideas.
November 10, 2025 at 12:29 PM