A Folla
banner
folla.gal
A Folla
@folla.gal
Boletín semanal en galego sobre enxeñería do software, por Jacobo Tarrío.

Publícase os mércores polo módico prezo de cero pesetas.

https://folla.gal/
Que son as arquitecturas "little endian" e "big endian" e por qué se chaman así?

(Non ten nada que ver cos indios. "Endian", non "Indian".)

A resposta, na Folla desta semana.

folla.gal/09/0-little-...
Little endian, big endian
Isto non vai de indios senón de cabos.
folla.gal
April 17, 2024 at 11:13 AM
Comezo a Folla de mañá falando de "As Viaxes de Gulliver". Sodes quen de adiviñar cal é o tema?
April 16, 2024 at 8:15 PM
Esta semana fálovos dunha maneira antiga, pero eficiente, de facer un tipo de datos "conxunto".

E, agora que me decato, o título é un "spoiler" total. Pois xa é tarde para cambialo. Desfrutade da Folla de hoxe e, se vos gusta, pasádella aos vosos amigos.

folla.gal/08/9-mapas-d...
Mapas de bits
Unha maneira eficiente de facer conxuntos.
folla.gal
April 10, 2024 at 10:35 AM
«Este proceso chámase “tokenization” en inglés e négome rotundamente a pseudo-traducilo como “tokenización”, “toquenización” ou unha barbaridade polo estilo, así que hei chamalo “peneirar”.»

E despois de tal parágrafo, uso esa palabra unha soa vez na Folla desta semana.

folla.gal/08/8-solucio...
Solucións antigas para problemas que xa non temos
Fixen unha optimización totalmente innecesaria, pero ben satisfeito que me deixou.
folla.gal
March 27, 2024 at 11:37 AM
Se queredes ver o resto da ilustración, non perdades a Folla de mañá en folla.gal
March 26, 2024 at 3:38 PM
Como prometín, a Folla desta semana fala do que fixen coas listas ligadas.

Con tres ilustracións en cor!

folla.gal/08/7-listas-...
Listas ligadas
Aventuras implementando estruturas de datos en Pascal no ano 2024.
folla.gal
March 20, 2024 at 11:35 AM
Esta semana non hai Folla, pero a ver se para a próxima vos podo contar como modifiquei as miñas listas ligadas ("linked lists") para que engadir un novo elemento sexa O(1) e non O(n) sen ocupar máis memoria gardando máis punteiros nin empeorar o rendemento de ningunha outra operación.
March 13, 2024 at 11:19 AM
A Folla de hoxe fala do despacho dinámico (durante a execución) e do despacho estático (durante a compilación).

Se non sabedes de que estou a falar, podedes facer clic na ligazón de embaixo e aprender.

folla.gal/08/6-os-desp...
Como gañar nos despachos
As dúas maneiras nas que as linguaxes orientadas a obxectos (e outras que non o son) fan as chamadas a métodos.
folla.gal
March 6, 2024 at 10:54 AM
A Folla de hoxe é o motivo polo que o meu boletín vai quedar totalmente descartado para calquera tipo de premio ou subvención da Xunta.

E tamén fala de medias, medianas e percentís.

folla.gal/08/5-estatis...
Estatísticas para devops
A media, a mediana e os percentís 95 e 99: para cal deberiamos mirar?
folla.gal
February 21, 2024 at 4:03 PM
A miña muller cando viu a ilustración da Folla de mañá:

“Moitas cousas hai nese debuxo.”

Aínda estades a tempo de vos subscribir para ser dos primeiros en recibila no voso email! Acudide a folla.gal
February 20, 2024 at 2:32 PM
É importante saber como funciona a recollida do lixo, tanto dentro como fóra do ordenador.

folla.gal/08/3-recolli...
Recollida do lixo
“Hai que limpar un pouco que se non cómenos a roña”, dicía a miña nai.
folla.gal
February 7, 2024 at 1:00 PM
Cando aprendín a programar en C tiven moita lea cos punteiros porque eu non sabía onde ían as miñas variables.

Esta semana, a Folla que querería ter lido daquela.

folla.gal/08/2-onde-va...
Onde van as variables
Se tedes problemas cos vosos punteiros, se cadra non sabedes onde está a vosa memoria.
folla.gal
January 31, 2024 at 12:59 PM
Na Folla de hoxe falo de radioafección e de programas interconectados, e poño en dúbida as miñas dotes como ilustrador.

folla.gal/08/1-o-minim...
O mínimo común denominador
As aplicacións multiplataforma deberían aproveitar as avantaxes de cada sistema operativo, non conformarse ao mínimo que exist en todos.
folla.gal
January 24, 2024 at 3:20 PM
Xa hai comentarios na Folla! Pero como non se pode lanzar nada sen que haxa un problema, os emoji non andaron unhas horas por culpa do soporte de Unicode no MySQL.

folla.gal/08/0-os-come...
Os comentarios están preparados
Púxenlle un sistema de comentarios á Folla.
folla.gal
January 17, 2024 at 10:15 PM
Unha das primeiras empresas de informática non era de informática.

Na Folla desta semana.

folla.gal/07/9-uso-de-...
Uso de recursos inestable
Cando a gráfica dos recursos abanea coma o rabo dunha vaca, hai que dividir as cargas de traballo.
folla.gal
January 12, 2024 at 4:12 AM
Como traducides "template" ao galego?

Refírome aos ficheiros que se usan para formatar HTML cun contido determinado, por exemplo.

"*Plantilla" é castelán. Nalgún momento usei "patrón" pero vamos. A última suxestión que recibín é "modelo" pero vaaaamos.
January 12, 2024 at 4:11 AM
Na Folla de hoxe facemos modificacións simultáneas na base de datos, pero con miramentos.

folla.gal/07/8-modific...
January 3, 2024 at 2:23 PM
Na Folla desta semana: cadeas de texto, xogos de caracteres, codificacións e secuencias de bytes.

Con unha, dúas, TRES ILUSTRACIÓNS.

folla.gal/07/7-erros-d...
Erros de codificación
Por que ás veces os textos aparecen con caracteres raros no lugar das letras acentuadas.
folla.gal
December 27, 2023 at 2:22 PM
A Folla sae nun xoves para falar do desastre do mércores.

folla.gal/07/6-e-logo-...
E logo, que pasou?
folla.gal
December 21, 2023 at 12:56 PM
Buenocarallobueno.

Como esta semana tiven o ordenador estragado non puiden preparar unha Folla así que vos mandei un conto.

O malo: o email foi para o grupo de "test", non o de produción, así que non o vistes.

Velaquí a ligazón, que se non non o ve ninguén: emails.folla.gal/y9p3v6m6z5
Teño o ordenador escacharrado
emails.folla.gal
December 20, 2023 at 2:28 PM
Veño de publicar o xerador de sitios web que uso para a Folla: github.com/jtarrio/jtweb

Así podedes ir mirando os cambios que fago para engadir comentarios.
GitHub - jtarrio/jtweb: Website generator for blogs and newsletters
Website generator for blogs and newsletters. Contribute to jtarrio/jtweb development by creating an account on GitHub.
github.com
December 13, 2023 at 6:18 PM
A Folla de hoxe fala de como gardar segredos e como sacar proveito deles. Ou algo semellante.

folla.gal/07/5-como-ga...
Como gardar un segredo
Non é tan doado e ás veces escápache sen querer.
folla.gal
December 13, 2023 at 12:05 PM
A segunda cousa máis interesante da Folla de hoxe é que xa non digo "refactorizar" en galego.

folla.gal/07/4-outras-...
Outras maneiras de restruturar código
Descrición dun patrón para aplicar a inxección de dependencias con recursos globais.
folla.gal
December 6, 2023 at 4:35 PM
A inxección de dependencias é un invento moi antigo, e a linguaxe Pascal conserva un resto daquel tempo.

folla.gal/07/3-inxecci...
Inxección de dependencias
A inxección de dependencias é moi simple e non merece a mala fama que ten.
folla.gal
November 22, 2023 at 12:32 PM
Na Folla de hoxe facemos separación de responsabilidades!

folla.gal/07/2-separar...

Nesta semana fixen cambios na configuración do correo. Se estades subscritos e non recibistes a Folla, mirade no cartafol do spam.
November 8, 2023 at 12:38 PM