fllgalicia.bsky.social
@fllgalicia.bsky.social
😍 Parabéns tamén ao equipo galego Captioma Elementals, da Academia Captioma Galicia de #Ourense, que acadou o Terceiro Premio ao Proxecto de Innovación na GRAN FINAL NACIONAL da FIRST LEGO League e participarán, entre os meses de maio e xullo, no OPEN FIRST LEGO League que terá lugar en Sídney.  🎉
March 30, 2025 at 7:59 PM
🙌 Parabéns aos tres equipos gañadores da Gran Final Nacional da FLL Spain que representarán a España no World Festival en Houston: Aldeatron Robotix, FSIngenium Team e Legotronic Beavers.
March 30, 2025 at 7:59 PM
🙌 Parabéns polo voso traballo e moitas grazas por acompañarnos nesta aventura!

E a seguir alimentando as vosas vocacións científicas! 🤖
March 29, 2025 at 2:35 PM
👏 O MEGA BUILDER TEAM, que hai tres temporadas xa participou nunha final estatal, afronta con moitísima emoción e motivación a cita do día 29 mentres segue a gozar, en cada nova sesión, do excelente ambiente de traballo.

Toda a sorte do mundo para a gran final! 😉

@udc.gal @ciferrol.bsky.social
March 22, 2025 at 10:01 AM
👥 Integrado por Manuel Luaces, Angel Paz, Hugo Oujo, Pablo Copa, Martín Martínez, Soren Sampedro, Daniel Fernández, David Pérez, Jorge Fernández e Isaac Fontao, conta con dous exintegrantes do grupo como adestradores: Manuel Vilar e Pedro Estévez, ámbolos dous de 18 anos.
March 22, 2025 at 10:01 AM
🫂 A forte unión entre todos os seus membros e a enorme motivación 💪 son dúas das principais bazas dun grupo que xa o ano pasado conseguiu acceder á fase nacional e ao que lle desexamos toda a sorte do mundo para a gran cita en #Ferrol!!! 😉

📌 Vémonos moi pronto! 👏

@ciferrol.bsky.social @udc.gal
March 21, 2025 at 2:02 PM