Festival de Ortigueira
banner
festortigueira.bsky.social
Festival de Ortigueira
@festortigueira.bsky.social
🐲 #OitoNaciónsUnhaCultura
🗓️ Do 9 ao 12 de xullo do 2026
🏆 Declarado de Interese Turístico Internacional
📲​ https://s.mtrbio.com/festival-de-ortigueira
🎨💫 Queres que a túa arte forme parte do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira? 
Participa no concurso de carteis para ilustrar a imaxe do Festival no 2026! O certame contará con tres premios:
December 11, 2025 at 1:30 PM
❤️‍🔥​ Agardando que chegue xa o verán do 2026 para gozar de novo da música no Festival? Cada vez falta menos, pero, mentres non chega o día… comeza a finde coa playlist oficial do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que atoparás no enlace da nosa bio 📲​ 

📷​ Na imaxe, Gwendal.
December 5, 2025 at 1:36 PM
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira é un lugar onde se reúnen artistas xa consagrados do panorama folk xunto con novos talentos 📷 Nas imaxes, algúns detalles das actuacións dos participantes do Concurso Runas deste 2025 ❤️‍🔥

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura
November 28, 2025 at 1:30 PM
Ondeando no escenario, no público, nas nosas rúas… Encántanos ver como levades a bandeira das Nacións Celtas sempre convosco! ❤️‍🔥​

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira #MúsicaCelta #MúsicaFolk
November 21, 2025 at 1:43 PM
Cada mes de xullo Ortigueira énchese de música, este 2025 de mércores a domingo! Deixámosvos cunha foto por cada día do Festival, cal foi o teu día favorito este ano? 👇​ 

📷 Nas imaxes: 

👉​Xosé Liz Indala
November 14, 2025 at 1:30 PM
É unha gran ledicia para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira celebrar o recoñecemento a Antón Corral como Premio da Cultura Galega 2025 na categoría de Patrimonio Cultural.
November 7, 2025 at 1:30 PM
A Escola de Gaitas de Ortigueira leva cinco décadas de historia sendo un piar fundamental non só do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, senón tamén da cultura, música e historia de Galicia.
November 6, 2025 at 1:03 PM
📷​ Artistas consagrados do panorama folk pisaron de novo o escenario do Festival de Ortigueira neste 2025.
October 31, 2025 at 1:26 PM
📷​ O Festival garda momentos para o recordo. A Praza de Isabel II chea para gozar da Escola de Gaitas de Ortigueira foi un dos nosos momentos favoritos deste 2025… Cal foi o teu? 👇

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025 #MúsicaCelta #MúsicaFolk #MúsicaGalega
October 17, 2025 at 12:31 PM
📷​ A música é a alma do noso Festival, non hai dúbida! Pero o Festival tamén acolle outras actividades como a Feira de Artesanía, na que atopar recordos senlleiros. Contou coa colaboración de Artesanía de Galicia. 

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025
October 10, 2025 at 12:02 PM
📷 Como cada venres, recordamos o Festival. Hoxe, o Festival no Teatro: o dúo Marc Xarau e Hugo Franco, que o sábado 12 de xullo ofreceron un concerto no que os sons da guitarra e o violín uniron diferentes músicas do mundo. 

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025
September 26, 2025 at 12:30 PM
📷 O Pequefestival mudou de escenario este ano e trasladouse ao xardín da Biblioteca, pero non perdeu a súa esencia!
September 19, 2025 at 12:28 PM
📷 Banjo, guitarra e acordeón da man do trío Raskal encheron de sons escoceces a tarde do #FestivalNoTeatro o venres 11 de xullo. 

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025 #MúsicaCelta #MúsicaFolk #MúsicaGalega
September 12, 2025 at 12:31 PM
📷​ Carme López, Camille Hedouin e Sara Méndez foron as primeiras en actuar no Festival no Teatro co seu proxecto Carmela;
September 5, 2025 at 12:30 PM
Máis de 40 anos apostando pola música tradicional. Desde Vigo, a Banda de Gaitas Xarabal tamén estivo presente no Desfile das Nacións Celtas e no Festival na Rúa! 📸​

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025 #MúsicaCelta #MúsicaFolk #MúsicaGalega
August 25, 2025 at 12:30 PM
Os nosos veciños da Banda de Gaitas Ladrido acompañáronnos nun domingo especial, Desfile das Nacións Celtas! 📸​ 

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025 #MúsicaCelta #MúsicaFolk #MúsicaGalega
August 21, 2025 at 1:03 PM
A Banda de Gaitas do Ortegal acompañounos no Desfile das Nacións Celtas. Velaquí unhas imaxes do seu paso polas nosas rúas! 📸​

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025 #MúsicaCelta #MúsicaFolk #MúsicaGalega
August 20, 2025 at 12:31 PM
Desde os balcóns, as ventás, a pé de rúa… calquera sitio é bo para seguir o Festival na Rúa e o Desfile das Nacións Celtas! Hoxe deixámosvos coa escocesa Caledonian Cowboy Collective Pipe Band! 📸​

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025
August 19, 2025 at 12:31 PM
Desde Mieres ata Ortigueira! O Grupu Folcróricu Prau Llerón estivo presente nesta edición do Festival na Rúa, e tamén no Desfile das Nacións Celtas. Uns detalles do seu paso polo Festival! 📸​

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025
August 18, 2025 at 1:02 PM
A Banda de Gaitas Herba Grileira vén de participar no Festival Intercéltico de Lorient! Antes, puidemos escoitola no Festival na Rúa e no Desfile das Nacións Celtas deste Festival. Nas imaxes, o seu paso polas nosas rúas 📸​

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025
August 14, 2025 at 12:31 PM
Desde Celanova ata as rúas de Ortigueira! A Banda de Gaitas Lembranza Solpor formou parte deste Festival na Rúa e tamén do Desfile das Nacións Celtas do Domingo 📸​

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025
August 12, 2025 at 12:40 PM
Desde Asturias, contamos coa Banda de Gaites de Castrillón no Desfile das Nacións Celtas. Bótalle un vistazo ao seu paso polas rúas de Ortigueira! 📸​

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025 #MúsicaCelta #MúsicaFolk #MúsicaGalega
August 11, 2025 at 12:31 PM
No VIII Obradoiro de Fotografía Documental de Rúa tivemos á galardoada fotógrafa María Moldes, todo un luxo! 📷​

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025 #MúsicaCelta #MúsicaFolk #MúsicaGalega
August 8, 2025 at 12:32 PM
💫 A agrupación madrileña Xara foi a gañadora do Concurso Runas 2025, pero na final puidemos escoitar a todos os finalistas: o dúo Darach e o trío Rae, Dalama e Carballido. As súas actuacións en imaxes! 

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025
August 7, 2025 at 12:31 PM
Que ben o pasamos no obradoiro de baile galego! Estás nas fotos? 📸

#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2025 #MúsicaCelta #MúsicaFolk #MúsicaGalega
August 6, 2025 at 12:30 PM