St. Pauli Galiza 🏴‍☠️🏳️‍🌈
banner
fcstpauligz.bsky.social
St. Pauli Galiza 🏴‍☠️🏳️‍🌈
@fcstpauligz.bsky.social
Peña Oficial do St. Pauli en Galiza
Conta de información sobre o FC St. Pauli en galego 🟤⚪
Estamos tamén en Instagram: st.pauligaliza
Xa temos once! Entran Pyrka, Kaars e Metcalfe por Saliakas, Afolayan e Sinani. Veremos se acadamos algo positivo 🤎🤍
November 9, 2025 at 1:40 PM
Será hoxe o punto de inflexión? Tras apañar seis derrotas seguidas na liga, o St. Pauli tratará de traer algo positivo de Friburgo 🤎🤍
November 9, 2025 at 12:39 PM
Este serán foron sorteados os oitavos de final da Pokal. O St. Pauli visitará Mönchengladbach a comezos de decembro. Haberá revancha? Primeiro toca pensar no Friburgo o próximo domingo.
November 2, 2025 at 10:27 PM
Xa temos once! A principal e a única novidade é a entrada de Afolayan por Kaars no ataque. Partido que hai que gañar si ou si! 🤎🤍
November 1, 2025 at 1:54 PM
Bo día, amig@s! A primeira final para o St. Pauli chega en novembro. Os piratas reciben no Millerntor ao Borussia Mönchengladbach nun partido fundamental para seguir mantendo diferenzas coa zona baixa. Forza, St. Pauli! 🤎🤍
November 1, 2025 at 12:18 PM
Volve a Pokal! O St. Pauli recibirá ás 20:45 ao Hoffenheim na segunda rolda da competición. Os homes de Blessin tratarán de seguir adiante e revertir a mala dinámica do equipo 🤎🤍
October 28, 2025 at 4:50 PM
Once confirmado! A destacar a volta de Wahl e Hountondji. Cando veremos a Irvine no campo?🤎🤍
October 25, 2025 at 12:48 PM
Bo día, amig@s! Tras catro derrotas seguidas, o St. Pauli tratará de mudar a situación viaxando a Frankfurt. Os locais veñen de apañar unha dura derrota ante o Liverpool na Champions. Ogallá os piratas saquen algo positivo 🤎🤍
October 25, 2025 at 10:12 AM
Once confirmado! A ausencia de Wahl provoca a entrada de Dzwigala no once. Forza, St. Pauli! 🤎🤍
October 19, 2025 at 2:52 PM
O St. Pauli pecha a xornada na casa recibindo ao Hoffenheim. O obxectivo é rachar esa xeira negativa de tres derrotas e acadar os tres puntos 🤎🤍
October 19, 2025 at 1:30 PM
Once confirmado do St. Pauli. A principal novidade é a entrada de Kaars no equipo por Hountondji, que hoxe non estará en Bremen. Pyrka entra tamén no posto de Saliakas. Forza, St. Pauli 🤎🤍
October 4, 2025 at 12:35 PM
Bo día, amig@s! O St. Pauli visita esta tarde ao Werder Bremen buscando rachar a xeira negativa de dúas derrotas. Importante partido antes do parón para seguir lonxe do descenso 🤎🤍
October 4, 2025 at 10:57 AM
Este fin de semana rematou a quinta xornada na Bundesliga. Malia a derrota ante o Leverkusen, o St. Pauli ocupa a metade da táboa con 4 puntos de distancia co descenso directo. O próximo sábado tocará visitar ao Werder Bremen 🤎🤍
September 29, 2025 at 9:46 PM
Once confirmado! Ritzka no lugar de Dzwigala. O único troco respecto ao once que xogou contra o Stuttgart. Tras unha longa lesión, volve Mets ao banco 🤎🤍
September 27, 2025 at 12:41 PM
Bo día, amig@s! Esta tarde o St. Pauli recibe no Millerntor a un Bayer Leverkusen que inciciou a tempada con moitas dúbidas. Os piratas tratarán de beneficiarse e sacar algo positivo 🤎🤍
September 27, 2025 at 8:15 AM
Saliakas por Pyrka é a única novidade de Blessin no once. Os outros dez xogadores son os que conseguiron o triunfo ante o Augsburgo 🤎🤍
September 19, 2025 at 5:43 PM
Boa tarde, amig@s! Esta vez no hai que agardar moito para ver ao St. Pauli. Este serán os piratas viaxan a Stuttgart para tratar de seguir coa boa dinámica de resultados 🤎🤍
September 19, 2025 at 3:06 PM
Son tres xornadas, pero... a qué mola ver tan arriba ao St. Pauli? 😎😎
September 14, 2025 at 3:40 PM
"Netanjahu, fascista, deixa de matar civís en Palestina". Pancarta que se pode ler hoxe no Millerntor 🤎🤍
September 14, 2025 at 1:26 PM
Blessin repite o once que derrotou ao Hamburgo. A gran novidade é a convocatoria de Irvine. O capitán estará no banco agardando a súa oportunidade. A destacar a ausencia de Banks, que a semana pasada marchou cedido ao Blackpool 🤎🤍
September 14, 2025 at 12:55 PM
Bo día, amig@s! O St. Pauli recibe esta tarde ao Augsburgo na terceira xornada de liga. Tras sumar 4 puntos de 6, os piratas tratarán de seguir coa boa xeira no Millerntor 🤎🤍
September 14, 2025 at 9:42 AM
Hoxe sorteouse a segunda rolda da Pokal. O St. Pauli xogará contra Hoffenheim no Millerntor a finais de outubro.
August 31, 2025 at 6:37 PM
O noso once para o derbi. Imos!
August 29, 2025 at 6:21 PM
Xa está aquí! 🔥🔥 Por fin chegou o ansiado derbi de Hamburgo. Chegou o día que moitos agardaban. Ás 20:30, Hamburgo vs St. Pauli 🤎🤍
August 29, 2025 at 2:20 PM
Na recta final do mercado, o St. Pauli pechou a incorporación do dianteiro Martijn Kaars. O punta chega do Magdeburgo para reforzar aos piratas 🤎🤍
August 28, 2025 at 7:56 PM