Facultade de Xeografía e Historia (USC)
banner
facultadexh.bsky.social
Facultade de Xeografía e Historia (USC)
@facultadexh.bsky.social
Somos a conta oficial da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela

🖥️ https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-xeografia-historia
📍 Praza da Universidade, 1, 15703 Santiago de Compostela
📲 Séguenos tamén en FB, IG e In
O Departamento de Historia da Arte da @usc.gal anima os relatores e relatoras das pasadas cantro edicións a participar nestas xornadas, desta volta para responder á pregunta:

𝐂𝐨𝐦𝐨 𝐢𝐧𝐟𝐥𝐮́𝐞 𝐚 𝐢𝐝𝐞𝐚 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐯𝐢𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐧𝐨 𝐝𝐞𝐬𝐞𝐧𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐚 𝐭𝐮́𝐚 𝐭𝐞𝐬𝐞 𝐞 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐭𝐞 𝐞𝐧𝐟𝐫𝐨𝐧𝐭𝐚𝐬 𝐚 𝐞𝐥𝐚 𝐧𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐜𝐞𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐢𝐧𝐯𝐞𝐬𝐭𝐢𝐠𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧?
December 18, 2025 at 2:02 PM
🔗 Máis info: 
Exposición ‘O Corro dos Mouros. Unha longa historia... A monumentalidade ritual-funeraria dende o Bronce Final ata a Idade do Ferro en Galiza’
Dende comezos desde mes de decembro, o Ecoespazo do Edificio Fontán acubilla a exposición ‘O Corro dos Mouros. Unha longa historia... A monumentalidade ritual-funeraria dende o Bronce Final ata a Idade do Ferro en Galiza’, unha montaxe obra da investigadora do grupo EcoPast da USC e do CISPAC Pilar Prieto Martínez, directora das escavacións. A mostra, que se pode visitar ata o 30 de xaneiro en horario de 10.00 a 20.00 horas, achega unha síntese sobre este destacado xacemento prehistórico de Adai (Lugo), caracterizado pola súa monumentalidade e pola continuidade dos seus usos rituais, e no cal foron atopadas máis de 1200 novas pezas arqueolóxicas na última campaña. Baixo unha paisaxe articulada ao redor de mámoas, petróglifos e castros camúflase O Corro dos Mouros, un xacemento monumental que agocha unha longa e complexa historia. Foi un lugar sacro utilizado para desenvolver ritos funerarios dende o momento da súa construción no Bronce Final, en torno ao século XIII antes de Cristo, albergando unha actividade intensa na Primeira Idade do Ferro (entre os séculos VIII e VI BC) e sendo clausurado este lugar na Segunda Idade do Ferro, en torno ao século III antes de Cristo. Pero a historia continúa cambiando a función do sitio, xa que tempo despois, na Alta Idade Media, entre os séculos VIII e VI BC, detéctase unha posible remoción da coraza prehistórica que arrastra consigo materiais que alí quedaron depositados, como unha punta de lanza de bronce prehistórica asociada a esta datación. En Época Moderna detéctase actividade esporádica, grazas ao achado de fragmentos de dúas potas cerámicas, e finalmente, no período contemporáneo, a zona utilizouse para desenvolver actividades agrícolas, como o mostran as pegadas de arado atopadas no exterior do xacemento, e actividades forestais. Grazas ás escavacións dirixidas por Pilar Prieto, autorizadas pola Asociación de Montes de Adai e financiadas pola Xunta de Galicia púidose extraer mostras para analizar co método de carbono catorce (14C). Deste xeito, a exposición mostra os lugares e contextos datados, que permitiron facer unha reconstrución detallada da cronoloxía do sitio.
www.usc.gal
December 17, 2025 at 2:04 PM
A través de máis de mil pezas recuperadas, a exposición achega una mirada única á vida e aos rituais desenvolvidos neste espazo ao longo de séculos.

📍 Ecoespazo CISPAC, Edificio Fontán (Cidade da Cultura)
📅 Mostra visitable ata o 30 de xaneiro de 2026
⏰ Horario: 10:00–20:00 (todos os días)
December 17, 2025 at 2:04 PM
As xornadas terán un formato en sesións semanais, que se celebrarán cada mércores a partir do 4 de marzo de 2026, co obxectivo de crear un espazo de conversa e intercambio de coñecemento entre doutorandos e doutorandas.
December 17, 2025 at 12:04 PM
Esta edición está dedicada a Ramón Yzquierdo Perrín, investigador e docente de referencia.

 🔗 A nova completa:
Os Monográficos Iacobus VII trasládanse esta semana ao Museo de Pontevedra | Universidade de Santiago de Compostela
O Museo de Pontevedra será este mércores 17 e o xoves 18 a sede do ciclo de conferencias ‘Monográficos Iacobus VII. Encontros coas coleccións do Museo de Pontevedra’, organizado conxuntamente polo Grupo de Investigación Iacobus ‘Proxectos e estudos sobre Patrimonio Cultural da Universidade de Santiago de Compostela’ e o Museo de Pontevedr.. Os Monográficos Iacobus, cursos que abordan a historia da arte e do patrimonio cultural galego desde diversas perspectivas, nacen co propósito de estreitar os vínculos entre a investigación desenvolvida na universidade e as institucións museísticas galegas e achegarlle este coñecemento ao conxunto da sociedade. O seu formato combina dúas partes. En primeiro lugar, un ciclo de conferencias, no que investigadoras e investigadores da USC e profesionais do ámbito museístico abordan de maneira monográfica a obra dunha ou dun artista ou peza presente na colección do museo. Unha segunda parte dedícase ao encontro directo coas obras, na que as persoas relatoras afondan na súa explicación tendo a materialidade dos obxectos diante. Esta formulación favorece unha relación máis inmediata coas pezas e ofrécelle ao público unha comprensión máis completa das producións artísticas. Esta sétima edición concíbese, ademais, como unha homenaxe ao profesor Ramón Yzquierdo Perrín, cuxo recente falecemento deixou unha profunda pegada en todas as persoas que traballan no campo da historia da arte. Mestre, compañeiro e referente na investigación, o seu legado intelectual seguirá orientando as futuras xeracións de historiadoras e historiadores da arte en Galicia. A el se dedica este ciclo de conferencias, en recoñecemento á súa traxectoria e ao seu labor.
www.usc.gal
December 17, 2025 at 9:31 AM
As intervencións buscan establecer unha conversa entre a investigación académica en materia de Historia da Arte e as institucións museísticas galegas.
December 17, 2025 at 9:31 AM