Pepe Ancosmede
estepepin.bsky.social
Pepe Ancosmede
@estepepin.bsky.social
Cidadán, contribuínte, condutor e peón. Fumador. Aprendiz. Xuntador de letras.
Máis oínte que falador, máis lector que escritor.
Pinned
Instruccións de uso:
1.- Sen ánimo de lucro.
2.- Con sentido crítico.
3.- Criterio construtivo.
4.- Liberdade de expresión.

O respecto e a educación veñen de fábrica.
Nova derrota do Celta en Balaídos e partido do que non gostei nada. Bryan tiña que estar dando e, por momentos, mesmo parece restar. Botei en falta a Jutglá boa parte do partido: xogar con dúas puntas igual daba mellor resultado.
O peor: tres puntos menos, e da nosa Liga.
November 30, 2025 at 7:29 PM
Admiración. Respecto. Perfección. Agradecemento.

Mais non son capaz de seguir.
A miña cabeza, o meu espírito, o meu corazón é incapaz de seguir enfrentándome a esa realidade.

Vou superando os meus medos, pero confeso que aínda non estou preparado para esta realidade.

#SalvadosTransplantes
November 23, 2025 at 9:08 PM
De verdade que non sei que fixen, pero hoxe, nun segundo televisor, noutra cidade e, ademais, esta vez a través do desco de #R, volvo ter o partido da Selección Española de fútbol en #LaPrimera de #RTVE en galego! 😍
E repito: mola. E moito! 😍😍
Acabo de acender o televisor para ver o partido de Selección Española ante Georgia na Televisión Española @rtvecom.bsky.social e acabo de sorprenderme porque a retransmisión está en galego.

Non sei que fixen nin como configurei o trebello, pero mólalle! 😍😍💖😍
November 18, 2025 at 8:17 PM
Acabo de acender o televisor para ver o partido de Selección Española ante Georgia na Televisión Española @rtvecom.bsky.social e acabo de sorprenderme porque a retransmisión está en galego.

Non sei que fixen nin como configurei o trebello, pero mólalle! 😍😍💖😍
November 15, 2025 at 5:19 PM
En lembranza das Vítimas de Violencia Viaria.
November 14, 2025 at 12:57 PM
Din no Telexornal da TVG que o Fiscal Xeral hoxe sentou "no banco dos acusados".
Vexo as imaxes e está no mesmo banco no que o outro día vín, entre outros, por exemplo, a un alto cargo do Goberno da Comunidade de Madrid.
Aplicando a lóxica, esta persoa (e esas outras) tamén son acusadas, ou? 🤷‍♂️
November 12, 2025 at 8:07 PM
Bo partido en Balaídos e bo partido do Celta, pese a perder ante un Barcelona que acabou perdendo tempo no desconto pese a ir dous arriba.
Raro Borja, aínda que marcou de novo. A Iago fánselle grandes estes encontros. Radu, que encaixou catro, estivo ben no regreso trala lesión.
November 9, 2025 at 10:08 PM
Non sei que é o que máis noxo me dá: pensar que alguén estea a aguantar carros e carretas nun posto político para poder levarse unha xenerosa asignación vitalicia ou pensar que haxa quen pense que esa sexa a única razón pola que estea a aguantar no posto.

En calquera caso, noxento é. E moito.
November 2, 2025 at 9:37 PM
Non é boa idea que comece agora #Cachitos para estar mañá desperto na oficina... 😅
October 19, 2025 at 9:31 PM
E outro empate. E grazas a Ionut Radu.
October 19, 2025 at 4:17 PM
O Celta mata e morre co seu estilo. Dá o mesmo quen teña enfrente, como lle xoguen ou o ben ou mal que saíse na ocasión anterior. Non é negociable. Acabaremos con problemas de corazón a base de sustos.
A xogada do gol, redonda, case que ensaiada.
No debe a vermella a Starfelt froito dos nervos.
October 19, 2025 at 3:17 PM
España, posiblemente o único estado do mundo no que os seus cidadáns non coñecen o himno.
E mira que a letra é ben sinxela... 🤦‍♂️
October 14, 2025 at 6:46 PM
Sempre falan os que non saben.
Os que algo sabemos, porque sabemos, calamos. Ou somos calados.
Aí está boa parte da orixe da mediocridade e das erradas decisións.
October 11, 2025 at 8:19 PM
Despois de atopar o camiño do empate, novo partidazo do Celta, completo e redondo, e novo empate. Con sorte, o día que atopen o da victoria...
No debe, a integración de Bryan Zaragoza, que parece que aínda está pendente. No haber, outra vez máis, Borja Iglesias e Radu: xigantes.
October 5, 2025 at 9:09 PM
Estado de ánimo actual: enterarme do pasamento de Roscoe e botar bágoas lembrando tamén a Simba.

En fin, comeza outubro.
De carallo.
October 1, 2025 at 6:33 AM
Ten boa pinta o Elxe, non así o Celta. Sen dirección no centro do campo e sen capacidade de enganche coa dianteira. Só Radu está á altura do reto, secundado dun Borja de dulce. Algúns xogadores mesmo parecen desganados. Falta moito para o que se espera dos celestes.
September 28, 2025 at 4:51 PM
September 18, 2025 at 6:45 PM
#Aidiormío... que terá que ver o cú coas témporas? Que xentiña, por Dior, que xentiña!
September 16, 2025 at 6:54 PM
Reposted by Pepe Ancosmede
Hoy quiero hablaros de algo que parece una contradicción, pero que explica muchos de los atascos que sufrimos en nuestras ciudades: la Paradoja de Braess.

¿La carretera que te lleva al trabajo está atascada?
Más carriles no es la solución.
Pide transporte público.

Sigo 🧵
September 8, 2025 at 8:07 AM
#LaRevuelta de hoxe é un monumento. Punto.
September 9, 2025 at 9:17 PM
Mi má! Quen o ía dicir?
Pois, a bote pronto, na cabeza teño varios nomes que tiveron (e aínda teñen) que escoitar de todo.
September 3, 2025 at 6:46 AM
O dito. Nada, NADA que reprocharlles.
Pase o que pase, bo partido de España no Eurobasket: non creo que moitos de nós apostáramos por estar aquí, ante Italia, a falta de menos de dous minutos e empatados.
September 2, 2025 at 8:31 PM
Pase o que pase, bo partido de España no Eurobasket: non creo que moitos de nós apostáramos por estar aquí, ante Italia, a falta de menos de dous minutos e empatados.
September 2, 2025 at 8:18 PM
"Fas moitas preguntas cando decatas que es minoría."
Reflexión do que sucede cando nun pobo de 2.000? habitantes recibes 3.000? persoas para asistiren a un festival "non normativo": o #Agrocuir.

Ao tempo, reflexión de interese para entender a quen teñas enfrente.
August 30, 2025 at 8:06 PM
As reclamacións ou queixas xustificadas no "teño dereito que tamén pago impostos" e no "é con cartos públicos, cos cartos de todos, cos meus cartos" son tan... tan...
En fin, nin a pena merece facerlle o máis mínimo caso.
Aidior, que vergoñiña que estades a dar, por favor! 😔
August 28, 2025 at 8:47 AM