E. S. Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
banner
escolaconservac.bsky.social
E. S. Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
@escolaconservac.bsky.social
📚✨ Dende a biblioteca da ESCRBCG queremos aproveitar o XIV Encontro de Conservación-Restauración, organizado xunto co Museo de Pontevedra e dedicado ao uso do cal, para convidarvos a descubrir os nosos fondos.
Aquí tedes só unha pequena mostra do que podedes atopar relacionados con este tema
November 14, 2025 at 6:00 AM
A nosa alumna Verónica Cuadros continúa a súa mobilidade Erasmus+ na Catedral de Viana do Castelo (Portugal), da man da empresa Atelier Samthiago Conservação e Restauro.
Un exemplo do programa Erasmus de aprendizaxe, colaboración internacional e posta en valor do noso patrimonio común.
November 12, 2025 at 5:43 AM
🪰🔬 Esta semana, o alumnado de 1º participou nunhas prácticas de desinsectación en anoxia coa axuda do grupo de 1º da especialidade de conservación-restauración de Escultura.
Un exercicio clave para aprender a tratar pezas afectadas e eliminar os insectos de forma segura.
November 6, 2025 at 3:47 PM
Inspirándose nesta tradición muralista, o grupo de conservación e restauración de 3º de pintura (promoción 2023) elaborou o seu propio mural para aprender e poñer en práctica as técnicas murais, explorando a relación entre arte, historia e memoria visual. 🖌️
November 1, 2025 at 7:47 AM
Anos máis tarde, o artista Diego Rivera retomou esta icónica figura no seu mural de 1947, “Soño dunha tarde dominical pola Alameda Central”, onde a Catrina cobra vida como símbolo da identidade e da cultura mexicana. 🇲🇽✨
November 1, 2025 at 7:47 AM
Estes días estamos a ver moitas recreacións procedentes doutras culturas. Unha das máis presentes é a Catrina mexicana. 🎨💀 Sabías que…?

A orixe da famosa Catrina mexicana remóntase a 1913, cando foi deseñada polo gran gravador e ilustrador José Guadalupe Posada co nome de “Calavera Garbancera”.
November 1, 2025 at 7:47 AM
Polo #DíaDasBibliotecas, dende a biblioteca da ESCRBBCCG convidámosvos a coñecernos un pouquiño máis!
Somos unha biblioteca especializada en conservación e restauración do patrimonio cultural.
Este curso estreamos un depósito.
Podes ler máis sobre isto na web escolaconservacion.gal/biblioteca/
October 24, 2025 at 5:03 AM
A nosa alumna Raquel González Calvo participa hoxe no congreso Metal España 2025 que ten lugar na @univcadiz.bsky.social
Presenta a ponencia:
🪨 “Geodas de hierro: análisis de los productos de corrosión en un cuchillo romano hallado en la Illa de Sálvora”
Parabéns, Raquel!
October 23, 2025 at 3:27 PM
Lembra! Hoxe estamos en #EDUGAL #Pontevedra, o sitio ideal para obter información de primeira man sobre a oferta formativa en #Galicia para convertirte en profesional da #conservación e #restauración de bens culturais.
October 8, 2025 at 3:03 PM
A nosa alumna Ángela Pereiro está de prácticas Erasmus+ no Irish Museum of Modern Art (IMMA), en Dublín. Colabora na exposición Art as Agency, traballando cunha obra de John Burke:
🎨 And if Because (c.1974)Aceiro pintado© The artist’s Estate🏛️ Colección do IMMA – Gordon Lambert Trust, 1992.
October 1, 2025 at 5:05 AM
Queres coñecer a oferta formativa da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia?
O 8, 9 e 10 de outubro estaremos no 14ª Salón de Educación e Formación de Galicia. Agardamos a túa visita!
October 1, 2025 at 5:01 AM
A nosa bibilioteca #UnhaBibliotecaParaAConservaciónDoPatrimonio medra tamén coas doazóns. Agradecemos á Fundación Laxeiro, á Fundación Pública de Artesanía de Galicia e ó Instituto de Estudios Zamoranos “Florián de Ocampo” o envío de publicacións que se incorporan xa á oferta do noso catálogo.
September 21, 2025 at 12:38 PM
Hoxe visitounos Pilar Fernández, directora da Biblioteca Pública Antonio Odriozola de #Pontevedra, que se achegou á Escola para coñecernos mellor xa que se incorpora á Comisión de biblioteca do centro.
Descubre o noso espazo de lectura, estudo e investigación!
escolaconservacion.gal/biblioteca/?...
September 19, 2025 at 2:37 PM
Onte recibimos na a Antonio Cardoso e a Ali Sadi de XpeCAM X02 para formar a profesorado e alumnado no uso da cámara multiespectral deseñada pola empresa. Muito obrigado pela sua ajuda!
September 17, 2025 at 5:17 AM
Sesión de acceso libre ó CURSO DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE PONTEVEDRA. Inglés para a conservación e restauración de bens culturais. Martes 16 de setembro, ás 16.30 na Aula 3.13 da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
INFO: www.edu.xunta.gal/centros/eoip...
September 15, 2025 at 4:51 AM
Particular de Pontevedra-cidade- solicita profesional da conservación restauración para
2 mesas 57*42*58 tratamento biocida
1 cómoda 114*46*74 tratamento biocida
Mesa de coser Singer tratamento de madeira e metal
2 butacas 92*55*53 (tratamento biocida e retapizado)
Interesados contactar ó 636476869.
September 9, 2025 at 5:05 AM
Finalizado el acto de presentación, declaramos oficialmente iniciado el curso 2025-2026.

Empieza el juego!
September 8, 2025 at 11:37 AM
O próximo luns día 8 de setembro as 12h. terá lugar o inicio do curso 2025/26.

A totalidade do alumnado será recibido na “Aula Magna” (pola Facultade de Belas Artes, a man esquerda).

Esperamos a túa asistencia, pois recibirás toda a información sobre o funcionamento e organización da Escola!
September 4, 2025 at 7:42 AM
XULLO é o mes adicado por @acre-p8.bsky.social para destacar a CONSERVACIÓN RESTAURACIÓN DE ARQUEOLOXÍA E MUSEOS ARQUEOLÓXICOS. Por este motivo, hoxe lembramos esta peza romana de cerámica do Museo do Mar de Galicia, #Vigo, tratada por alumnado de conservación e restauración de bens arqueolóxicos.
July 12, 2025 at 7:46 AM
🤩Carmen e Inés continúan a estadía de Erasmus+ Prácticas no Museo Público de Cork City Council.
✍ Están a organizar a colección de pintura e fotografías do almacén, para facer unha catalogación básica, mellorar as embalaxes, o aproveitamento do espazo e as condicións de conservación preventiva.
July 7, 2025 at 6:47 PM
Comeza xullo e a @escolaconservac.bsky.social segue a traballar achegándose aos lugares que foron xérmolo na materias da CR de bens culturais. Unha das nosas docentes, Natalia F., no programa de mobilidade Erasmus + fará labor de investigación durante este mes de xullo na Universidade de Florencia.
July 7, 2025 at 4:36 AM
Onte fixemos unha festa homenaxe para Carmen Lorenzo e Cristina Montojo, profesoras que comezan unha nova etapa como xubiladas.
Estamos moi agradecidas pola infatigable labor desempeñada no centro, as dúas deixan unha importatísima pegada como docentes, equipo directivo e como compañeiras.
July 3, 2025 at 5:41 AM
Cada cor conta tal e como é.
#Orgullo2025 🏳️‍🌈
June 28, 2025 at 7:24 AM
No segundo cuadrimestre, as alumnas de 2º de Conservación e Restauración estiveron a realizar as súas prácticas de limpeza sobre distintos materias. Clara traballou nunha cantimplora de mimbre, limpando a superficie con distintos procedementos.
June 25, 2025 at 3:42 PM
Rosa Barroso, da Universidade de Alcalá, recolleu o pasado venres unhas pezas depositadas na @escolaconservac.bsky.social para o seu estudo e intervención. Trátase dun cincel e dous colgantes dun enterramento de Toledo do neolítico final. Do cincel entregouse tamén unha reprodución.
June 24, 2025 at 4:43 AM