Edicións Defectuosas
banner
ed-defectuosas.bsky.social
Edicións Defectuosas
@ed-defectuosas.bsky.social
Facemos fanzines porque algo hai que facer.
-
Os nosos fanzines: linktr.ee/Ed_Defectuosas
O noso mail: ed.defectuosas@gmail.com
O tocadiscos da Casa Defectuosa móvese agora ao ritmo que marca o Mestre Reverendo por cortesía de @kalvinger.bsky.social.
November 16, 2025 at 11:43 AM
Disque os de Netflix andan estes días rodando unha serie por Betanzos.
Polo que sexa non escolleron a Rúa Nova entre as localizacións...
November 14, 2025 at 12:46 PM
Os Oompa Loompas de Edicións Defectuosas estiveron montando a nosa última publicación, e xa está lista.
Se queres un avisa, que iremos por Correos estes días.
Como o tema é un pouco antipático e non imos facer máis promo tamén o deixamos xa subido ao noso Drive (pero mellor en papel, coma sempre).
November 9, 2025 at 4:48 PM
Pois xa imprimimos a que (agora si) será a nosa última publicación do ano.
Fixémola (maiormente) en setembro estando enfadados.
Vai sobre os lumes deste agosto, non é graciosa nin ten ningunha información novidosa.
Se queredes unha copia avisade por aquí ou mandade un mail.
Este é o texto da contra:
November 8, 2025 at 10:40 AM
A nosa seguinte publicación (que trata o tema dos incendios deste agosto) incluirá entre outras cousas este mapiña.
A zona negra representa a superficie que ardeu dende o ano 2015.
November 2, 2025 at 8:40 AM
O noso anterior fanzine ía ser a última publicación do ano, pero en setembro xuntamos unhas páxinas sobre os incendios de agosto e seguramente en novembro publiquemos o que saiu de aí.
Os nosos fans OG estarán contentos de saber que voltamos aos mapiñas absurdos.
October 26, 2025 at 2:52 PM
Caamaño & Ameixeiras estarán esta tarde n'A Coruña dando un concerto canda Sús.
E tamén están no noso último fanzine canda outras seis formacións galegas.
October 18, 2025 at 9:16 AM
En setembro xuntamos unhas liñas sobre os lumes de agosto.
Decidimos deixalas repousar un tempo para que non parezan froito da rabia do momento (tampouco é que digamos nada polémico, é puro dato).
Así que (seguramente) nalgún momento dos próximos meses sacaremos isto.
October 12, 2025 at 12:54 PM
É que ademais racha totalmente co deseño dos anteriores!
October 4, 2025 at 5:32 PM
A tope co novo de Juarma, pero aos de Blackie xa lles vale co de cascar tremenda promo na contra.
Iso ponse na faixa, ho!
October 4, 2025 at 5:32 PM
Así locen os Carabela no noso último fanzine.
September 20, 2025 at 12:32 PM
Hai uns días, cando xa ninguén se lembraba del, rematamos con este debuxo:
September 13, 2025 at 3:42 PM
Estamos grampando os fanzines escoitando o disco novo das Blanco Teta (boísimo!).
Entre que o grampado é a nosa parte menos favorita do proceso fanzineiro e a descarga punk, estamos poñendo as grampas con máis rabia da habitual. Agardamos que se note.
youtu.be/OmLXoqUA8bg?...
August 30, 2025 at 4:39 PM
Hoxe fomos imprimir o fanzine novo e, coma sempre, ao chegar á casa montamos un para comprobar se nos trabucaramos coa orde das páxinas ao maquetar(o noso maior medo!).
Dúas conclusións:
1. As páxinas están na orde correcta.
2. O fanzine novo está bastante guapo.
August 26, 2025 at 7:52 PM
Esta é a aliñación do noso seguinte fanzine.
Non nos veñades con que vos falta este ou vos sobra estoutro, que bastante traballo pasamos para encaixalo todo (a culpa foi nosa pola distribución que escollemos, iso tamén é certo).
August 24, 2025 at 9:33 AM
Facendo un debuxo inspirado nuns rapaces que estaban na parada do bus mirando os teléfonos e comendo Jumpers (planazo, a verdade).
De momento vai quedando así:
August 17, 2025 at 6:39 PM
Hoxe fomos por un paquete ao Marineda. Supoñíase que tiña que estar preparado, non o estaba e tocounos agardar un bo anaco.
Tamén fomos pola cami do @autoban.bsky.social. Tíñana preparada, atendéronos rapidísimo e levamos o Autozine de regalo.
En resumo: Autobán>>>Marineda.
Hoxe e sempre...
August 11, 2025 at 5:51 PM
Se non cambiamos nada de aquí ata que o rematemos (que probablemente algo cambiemos), este vai ser o índice do noso vindeiro fanzine.
#números #nonseentendenada #xaosabemos
August 10, 2025 at 7:51 PM
Chegou o quinto de @medallamusica.com! Xa podemos montar un equipo de baloncesto.
(o equipo, evidentemente, sería este: Duelo de base, Arista Rota de escolta, Emblema y Poder de aleiro, Medalla de ala pívot e Música Máquina de pívot tanque estilo Shaq)
August 7, 2025 at 1:32 PM
Resulta que aínda non nos fixeramos cunha copia disto (co pesados que estivemos cando fora a expo!).
Aínda non afondamos no contido pero o continente volve deixar claro que Fabulatorio son os mellores.
August 4, 2025 at 8:55 PM
É posible que en setembro teñamos fanzine novo.
Ou pode que non, porque este ímolo facendo cando non estamos con outra cousa, así que se se nos ocorre algunha idea nas próximas semanas se cadra volvemos telo parado outra tempada.
Xa escribimos a intro, que algo é.
August 3, 2025 at 7:43 PM
O Sr. Defectuoso ten que ir a unha voda esta fin de semana e nunha decisión propia do paiaso Krusty considerou boa idea combinar a cor do lazo coa dos cordóns dos zapatos.
July 25, 2025 at 1:33 PM
Este vai ser o texto sobre Clo Plas que vai ir no fanzine co que andamos a voltas (se non nos da por tirar con el e facelo de novo, que tamén pode ser).
July 13, 2025 at 9:33 AM
Fixemos este pequeno debuxo onde aparece unha morea de xente con cara de susto e titulámolo "O día que Godzilla chegou a Betanzos".
No ALT da imaxe deixamos algo máis de información.
July 6, 2025 at 9:33 AM
Cambiámo-lo meme outra vez.
July 1, 2025 at 4:48 PM