Mimi
banner
ecasabianca.bsky.social
Mimi
@ecasabianca.bsky.social
Lingüista e docente de galego na secundaria. Tamén falo de frikadas, sobre todo Shoujo.
-Ao no Exorcist: Yosuga-hen.
Estiven a nada de abandonar este anime. A día de hoxe son moito menos tolerante ao shounen xenérico.
Dito o cal, alégrome de non telo feito porque esta temporada foi con moito a máis interesante deste anime.
April 8, 2025 at 9:34 AM
-Shouwa Genroku Rakugo Shinjuu Sukeroku Futabi-hen.

Bueno, chicas, só digo que agradezo profundamente que esta obra exista.
É o mellor que vin en moito tempo.
Dá para facer TFG sobre a temporalidade, o significado da arte e o seu cambio no tempo.
Viva a demografía feminina!
April 1, 2025 at 9:11 AM
-Como agua para chocolate.
Que marabilla.
De verdade, non hai serie de HBO mala.
Eran horas de facer unha adaptación desta fermosa novela.
Viva latinoamérica, viva México e viva o realismo máxico.
April 1, 2025 at 9:07 AM
-Hiperpaternidad.
Unha lectura moi interesante sobre a crianza dos fillos que estamos facendo na actualidade.
Tomo nota do que non quero facer como mai.
April 1, 2025 at 9:03 AM
-Honey Lemon Soda.
Os meus beibis.
Xa fai anos dende que lin o manga, así que o anime foi moi refrescante (nunca mellor dito).
O único que me doe é pensar que probablemente non teñamos segunda temporada 😔
April 1, 2025 at 8:59 AM
-Solo leveling (T2).
Fantasía de poder masculina capitalista. Pero está to' guapa.
Realmente é gracioso o moito que se inspira en Hunter x Hunter.
O rei formiga en vez de chamarse Meruem é Beru xD
April 1, 2025 at 8:56 AM
-No soy un ángel (Tomo 4).
Finalizamos iste manga de xuventude de Ai Yazawa.
Teño que dicir que o final foi moi prototípico, pero bueno. Non estivo mal.

P.D: as 150483729 referencias que ten iste manga a Wataru Yoshizumi danme a vida.
March 31, 2025 at 5:58 PM
-Una historia de almas gemelas (Tomo 5).
Vaia plot twist o do irmao e a "moza". Agora entendo moito máis o seu comportamento tan inestable.
Dito o cal, espero que eses dous sexa felices
March 31, 2025 at 5:58 PM
-Studio Cabana (Tomo 3).
Ver estes dous avanzar, ponme o corazón quentiño.
Por dios, sae desa relación tóxica e aprende o que é o amor san.
March 25, 2025 at 9:25 AM
-Battle Royal.
Pois por fin vin a peli que inaugurou iste xénero.
Unha movida moi xaponesa, a verdade. Pero está to' guapa.
March 25, 2025 at 9:20 AM
-Ooku (Tomo 3).
Fáganse o favor e lean Ooku.
Tsunayoshi deume moitísima pena. Foi un goberno moi interesante.
Logo, o personaxe de Sakyo tamén me pareceu incríbel.
A violencia sexual depende en gran medida das relacións de poder e iso xusto é o que lle pasou ao pobre.
Con ganas da próxima Shogún.
March 25, 2025 at 9:18 AM
-El bebé de mi novia (Tomo 7).
Puff, como me pegou este tomo.
Iste manga sempre me deixa pensando na maternidade e o embarazo, así como no horror da sanidade privada.
Pero desta vez, foi moito máis aló. Tocoume no instinto maternal máis profundo.
March 9, 2025 at 4:30 PM
-La boda de las luciérnagas (Tomo 2).
Pois gustoume un montón este tomo.
Igual o que máis me sorprendeu foi que a protagonista recoñecese que lle estivera mentindo todo o tempo a estas alturas da historia.
Ao mesmo tempo, paréceme que a parella ten moita química.
Seguiremos atentas.
March 9, 2025 at 3:23 PM
-Veil (Tomo 4).
Estes guapísimos rusos vanse achegando.
O precioso que é iste debuxo ♥️
March 8, 2025 at 2:48 PM
-Enamoraos, falsos ángeles (Tomo 1).
Pois a premisa é un pouco unha copia de Kare Kano, pero as personalidades dos personaxes non teñen nada de parecido.
Disfrutei moito do primeiro tomo a verdade. Outra das xoias do shoujo que estamos tendo nestes anos 20.
March 7, 2025 at 6:53 PM
-El ángel exterminador.
Oes, pois primeira película que vexo de Luis Buñuel e moi ben.
Iste home era ferventemente de esquerdas e odiaba aos ricos.
En realidade a película pode resumirse coma: os ricos tamén choran, pero dános igual.
March 7, 2025 at 6:44 PM
-Dom Casmurro.
Unha das obras máis recoñecidas da Lusofonía, que tiven o privilexio de ler en portugués grazas ao galego.
Bentinho está fatal da cabeza. Capitu non merecía todo o que lle aconteceu pola súa culpa.
É que ademais a referencia a Otelo xa amosa que os ciúmes de Bento son todo paranoia.
February 21, 2025 at 7:33 AM
-Mis memorandos sobre la bruja (Tomo 3).
Por fin, agora que é adulto, a relación entre estes dous avanzou.
Vou chorar, vou chorar e moito, pero de momento vou seguir disfrutando cada tomo desta absoluta preciosidade de manga.
February 18, 2025 at 7:41 PM
-Shouwa Genroku Rakugo Shinjuu (T1).
Estou simplemente sen palabras.
Vaia obra de arte, literalmente.
O Rakugo como arte nipona é tan máxica.
E logo xa nin falemos da relación entre Shin e Bon. Unha das amizades máis bonitas e tráxicas que vin nun anime.
Con moitas ganas de ver a segunda temporada!
February 17, 2025 at 7:11 AM
-Angel Sanctuary (Tomo 2).
Agora que vai pechar ECC, menos mal que me deu por comprar toda esta colección tan chula.
O único que me doe é non ten 15 anos outra vez, porque se a tivese lido hai dez anos, este manga tería sido a miña personalidade.
Amor tóxico, obsesivo, nun contexto de anxos caídos
February 12, 2025 at 6:17 PM
-Historia de un vecindario (Tomo 3).
Faime gracia que Yazawa estea dicindo todo o tempo que Yusuke é o verdadeiro protagonista e non Tsutomu, porque literalmente é así.
Yusuke como personaxe aporta moito máis e os seus conflitos coa moza son moito máis interesantes.
February 7, 2025 at 4:00 PM
-Tropa de elite.
Unha película brasileira sobre a brutalidade policial nas favelas.
Gustoume bastante, aínda que me sorprende que moita xente acabase pensando que é unha reivindicación das forzas especiais da policía?????
February 5, 2025 at 6:37 PM
-El chico que me gusta no es un chico. (Tomo 2)

Que bonitiñas son as miñas sáficas rockeras. Desfruto moitísimo de ler as súas escenas xuntas.
Iso si, encantaríame que a cousa avanzase algo máis rápido, pero tampouco é unha crítica.

Que vivan as noivas!
February 4, 2025 at 5:36 PM
-No soy un ángel (Tomo 3).
Teño que dicir que non botei en falta a Akira no tomo.
O manga funciona ben sen o seu protagonista masculino e iso non me termina de convencer.
Realmente gustábame máis Ken para Midori.
Con ganas de ler o derradeiro tomo e finalizar este manga de xuventude de Ai Yazawa 💜
February 3, 2025 at 3:40 PM
-Shurayuki Hime.
Unha película xaponesa dos 70 baseada nun manga dos 70.
Cómpre indicar que foi a que inspirou Kill Bill de Tarantino, e teño que recoñecer como fan de Kill Bill, que despois de ver esta película deime de conta que é un plaxio descarado.
January 23, 2025 at 7:21 PM