Dioivo
banner
dioivo.bsky.social
Dioivo
@dioivo.bsky.social
Dúo de metal extremo en galego, formado en Vigo no 2016 por Dani e Jacobo 🌾⚙️⭐
Ó tocar en Baranbio, Amurrio, o outro día, non puidemos evitar lembrar a nosa primeira vez nese municipio, no Burubio Kultur Elkartea en 2017 ❤️‍🔥 Foi o noso primeiro bolo fóra de Galicia. Mil grazas aos amigos de Nakkiga por ternos levado daquelas e por vir apoiarnos na Garrastatxu tamén!
November 4, 2025 at 7:35 PM
Aquí van uns vídeos do noso paso polo CS L'Apiaderu de El Remediu e a Garrastatxu Txosna de Baranbio, gravados poles amigues de From Ashes to Dust e Kogío con Pinsa 💙 A seguinte parada é na casa, no Transylvania o 12 de decembro, e aínda temos moitas sorpresas que contarvos...
October 31, 2025 at 8:15 PM
Hai 5 anos Bea Gutiérrez fíxonos a nosa primeira entrevista para a TVG. Mil grazas pola oportunidade! Foi en plena pandemia, despois de sacar o noso álbum Dioivo II con Darkwoods e antes de sacar o EP Dioivo III. Non esquezades mirar o video completo en Youtube ▶️ youtu.be/dCpY9jmqK2E?...
October 25, 2025 at 6:22 PM
Temos dúas novas datas por anunciar, unha fóra e outra para rematar o ano en Vigo, que vai ser moi especial ⏳ Mentres tanto, deixámosvos con estes vídeos do noso concerto na Master o pasado xuño polo Manieterno de Raposos Crew. Axiña teredes novidades!
October 9, 2025 at 6:27 PM
En poucos concertos tocamos tan rápido como no do sábado no mercantil! Mil grazas á FAVEC por contar connosco por segunda vez e polo seu labor no movemento veciñal da nosa cidade. E, por suposto, tamén a Caveira Sons polo seu traballazo no son do evento. Vémonos na seguinte ❤️‍🔥
October 3, 2025 at 6:57 PM
Hai 6 anos dimos un dos nosos concis máis peculiares, na praza da Constitución de Vigo 🔙 Este sábado tamén imos a un sitio pouco habitual para nós, o Mercantil, en Bembrive, para participar do festival da FAVEC. Aproveitade, que será de balde e actuarán tamén Quarzum e GxN!
September 25, 2025 at 8:28 PM
Hai un ano sacamos o videoclip de "O rei", con imaxes do noso paso polo festival Extreme Division Mallorca ❤️‍🔥 Mil grazas Deathlight Music por ter contado connosco e a Tuco Martín por gravar os vídeos! Lembrade, o sábado vémonos en Bembrive. Mentres tanto: youtu.be/3ZVK4-chgaw
September 23, 2025 at 5:36 PM
Hai dous anos lanzamos "Por 100 anos máis", un tema diferente para nós co que quixemos renderlle homenaxe ao Celta no seu centenario 💙 Foi gravado por Dany Soengas e ten un videoclip feito por Brais Gómez Salvador, que fixeron un currazo. Mil grazas pola acollida que lle destes!
September 17, 2025 at 6:25 PM
Hai 6 anos tocamos por derradeira vez no Frenopátiko, un espazo que era todo un templo do subterráneo vigués e que foi un puntal inestimable para nós dende os tempos de Rust in Peace. Mil grazas a Txomy e Jatxo por todo o apoio que nos deron e nos seguen dando a nós e a toda a escena 🖤 Sempre Freno!
September 11, 2025 at 6:20 PM
Seguimos preparando a saída do novo álbum, no que revisitamos as cancións da nosa banda predecesora Rust in Peace xunto a Darcy, baixista e compositora dos temas, e Pablo, o guitarrista orixinal. Aquí vai un pequeno adianto! Vídeos de Brais Nogueira no conci do Pub Transylvania 📱
September 6, 2025 at 1:07 PM
Vémonos hoxe ás 20:30 en La Xana del Torío xunto a Camufla-g, con entrada inversa! Lembrade tamén que podedes mirar na nosa canle de Youtube o noso novo vídeo ao vivo tocando "Retorno a Tagen Ata" con Dany Soengas no Pub Transylvania 😉 youtu.be/4PDrFBQmkRw
August 30, 2025 at 2:31 PM
O pasado mes estivemos tocando no Auditorio Mar de Vigo polo 59° Aniversario da FAVEC xunto a GxN. E este sábado toca ir a La Xana del Torío xunto a Camufla-g, xa hai ganas de tocar por León! Organizado por RMG.

Mil grazas a Javier Xesteira polos vídeos 📹
August 28, 2025 at 3:33 PM