O Dorribo♻️🇪🇺🚵
banner
ddorribo.bsky.social
O Dorribo♻️🇪🇺🚵
@ddorribo.bsky.social
Escribo gallegadas neste mundo global
🎓 Industrial PhD - Engineer🚗 🇩🇪
🧑‍🏫 🎧 CAE & HPC 🖥️ 🇸🇪
Pai de Uxía👶 Do Celta, bendito tormento🩵
Difícil superar ao Café-Bar Ché cunha bandeira 🇪🇦 enorme que hai no medio da ruta...😁
July 2, 2025 at 9:11 PM
Que grata sorpresa a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle! 🚵😍🚂
@lopezprol.com
June 26, 2025 at 8:47 PM
Eu o venres vin esta montaxe para bicis🚵 nun Avant🚅 entre Compos e Ou e xa me soprendín positivamente... 😃
June 4, 2025 at 4:27 PM
Alguén se escandalizou cando eu collín isto para comer nese buffet alá polo 2016... #cachucha #ourensanía
June 3, 2025 at 7:21 PM
Agora que remata o curso e estou repensando en continuar con isto da docencia universitaria (moito curro que cae en saco roto) presta ler este tipo dos comentarios dun alumno.
May 20, 2025 at 8:59 PM
Onte fun almoçar a Castro Leboreiro 🇵🇹 e visitar a zona (⛪Nossa Senhora da Peneda). Que marabilla amigues! Vigueses e Ourensáns (por proximidade) este debería ser un plan obrigado!
March 4, 2025 at 9:50 AM
Ás veces penso nesas pingas de chuvia que caen no cima da Serra de Meira e que segundo a ladeira pola que baixen seguirán o Eo para facer fronteira con Asturias ou percorrerán o Miño para facer fronteira con Portugal.
February 8, 2025 at 10:45 PM
Hoxe collín o tren 🚂 de Ou a Lugo. Unha vez máis impresióname o tramo entre a cidade das Burgas e Monforte. O recorrido polas beiras do Miño, Sil e Cabe é digno de disfrutar. 😍
February 2, 2025 at 5:31 PM
A visita obrigada en Ourense este Nadal. #CidadeDosMuchachos #Benposta
December 28, 2024 at 4:31 PM
Hai cores máis bonitas que un solpor de inverno entre os carballos?
December 27, 2024 at 5:07 PM
Viñéronse arriba no "featuring" ámbolos dous departamentos de Marketing. Cervexa con sabor a turrón e turrón con sabor a cervexa.
December 9, 2024 at 10:24 PM
Hai un magnate que está a propor tirar un cable submariño de 4000 km dende 🇲🇦 a 🇬🇧 para suministrar o 8% da demanda eléctrica británica usando "granxas" eólicas e solares marroquís. Así si?
December 1, 2024 at 7:40 PM
Canto ao do centro do ministerio en Soria, acabo de ler o artigo agora, non sabía, e ben, Soria será frío pero se o comparas con Reykjavik 🇮🇸...
November 28, 2024 at 10:39 PM
Non adoito falar do tema por aquí, mais traballo 🎧 nunha empresa que se dedica a montar centros de datos (DC), chamados por veces "super-ordenadores" 🖥️, nos países nórdicos 🇮🇸🇩🇰🇸🇪🇫🇮 e usan a calor xerada na súa refrixeración para quentar vivendas ("district heating") da proximidades! ♻️
November 27, 2024 at 9:50 PM
O meu descubrimento coruñés de hoxe foi a o bar da antiga estación de Bregua.
November 23, 2024 at 6:12 PM
Quede aquí escrito que ata onde eu sei non teño ningunha relación familiar co famoso "Dorribo". Aínda que tendo en conta os poucos que somos algún antepasado común hai máis dun século ha de haber! E outra cousa, está claro, a orixe é ourensá.
November 22, 2024 at 5:07 PM
Entereime grazas a Fernando Blanco Silva en LinkedIn, non o coñezo persoalmente pero ten pinta de levar anos bregando por isto.
November 19, 2024 at 7:12 PM
Outra fantástica nova da que me enterei hoxe: "La Xunta creará en Ferrol un centro de investigación en eólica marina" 🔋♻️ vía @lavozdegalicia
November 19, 2024 at 5:09 PM
Este post é de enaltecemento do Parque do Rato (concello de Lugo). 🚶🏃🚵
November 18, 2024 at 8:57 PM
Creo que se debería usar o "post" da imaxe adxunta como exemplo de DIGLOSIA. #QueremosGalego Tamén na ciencia e tecnoloxía!
November 18, 2024 at 1:14 PM
E como non vai marcar a nosa personalidade este clima neboento de soles agatuñados ata ben entrado o día?
November 17, 2024 at 11:19 AM
Vaites!, están a rehabilitar o conxunto de canastros da Merca (Ourense)!
November 16, 2024 at 5:18 PM
Previamente de camiño á ofi...
November 15, 2024 at 10:26 AM