Davide Castelo
banner
davidecastelofraiz.bsky.social
Davide Castelo
@davidecastelofraiz.bsky.social
Polo carallo din sabido eu quen son nas décadas que levo no mundo. Como pra definilo nun perfil de redes sociais. Os exercicios de postureo e precisión definitoria déronme, de sempre, unha nugalla infinda. Eu vou indo, e xa.
O primeiro dos artigos que publiquei en Praza Pública (Sabiades que?):
Sabiades que en 1913 conviviron en Viena Hitler, Stalin, Trotski, Tito e Freud? @praza.gal praza.gal/opinion/sabi...
Sabiades que en 1913 conviviron en Viena Hitler, Stalin, Trotski, Tito e Freud? - Praza Pública
En 1913, un ano antes de que se desencadearan os tronos funestos da Grande Guerra, na capital do Imperio Austrohúngaro, habitaban, de xeito prodixioso ao velo en perspectiva, algúns dos personaxes mái...
praza.gal
April 21, 2025 at 9:40 AM
–Son mellor ca ti.
–En que?
–En todo.
–Ai, si? Pois demóstramo.
E ficou alí parado, irto coma un pau, mirándoo desafiante, sen facer nada, por espazo de cinco minutos.
Ao outro, namentres, sooulle un aviso no móbil. Sacouno do peto pra chequear.
–Cago no demo, tes razón!
April 21, 2025 at 6:14 AM
Non sei se fago ben iso de ser pai.
O rapaz viña sen libro de instruccións.
Non hai servizo técnico.
Nin un triste chat bot pra consultar dúbidas.
April 20, 2025 at 10:57 AM
"O mundo é marabilloso cando a luz está acesa. E unha merda na punta dun garabullo cando cha apagan. Fóra diso pouco máis hai."
Disque llo dixo Edison a Tesla. Na rúa chovía. Abeiráranse nun fumadeiro de opio.
"Voulle chamar «chave» ao conmutador, sabes? Abre e pecha a porta da melancolía."
Engadiu.
April 20, 2025 at 6:20 AM
–Pois non me fai graza.
–O que?
–O Telexornal. Dixéronme que era un programa de humor.
–Xa, oh. É que agora están cos Deportes. Tes que ver a parte de Nacional e Internacional. Aí é onde están os bos chistes.
April 19, 2025 at 10:29 AM
Un día, despois da Apocalipse nuclear, non ha haber ninguén que che lembre que peches a chave do gas, e daquela si que se ha montar unha boa.
April 19, 2025 at 7:14 AM
Lembrades aquilo do «Espazo Vital»?
Canadá, Grenlandia e Panamá.
Austria, os Sudetes e Polonia.
Soñan con Canadá uníndose á gran nai anglosaxoa nun Anschluss. Con Grenlandia anexionada en plebiscito popular. Cun rápido blitzkrieg sobor de Panamá.
Desatinos, fabulacións de tolos. Así crían en 1933...
April 18, 2025 at 8:11 PM
Se rañas abondo, todo neste mundo noso remata por che semellar unha estafa Ponzi.
Ou piramidal.
A pedra do curuto de Queops enganou ás outras pra se agruparen baixo dela en fileiras e fileiras, aguantando silandeiras a monstruosa presión, dicíndolles que algún día sería a súa quenda de tocar o ceo.
April 17, 2025 at 4:17 PM