BNG Culleredo
culleredobng.bsky.social
BNG Culleredo
@culleredobng.bsky.social
A lingua galega será inmortal se ti lle falas! 💙🌱

Falar galego cos teus fillos é un agasallo que lles dura toda a vida 🎁✨. É darlles o privilexio de medrar con dúas linguas, de comprender o mundo desde unha perspectiva máis ampla e de sentir orgullo polas súas raíces 🌍💬.
February 21, 2025 at 10:06 PM
📢 O BNG PROPÓN SOLUCIÓNS PARA O CLT DE CULLEREDO!

💡 Está claro que a nosa moción, aprobada por unanimidade no pleno de novembro, era unha proposta con visión de futuro e alegrámonos de que o resto de formacións políticas comecen a darse conta da importancia desta oportunidade para Culleredo.
February 20, 2025 at 8:10 AM
📢 CULLEREDO NON PODE SEGUIR ABANDONADO!

💚 Desde o BNG de Culleredo esiximos intervención urxente en todo o municipio: mantemento de parques e xardíns, replantación de árbores e un plan real de conservación dos espazos públicos.

#Culleredo #BNG #CulleredoVerde #EspazosSeguros #BNGCulleredo
February 19, 2025 at 8:15 AM
📢 SÚMATE Á DEFENSA DO GALEGO!
Porque o galego é futuro, é identidade e necesita compromiso de todas e todos.

📍Manifestación convocada por Queremos Galego
Domingo 23 de febreiro ás 12h na Alameda de Compostela

🚍 Reserva a túa praza no bus e vén con nós!

#QueremosGalego #LinguaVitalXa #DíaDeRosalía
February 18, 2025 at 8:39 AM
📢 CULLEREDO PRECISA UN GOBERNO QUE ESCOITE!

Desde o BNG de Culleredo seguimos insistindo para que os consellos de participación cidadá se convoquen e funcionen como deben. Non imos parar ata que se garantan espazos reais de diálogo e decisión para a veciñanza.

#Culleredo #BNG #ParticipaciónVeciñal
February 17, 2025 at 1:02 PM
📢 MONCHO VALCARCE: COMPAÑEIRO E REFERENTE

💡 Desde o BNG esiximos que a biblioteca se poña ao servizo das veciñas e veciños e de todas as persoas que queiran investigar sobre o ronsel de Moncho ou o seu legado bibliográfico.

#Culleredo #BNG #MonchoValcarce #CulturaParaTodas
February 16, 2025 at 12:30 PM
📢 URBANO LUGRÍS E O NOSO PATRIMONIO
Culleredo conta cun patrimonio cultural elevadísimo que moitas veces non recibe o respecto nin a atención que merece. Urbano Lugrís deixou en Culleredo parte do seu legado artístico nos anos 50.

#Culleredo #BNG #PatrimonioCultural #UrbanoLugrís #CoidemosAHerdanza
February 15, 2025 at 11:01 AM
📢🔬 Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Dende o BNG de Culleredo reivindicamos o papel fundamental de mulleres e nenas na ciencia, tecnoloxía e innovación. Reclamamos a igualdade de oportunidades para acceder á investigación e liderar avances científicos.

#MullerNaCiencia #CulleredoBNG
February 11, 2025 at 5:13 PM
📢 O BNG CONSEGUE QUE O POS SE CENTRE EN SERVIZOS BÁSICOS!

🏗 As melloras en Culleredo priorizan o rural: saneamento en Boedo, arranxo en Viouteiro e Río Chan, acondicionamento en Almeiras e máis! Seguimos loitando por máis investimentos. Que falta no teu barrio ou parroquia? 💬

#Culleredo #BNG #POS
February 9, 2025 at 9:13 PM
📢 POR UN CULLEREDO PARA AS SÚAS MULLERES!
Cómpre poñer en marcha o Consello Municipal de Mulleres, para que as veciñas teñan voz nas decisións políticas que lles afectan e impulsar a igualdade desde a participación real.
#Culleredo #BNG #Muller #Igualdade #FamiliasMonomarentais #ParticipaciónVeciñal
February 8, 2025 at 7:57 AM
O noso compromiso é claro: que Culleredo conte con servizos dignos en todos os seus barrios e parroquias, sen exclusións. Os recursos públicos deben mellorar o día a día da xente.

💬 Que servizo precisas na túa parroquia? Queremos escoitarte!

#Culleredo #BNG #Orzamentos2025 #ParticipaciónVeciñal
February 7, 2025 at 5:36 PM
📢 O BNG CONSEGUE QUE O POS SE CENTRE EN SERVIZOS BÁSICOS!
Grazas ao traballo do BNG, por primeira vez en moitos anos os fondos do Plan de Obras e Servizos da Deputación van cubrir necesidades reais da veciñanza, priorizando saneamento e accesibilidade en varias parroquias.
#Culleredo #BNG #POS
February 6, 2025 at 2:51 PM
📢 SERVIZOS ESENCIAIS PARA TODAS AS PARROQUIAS

No BNG de Culleredo defendemos un investimento xusto en saneamento, accesibilidade e espazo público para todas as parroquias. Non máis zonas esquecidas! Seguimos traballando por un Culleredo con servizos dignos.

#Culleredo #BNG #POS
February 5, 2025 at 2:14 PM
Noite de traballo no #BngCulleredo.
Traballando sobre o Plan de Obras e Servizos [POS].
February 3, 2025 at 8:47 PM
📢 32 anos sen Moncho Valcarce, pero a súa loita segue viva!
Culleredo sofre unha educación esquecida: conservatorio con pingueiras, escolas infantís sen mantemento e sen instituto no rural. Concello e Xunta evaden responsabilidades.
Por un ensino público digno! ✊🏼

#EducaciónPública #Culleredo #BNG
February 1, 2025 at 5:03 PM