Fantasma Crespesco
crespesco.bsky.social
Fantasma Crespesco
@crespesco.bsky.social
POR FIIIIIN.
January 21, 2026 at 4:29 PM
1- Sherlock Holmes: Chapter One.

Non me gustaron algúns cambios estéticos, cousas da trama e o novo sistema para as pistas. Paréceme IMPERDOABLE que rompesen co canon literario.
Porén, gostei das melloras na imaxinación e, ó final, é un XOGAZO de detectives. Moitos casos e xogabilidade interesante.
December 24, 2025 at 2:42 PM
2- Doki Doki Literature Club.

Pareceume un concepto incrible. Practicamente, un metaxogo. Posiblemente acabe mercando a versión expandida que sacaron despois, para ver ata que punto puideron levalo máis alá.
December 24, 2025 at 2:32 PM
3- Chants of Sennaar.

Xa tiña moito hype desde que xoguei a demo, e cumpriu tódalas expectativas. Está fantástico, de comezo a fin. Quero agradecer a @posmadi.bsky.social que me falase del no seu día.
December 24, 2025 at 2:30 PM
4- Katawa Shoujo.

Mira que, partindo da temática e das circunstancias da súa creación, pintaba a que podía ser turbio. Pero non. É moi respectuoso, as relacións entre os personaxes son moi naturais e chegoume á pataca. É o xogo que me acompañou mentres preparaba as opos, e merece estar neste top.
December 24, 2025 at 2:24 PM
5- Fran Bow.

Fran, agardo que conseguiras ser feliz.
December 24, 2025 at 2:15 PM
1- Through the Darkest of Times.

É brutal. Traslada totalmente esa sensación, que nos vai sendo familiar, de que cada vez máis xente traga co discurso fascista e coa súa propaganda. Podes sentir o desalentador do contexto. E a estética é fantástica.
December 23, 2025 at 3:40 PM
2- Assassin's Creed Brotherhood.

Gústame o sistema de misións e aliados da orde que crearon, hailles que recoñecer as cousas que fan ben.
December 23, 2025 at 3:34 PM
1- Gris.

Este si que merecía estar nun top a toda costa. É unha xoia estética. Unha obra de arte. É precioso.
December 22, 2025 at 5:57 PM
2- Assassin's Creed.

Si, o primeiro gustoume máis ca o segundo. Sorry not sorry polos fanáticos de Ezio Auditore, pero a ambientación medieval, en relación cos nizaríes históricos, e o propio personaxe de Altaïr parécenme máis interesantes.
December 22, 2025 at 5:55 PM
3- Assassin's Creed II.
December 22, 2025 at 5:53 PM
1- Dishonored.

O meu xogo de sixilo favorito. Pouco teño que engadir. É unha auténtica besta parda. Ademais, a ambientación e o lore encántanme.
December 21, 2025 at 9:42 PM
2- Star Wars Battlefront (2004).

Incriblemente bo para ser un xogo de hai máis de 20 anos. Envelleceu moi ben. De feito, sigo a botar unhas partidas tódolos anos.
December 21, 2025 at 9:39 PM
3- This War of Mine.

Está brutal. A parte da guerra que sempre queda nun segundo plano: a dos civiles que teñen que buscar a forma de sobrevivir e, non menos importante, de non colapsar psicoloxicamente.
December 21, 2025 at 9:38 PM
1- Aragami.

Realmente, non lembro se o rematei en decembro de 2020 ou en xaneiro do 2021. Lamento moito que coincidise cun dos peores capítulos da miña saúde mental e non o desfrutase igual. Mesmo así, amosoume canto me pode gustar o sixilo e puiden apreciar que é un xogazo.
December 20, 2025 at 10:08 PM
2- Spec Ops: The Line.

Isto é BRUTAL. A pedazo de mensaxe que leva. O xiro de guión. Non quero dar detalles que induzan a spoiler. Só direi que o meu cerebro pedía que os personaxes deixasen de disparar e falasen entre eles. Boísima deconstrución do xénero.
December 20, 2025 at 10:07 PM
3- The Testament of Sherlock Holmes.

De novo, aquí está a miña saga favorita. Moitísimos xiros de guión. Estiven tentado de poñer a imaxe dun deles para tentarvos a probar estes xogos, pero prefiro non facer spoilers.
December 20, 2025 at 9:56 PM
1- Sherlock Holmes: Crimes and Punishments.

Non é só que sexa un título da miña saga favorita, baseada nun dos meus personaxes de ficción favoritos. É, literalmente, o meu xogo favorito de tódolos tempos. Recomendadísimo. BRUTAL. Do mellor que ides atopar no mundo dos videoxogos de detectives.
December 18, 2025 at 6:42 PM
2- Crusader Kings II. Pouco que haxa que explicar desta besta parda para os fans da gran estratexia. Está brutal. Tería un primeiro posto merecidísimo, se non fose pola competencia que lle chegou.
December 18, 2025 at 6:38 PM
3- SUPERHOT. Estaba entre este, Portal 2 e o reboot de Tomb Raider, pero decidín tirar por aquí para poder dicir:
"SUPERHOT é o shooter máis innovador que xoguei en anos".
December 18, 2025 at 6:36 PM
Probablemente, o ano menos otaku desde que teño esta app (hai que ter en conta tamén o número de episodios).
January 27, 2025 at 5:41 AM