Xabier P. Igrexas #UnNovoVigo
banner
contradiscurso.bsky.social
Xabier P. Igrexas #UnNovoVigo
@contradiscurso.bsky.social
Comprometido con facer de #Vigo unha cidade para o pobo, de iguais e motor de todo un País. Portavoz municipal do @bngvigo.bsky.social. Membro da Executiva Nacional do @obloque.gal

En X, IG e FB: @contradiscurso

https://linktr.ee/contradiscurso
August 19, 2025 at 7:00 PM
En pleno agosto (e coa que está caendo) no PP de Vigo teñen a cabeza nos festivos locais do ano que vén... 🤦🏽‍♂️
August 18, 2025 at 7:59 PM
Carece de todo sentido que no século XXI unha institución pública, como é o Concello de Vigo, promulgue pregóns por festividades relixiosas.

Unha verdadeira democracia só pode ser, no mínimo, aconfesional se non plenamente laica.

Por ese motivo, máis un ano, o BNG non asistimos a ese acto.
August 2, 2025 at 9:40 PM
Orgullo inmenso por camiñar hoxe, máis unha vez, ao carón de millares de viguesas e vigueses, nunha nova mobilización para esixirmos a fin do xenocidio contra o pobo palestino.

🇵🇸 Palestina vencerá!
#GalizaConPalestina
June 11, 2025 at 9:05 PM
Esta mañá asinei, xunto a concelleira Ana Martínez, a Declaración dos Concellos pola Lingua impulsada por @queremosgalego.gal

En Vigo tamén queremos poder vivir plenamente na nosa lingua propia!

www.queremosgalego.gal/2025/05/10/r...

@bngvigo.bsky.social @amesa.gal
May 10, 2025 at 9:46 PM
No #DíaDaVitoria é preciso lembrar e honrar o contributo imprescindíbel e determinante do Exército Vermello e do pobo soviético (con 27 millóns de mortas) na derrota do nazi-fascismo há 80 anos.
Esa é a verdade histórica que a propaganda oficial e o obsceno anticomunismo tenta torcer e manipular.
May 9, 2025 at 9:57 AM
República? Si, galega e popular!

#RepúblicaDaGaliza
April 14, 2025 at 12:18 PM
Ano 2025. Representantes institucionais de Concello de Vigo, Parlamento galego e Xunta de Galiza a presidiren unha procesión relixiosa. Para alén da caspa da estampa, o inconcebíbel é que en pleno século XXI algúns continúen sen entender que a separación Igrexa-Estado é un imperativo democrático.
April 13, 2025 at 6:38 PM
Máis un ano, partillando nas rúas do Casco Vello a festa da #Reconquista. Lembrando como hai 216 anos a forza do común logrou derrotar, por vez primeira na Europa, o exercito imperial de Napoleón. Non hai emperador que resista a forza das viguesas e vigueses. Nin antes, nin agora 😉
March 30, 2025 at 6:10 PM
Non atopei mellor deseño que o de @Tropasdebreogan para revindicarmos a #ReconquistaDeVigo. ✊🏼
March 28, 2025 at 5:00 PM
Patriarcado tamén é que os señoros non sexan capaces de deixar de ocupar TODO o espazo público, todo o tempo, mesmo para falaren de feminismo...

Nin Sánchez, nin Caballero (que hoxe presidiu o Pleno específico do Consello Municipal da MULLER) parecen entendelo.
March 7, 2025 at 12:24 PM
Hoxe no Pleno de #Vigo quedou clariño que a pesar das escenificacións e imposturas PSOE e PP están de acordo no fundamental: defenderen unha nova autovía innecesaria se liberamos de peaxes a AP9 e que vai tronzar #Bembrive.
March 6, 2025 at 9:52 PM
Cómpre lembrar que, tal día coma hoxe en 1945, o Exército Vermello da URSS liberaba o campo de exterminio de #Auschwitz, emblema da barbarie nazi na que se asasinou preto de 1 millón de persoas e torturou outras 400 mil.
January 27, 2025 at 6:31 PM
En 1816 o alcalde pagaba do seu peto os seus caprichos relixiosos. Agora Abel Caballero faino co diñeiro de todas e de todos. Nada que engadir.

#VigoMereceMáis
January 17, 2025 at 8:36 AM
Olá Alfonso Rueda, aquí estamos "os de sempre":

Máis de 62 MIL persoas volvendo a esixir a fin das políticas de recortes e privatizacións, coas que a Xunta do PP converteu a área de Vigo na zona cero da desfeita sanitaria para facer da nosa saúde un grande negocio para as empresas amigas.
January 16, 2025 at 8:42 PM
A política internacional do #GobiernoMásProgresista de PSOE e Sumar redúcese a seguir axindo de lambebotas do Imperio e estreitar a man dos seus lacaios, tanto ten que sexan xihadistas islamofascistas. E sen escrúpulos chegan até a lles ofrecer axuda económica! Infame.
January 16, 2025 at 8:21 PM
“Os soños primeiro e as ideas despois, crean feitos históricos", Castelao.

Feliz e transformador 2025! 🤍🩵❤️🩵🤍

#AnoCastelao
December 31, 2024 at 8:11 PM
Neste 2024 que estamos a piques de despedir a UPG celebrou o seu 60 aniversario.

Hoxe, no último número do Nós Diario do ano, escribo sobre as súas "Seis décadas a construír Patria por e para o pobo"

Podedes lelo aquí 👇
www.nosdiario.gal/articulo/pol...
December 31, 2024 at 4:32 PM
No derradeiro número de A Nova Peneira deste ano, publico unha columna titulada "Altri: un pobo digno frente ao espolio colonial".

Por se for do voso interese, aquí a tedes 👇

#AltriNon
December 30, 2024 at 7:56 PM
Este domingo as rúas de Compostela serán un clamor de dignidade e amor pola terra, combatendo o espolio depredador e colonial ao berro de #AltriNON.
December 14, 2024 at 11:38 PM
Hoxe o único que celebramos é a creación —nesta mesma data no 1931— do Partido Galeguista de Bóveda e Castelao, reivindicándonos herdeiras da súa loita con rumo a unha Galiza soberana, radicalmente democrática, igualitaria e xusta socialmente
December 6, 2024 at 12:54 PM
Non podemos celebrar unha Constitución española elaborada para deixalo todo "atado e ben atado", que nega a Galiza como nación, que impón a nosa dependencia colonial e que nos fai súbditos dunha monarquía anacrónica e corrupta.
December 6, 2024 at 12:54 PM
Desta XVIII Asemblea Nacional, que é un exercicio da democracia plena que practicamos, sairemos cun BNG máis forte e con maior capacidade de acción, unido na pluralidade, co compromiso de facermos posíbel o que é necesario: construírmos unha Galiza ceibe e popular.

Avante co BNG!
December 1, 2024 at 2:02 PM
🧵 O @obloque.gal somos un grande proxecto COLECTIVO, que existe e avanza grazas ao empurre da nosa militancia que é, sempre, quen máis ordena.
December 1, 2024 at 2:02 PM
E se facemos que "ESPOLIO" sexa a palabra galega do ano, para reivindicarmos con orgullo a loita contra o boom eólico, a megacelulosa de Altri ou a mina de Touro?
November 26, 2024 at 2:46 PM