banner
compostelaberta.bsky.social
@compostelaberta.bsky.social
🌳María Rozas lembrou que nestes dous anos gañamos equipamentos como a Casa das Máquinas e espazos públicos como o Berce do Sar. Tamén avanzamos na recuperación do Banquete de Conxo “fronte aos proxectos supostamente de progreso que ignoraron informes técnicos e á veciñanza”
June 16, 2025 at 8:34 PM
🚲 A tenenta de alcaldesa explicou que “nestes dous anos avanzamos noutras cuestións como a aprobación do PMUS, a planificación de novos carrís bici, o implantación dunha liña de bus directa ao aeroporto, ou o problema da falta de taxis que este Goberno abordou por primeira vez”
June 16, 2025 at 8:34 PM
🚍 En materia de mobilidade, María Rozas explicou que “sentamos as bases para termos un novo modelo de transporte que responda mellor ás necesidades da veciñanza. Gustaríanos que o proceso fora máis áxil, pero estamos sendo garantistas”
June 16, 2025 at 8:34 PM
🧒🏼👵🏻 A tenenta de alcaldesa lembrou os avances en políticas dirixidas á mocidade e ás persoas maiores: “Melloramoa notablemente o Servizo de Axuda no Fogar, asumindo os custos que non asume a Xunta, que segue sen atender as súas competencias”
June 16, 2025 at 8:34 PM
🤲 María Rozas reivindicou que este é o mandato do social: “Demóstrano as cifras dos orzamentos e as 22.000 persoas ás que chegaron os Servizos Sociais. É unha cifra record, que se produce cando temos a taxa de paro máis baixa da historia”
June 16, 2025 at 8:34 PM