colegadebar
banner
colegadebar.bsky.social
colegadebar
@colegadebar.bsky.social
Cada can que lamba o seu carallo.

Eu vin eiquí pra ler a @cascarelo.bsky.social

📍Cork Orunnach / Desván de los Monjes / Millí
Seguro que as dos Monty Python as tes requetevistas e aínda así séguelas vendo por enésima vez como se fose a primeira, lambón.
December 8, 2025 at 11:32 PM
Jaja, lembranza desbloqueada.
December 6, 2025 at 12:23 AM
Os vellos de antes falaban palabros moi distintos dos que falan os vellos de agora e cando eu chegue a vello, que xa case o son sen querer selo, pasará o mesmo.
December 5, 2025 at 1:02 AM
Alquílame un hórreo ou un galiñeiro en Foz pró Resu, que está a cousa moi maliña. Teño un apartamento alquilado no Barqueiro pra entón pero sáeme por un ollo da cara. Xa non che conto en Viveiro mesmo o que piden. Só me queda durmir nun tobo co lobo, se me acepta.
November 18, 2025 at 12:43 AM
A miña nai toda a vida adoeceu do medo que ten de espertar un día metida nunha caixa de pino e non estar ben morta. Leva máis de 30 anos dándonos a entender que cando a enterren quere que lle metamos algo no nicho co que poder informarnos, por se revive, pa que a saquemos de alí.
November 18, 2025 at 12:35 AM
Non es a única jaja. Aquí outro que non parece o mesmo. Pero a min non mo di ninguén, dígomo eu.
November 14, 2025 at 12:07 AM
Eu de pequeno, cando non ía á de Lazareto / Oza, cruzaba toda A Coruña pra ir á de San Amaro.
October 23, 2025 at 11:34 PM
Gardado queda pa contalo en canto poida. 😁😜
October 3, 2025 at 11:48 AM
Eu fumei durante un mes aló polo ano 1996 ou 1997, e despois deixeino porque botaba horas mareado logo de fumar. Durante uns anos dinlle caladas esporádicas aos petas pa sentirme rebelde e xa fará máis de 15 anos que só trago o fume dos que fuman ao meu carón, como fumador pasivo que son.
September 18, 2025 at 12:31 AM
Teñen unha versión dese tema EUKZ que lles quedou guapísima en modo punk-rock. youtu.be/3sSHTt0zVX0
August 22, 2025 at 11:46 PM
Otiaaa, entón eu debería estar morto fai décadas.
August 22, 2025 at 11:37 PM