Chus
banner
chus.gal
Chus
@chus.gal
🐈🐈‍⬛🐈‍⬛🐈‍⬛🐈‍⬛🐈‍⬛
Da molleira de hoxe
November 24, 2025 at 6:36 PM
Novembro e por fin chegou o frío.
November 21, 2025 at 8:54 AM
Do paseo de hoxe
November 19, 2025 at 7:33 PM
Trois amies de Emmanuel Mouret, 2024. O suposto narrador inicial non achega moito. As distintas tramas non acaban de callar. Elas moi amigas tampouco o son. Visualmente plana e uns diálogos moi reguleros (tampouco sei francés ao mellor son os subtítulos). Para pasar o tempo.

#chuspelis 92
November 19, 2025 at 2:03 PM
Leoncio e Tristón.
Teño seis gatas na casa e estes dous bolseiros.
November 18, 2025 at 9:41 AM
Blade Runner de Ridley Scott, 1982.
Enésima vez que a vexo, gústame moito pero esta é a versión_final_última_definitiva e como que case prefiro a voz en off e dobrada polo que me recorda. As imaxes do unicornio e o final no ascensor non teño claro que acheguen moito fronte a 1° versión
#chuspelis 91
November 16, 2025 at 10:32 PM
Flow de Gints Zilbalodis, 2024. Vin a anterior, Away e xa tiña as miñas reticencias con esta. Non é mala peli, pero ten os mesmos problemas que a outra. Unha trama no límite da desculpa para facer belas estampas e unhas animacións e texturas que non me gustan, especialmente as d@ gat@.
#chuspelis 90
November 13, 2025 at 6:51 AM
Hoxe en Compos amenceu así
November 8, 2025 at 3:05 PM
Brief Interviews with Hideous Men de John Krasinski, 2009.
Baseado nun libro de David Foster Wallace. Non coñezo o libro pero a película é entretida e está ben resolta. A señora Julianne Nicholson, fantástica.
#chuspelis 89
November 6, 2025 at 9:12 AM
Parents de Christian Tafdrup, 2016. Suponse que é unha película de 'humor nórdico', pois parece máis ben unha peli de realismo máxico e incesto. Pero non acaba de definirse. Aburrida sobre todo a parte final.
#chuspelis 88
November 6, 2025 at 9:12 AM
Veño de intentar sacar foto co móbil decente e nunca son capaz de acordar canto hai que baixar o ISO, a velocidade de obturación etc.
November 5, 2025 at 7:08 PM
Do paseo de hoxe.
November 2, 2025 at 9:40 AM
Aloys de Tobias Nölle, 2016. Comeza ben, ten unha estética fría e nórdica, no centro da película perdinme ata que despois cando me atopei estaba bastante fóra da historia. Regular.
#chuspelis 87
October 30, 2025 at 7:01 AM
Dúas series:
Kaleidoscope de Netflix. Vina porque pódese ver na orde preferida. Porén, está sen definir o seu estilo, aburre. Non recomendo. Ademais deixan aberta a continuación.
Thou Shalt Not Steal en Filmin. Australiana, rara, por veces moi divertida, sempre noxenta. Recomendo.
#chuspelis 86
October 30, 2025 at 7:01 AM
Maruxa Welch e Manuel Boyd.
October 24, 2025 at 10:20 AM
Atopei esta imaxe do que sería un contafucks. Hoxe eu estou polos 80 fucks. Merda día.
October 20, 2025 at 7:58 PM
Feng Liu Yi Dai de Jia Zhangke, 2024. Feito durante 20 anos e máis que unha historia é un documental da evolución da China no século XXI. Interesante.
#chuspelis 85
October 20, 2025 at 8:30 AM
Una pistola en cada mano de Cesc Hay, 2012. Cada episodio está ben. O conxunto non acaba de ser suficiente película, porén os episodios están ben, algún moito.
#chuspelis 84
October 19, 2025 at 3:22 PM
Du côté d'Orouët de Jacques Rozier, 1971. 161 minutos de vacacións de 3 francesas case sen conflito. Gústanme estas pelis que deixan ver como era o primeiro mundo antes da crise do petróleo no cumio do welfare. Co engadido de estar protagonizada por 3 mulleres e escrita por homes.
#chuspelis 83
October 19, 2025 at 3:22 PM
October 19, 2025 at 8:35 AM
Amigas en un camino de campo de Santiago Loza, 2022. Uns paisaxes xeados, unha case non historia con meteorito, catro mulleres, despedidas, separacións, poesía incluso. Recomendo moito.
#chuspelis 82
October 18, 2025 at 7:42 AM
I married a Witch de Rene Clair, 1942. Déixase ver pola señorita Lake e pouco máis.
#chuspelis 82
October 18, 2025 at 7:42 AM
October 13, 2025 at 10:02 PM
Mutafukaz de Shôjirô Nishimi e Guillaume Renard, 2017. Típica historia do heroe especial que non o sabe. Moi entretida, cun deseño, cores e animacións moi conseguidas. Creo que falla na súa resolución pero chegar aí é moi fácil e divertido.
#chuspelis 81
October 13, 2025 at 6:32 AM
Tiñamos que vernos no camiño, non si? Hahahaha.
October 11, 2025 at 4:43 PM