César dC
cesardelcano-gz.bsky.social
César dC
@cesardelcano-gz.bsky.social
O lirismo é a coartada da insania; é por iso que procuro cohesións nesta caótica barafunda de palabras e conceptos insubmisos • Licencia CC (by-nc-nd).
Reposted by César dC
15.11.2025 El Progreso

"O certo é que o xenocidio sudanés non abre nunca as noticias dos telediarios e sobre a magnitude deste crime esténdese un cada vez máis mesto manto de silencio. Diante deste acto criminal contra a humanidade a acción internacional brilla pola súa ausencia... (...)
November 15, 2025 at 12:53 PM
A rede trouxo a posibilidade. A posibilidade xerou o ruído (o ruído, que atenaza a totalidade dos espazos e do espazo). No ruído xermolou a posverdade. A posverdade xerou o dereito ó ruído.
November 5, 2025 at 10:39 AM
O dedo sinala a lúa na súa caída cara ó abismo. Súmome ó aluvión de aplausos, polo oportuno e preciso dise xesto en si mesmo, sintetizando e perpetuando, esí, a nosa fatal historia como especie.
October 20, 2025 at 9:53 AM
Marchar, sempre marchar,
mesmo o final
é marchar.
September 6, 2025 at 1:30 PM
Algo crebou, co sutil chasquido dunha fortuíta decepción relegada a un falso esquecemento.
Algo foi crebando, polos recunchos dun tempo delongado e impreciso, e non souben advertilo.
Hoxe, condenado a un desterro involuntario, vago por esta illa de sospeitas na que habito, lonxe xa de toda opción.
June 12, 2025 at 4:53 PM
Iste tempo desposuído de lirismo, expira, fuxidío, alleo ó destino da súa irrelevancia, mentres se escorre, co silencio da evidencia fútil e inexorábel, polo desaugadoiro da historia.
May 30, 2025 at 8:51 AM
Reposted by César dC
OBITUARIO | Morre Emilio Cao, o "arpista con alma de rock" que posibilitou o auxe da música folk en Galicia
Morre Emilio Cao, o "arpista con alma de rock" que posibilitou o auxe da música folk en Galicia - Praza Pública
O músico compostelán faleceu esta noite no Hospital Clínico de Santiago aos 72 anos de idade. O ano pasado os Premios Martín Códax entregáronlle o seu galardón honorífico, recoñecéndoo como “unha figu...
praza.gal
May 26, 2025 at 10:51 AM
O vento bisboulle, maino, no ouvido, como adoita facer o vento na tarde serea, con tenrura e sen reproches, que o seu tempo languidecía, siniuoso, en remuíños de nube esluíndose, abandonado á acuciante contigüidade do silencio.
March 13, 2025 at 10:15 AM
Fiquei durmido mentres escribía.
Ó espertar reparei en que se me tombara a mau, mailo papel: tódalas letras escorregaran cara o pantalón, descontextualizadas xa pra sempre. Recollinas o millor que puiden e, con elas, acabei por amañar esto que agora digo... pero non era eso.
March 7, 2025 at 10:09 AM
Cando tiña eu vinte, escribinme unha carta pra ser aberta moitos anos dispois.
Chegado o momento, abrina: pretendían ser consellos dun crío que xa non era eu; esí que, coa debida tenrura e respecto, simplemente rompina.
Calquera tempo pasado… xa pasou.
March 6, 2025 at 5:43 PM
Perseverar, aínda cando todo esforzo semelle vao, aínda cando o horizonte se volva desdebuxado. Resistir ha ser a única palabra, cando a ninguén lle importes, porque nada tes; cando nin a esperanza che ofreza un alivio. Prantarlle cara ó medo e avanzar, simplemente por sentirte vivo.
November 27, 2024 at 10:14 PM
Silencio é o que non ouzo, anque ti si,
cando escoitas as palabras que non dis, a resoarche no interior.
Silencio é o que non ouves, anque si eu só,
cando tento maxinar a túa voz.

E veleiquí estamos: intuíndonos sen ouvirnos,
desdeñando as palabras que non poden superar a quietude da omisión.
November 20, 2024 at 10:24 PM