Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
banner
buscusc.bsky.social
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
@buscusc.bsky.social
A BUSC é, pola riqueza dos seus fondos bibliográficos, unha das máis importantes bibliotecas universitarias españolas. Síguenos tamén en en @buschorarios.bsky.social‬ e en instagram: @busc_usc
🎉SORTEO❗ A Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación sorteará unha cesta cun lote de libros entre os membros da comunidade universitaria que acudan a un dos seus puntos de servizo entre o 12 de novembro e o 12 de decembro e queiran participar.
November 13, 2025 at 7:18 AM
📢Queres coñecer como funciona InCites e afondar no mundo das métricas normalizadas para unha avaliación responsable da produción científica? Inscríbete co correo institucional no seminario web sobre InCites Benchmarking & Analytics, a ferramenta de Web of Science, do día 25 de novembro (13-14.00h) 👇
November 12, 2025 at 7:37 AM
📷 Ata o 16 de decembro podedes ver algunhas das obras seleccionadas do certame de fotografía "XXXI Maratón fotográfico da USC". Están expostas no vestíbulo da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo no horario habitual do centro.
November 7, 2025 at 7:14 AM
📢Novo recurso electrónico dispoñible: HeinOnline Academic Core Collection. A plataforma dá acceso a máis de 200 revistas xurídicas e permite consultar referencias, libros clásicos e documentos que definiron o campo do dereito ao longo do tempo.
November 6, 2025 at 9:19 AM
👉 Recén inaugurada, ata o 19 de decembro podedes visitar na Biblioteca Concepción Arenal (sala de descanso) a exposición "Cousas de familia. O dereito de familia galego no 75 aniversario do pasamento de Castelao e no 30 aniversario da Lei 4/1995, do 24 de maio, do dereito civil de Galicia".
November 6, 2025 at 9:04 AM
🌎 A Biblioteca América non deixa de recibir visitas. Desta vez recibimos a un grupo de estudantes de "Lingua e historia de España" chegados do Carleton College de Minnesota (EE.UU.).
November 4, 2025 at 8:25 AM
📚Neste 2025 cúmprense cincuenta anos do pasamento de Hannah Arendt, unha das pensadoras indispensables do século XX. Co obxectivo de dar a coñecer a súa obra, a biblioteca de Filosofía ofrece desde hoxe ao 21 de novembro unha mostra bibliográfica dedicada a ela.
November 3, 2025 at 1:26 PM
Contra a desinformación: bibliotecas❗ #diadasbibliotecas2025
October 24, 2025 at 1:04 PM
🗺️Sabías que podes visualizar nun mapa a pegada que deixa a produción académica das universidades españolas no mundo? Como? A través de GeoREBIUN, proxecto pioneiro que xeolocaliza os documentos depositados nos repositorios institucionais e descubre que se publica, onde e con que resultados.
October 21, 2025 at 8:47 AM
📢II Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science, organizado pola FECYT xunto con Clarivate❗ Cando? 21 e 22 de outubro de 14h a 15h. Onde? Seminarios web con inscrición previa. Como? Imprescindible rexistrarse cun correo electrónico institucional nas seguintes ligazóns:
October 17, 2025 at 7:49 AM
☝️📢Novo recurso electrónico dispoñible en proba: CAS BioFinder Discovery Platform! Dende o 15 de outubro ao 31 de decembro de 2025, a comunidade universitaria poderá acceder á plataforma de investigación de CAS para química medicinal, descubrimento de fármacos, farmacoloxía e bioinformática.
October 14, 2025 at 11:10 AM
🥳Hoxe celébrase a X edición do Día das Escritoras baixo o lema: "1975: ¡Escribid, compañeras!". O obxectivo é reivindicar o labor e o legado literario das mulleres, tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia. Que libro escrito por unha muller considerades imprescindible?
October 13, 2025 at 6:21 AM
📙 Coñecida en coreano como 별마당 도서관, Byeolmadang Doseogwan, alberga máis de 50.000 libros repartidos en dous andares ocupados por estanterías de madeira de 13 metros de altura.
October 10, 2025 at 7:07 AM
📖✨ Quinta edición de bibliotecas fermosas, desta vez desde a Starfield Library no sureste de Seúl. O espazo, de 2800 m2, foi deseñado no 2017 polo estudo de arquitectura Gensler e atópase dentro do maior centro comercial subterráneo de Asia.
October 10, 2025 at 7:07 AM
📢A edición española de Tomorrow Today in Research está protagonizada este ano por un tema de especial relevancia para a comunidade científica: o papel de Scopus e SciVal no marco dos sexenios de investigación da ANECA. Se eres PDI ou traballas na avaliación da investigación, reserva as datas:
October 2, 2025 at 6:21 AM
🍁Co mes de outubro chega o II Ciclo de Formación Online da base de datos Scopus, organizado pola FECYT e Elsevier. Coñece as actualizacións e novidades desta base de datos inscribíndote nos tres seminarios web gratuítos en español que se van impartir. Cando e como? 👇 (sigue lendo)
October 1, 2025 at 8:11 AM
Hoxe ás 13h❗❗ Formación sobre o uso da plataforma eLibro para estudantes. Só media hora, aproveita: us02web.zoom.us/meeting/regi...
September 30, 2025 at 7:41 AM
☝️🤖As bibliotecas das universidades de Almería, Valencia e Oviedo uniron esforzos para elaborar unha guía exhaustiva sobre a intelixencia artificial xerativa. Podes consultala na seguinte ligazón: biblioguias.ual.es/IA
September 30, 2025 at 6:57 AM
📢Dispoñible en Iacobus o Asistente de Investigación, unha ferramenta de intelixencia artificial xerativa integrada no buscador da biblioteca que permite explorar contido académico mediante preguntas en linguaxe natural. Consulta a guía para coñecer como funciona rebusca.usc.gal/ia-asistente...
September 26, 2025 at 6:09 AM
📢Queres saber onde publicar, con quen colaborar e como promover as fortalezas investigadoras da túa institución no escenario global? Anota! Mañá día 23 seminario web gratuíto con inscrición previa: Impacto e reputación: da publicación estratéxica á demostración do éxito. De 14 a 15h goo.su/DPwo9
September 22, 2025 at 11:32 AM
👇 Como PDI da USC, que podo incluir no Campus Virtual? A resposta tela resumida nesta infografía. O máis importante: respectar os dereitos de autor.
September 22, 2025 at 7:10 AM
Incunables e manuscritos de chill no spa da Xeral... 😶‍🌫️

Que importante é a climatización nunha biblioteca como a nosa. As coleccións históricas requiren de condicións ambientais adaptadas a cada material e, sobre todo, estables
🥶⚖️🥵
Desta forma atrasase o inevitable paso do tempo ⌛
#diadoventilador
September 18, 2025 at 9:21 AM
September 16, 2025 at 6:30 AM
🤔 Se estás a voltas co TFG, pero non ves nada claro, inscríbete no Curso Avanzado de Competencias en Información e resolve tódalas túas dúbidas. nubeusc.sharepoint.com/sites/Biblio...
September 15, 2025 at 6:33 AM
Ata o 26 de setembro tamén está aberta a matrícula para a versión avanzada do curso. Se xa estás pensando no TFG e non tes idea de como facelo, esta é a túa formación. Inscríbete na versión avanzada seleccionando a área temática á que se adscribe o teu grao para recibir unha instrución específica.
September 10, 2025 at 12:52 PM