Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
banner
bpsanxelcasal.bsky.social
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
@bpsanxelcasal.bsky.social
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.
Inaugurada o 28 de marzo de 2008.
Web: https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl
Esta tarde adéntrate no Galiverso desde a #biblioteca!
Conmemoramos o Día Internacional do #Patrimonio Mundial con esta experiencia inmersiva e de realidade virtual
🕔 de 17 - 19h
👉 público a partir de 8 anos
🎟️recollida de convites a partir das 16:30h

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
November 14, 2025 at 10:47 AM
Comezamos mañá coas actividades do Mes da Ciencia en Galego cun espectáculo no que o mago Paco mestura dúas disciplinas, a Ciencia e a Maxia, que a priori non teñen nada en común, pero acabará demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
November 7, 2025 at 8:49 AM
Nas #bibliotecas públicas defendemos o dereito á liberdade a ler e posicionámonos contra a #censura
Nesta infografía realizada polas compañeiras e compañeiros do Consejo de Cooperación Bibliotecaria resúmese o que significa a censura nas bibliotecas e as ferramentas que empregamos para combatila 💪
October 8, 2025 at 5:24 PM
Mañá ás 12h na Choiva de contos teremos “As lendas do Conde Breixo”, unha peza de teatro en teatro de papel en clave de contacontos, narrada a través de Emakis e Kamishibai tradicional xaponés.

Agardámosvos!

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
September 12, 2025 at 9:12 AM
👩‍🍳No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Búscase unha persoa que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as condicións...

Mañá ás 12h comeza un novo curso da Choiva de contos con Iago López e o Cociñeiro Martiño!
September 5, 2025 at 9:47 AM
Mirade cantas actividades temos programadas xa para os vindeiros meses: contacontos, concertos, roteiros, obradoiros...

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...

Comezamos o sábado ás 12 con Iago López e O cociñeiro Martiño na Choiva de contos!
September 2, 2025 at 11:18 AM
📢Información sobre os Clubs de lectura 2025 - 2026.

O vindeiro 15 de setembro ás 8:30 comeza a inscrición para os clubs de lectura 2025/2026.

Toda a info na nosa web: bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
August 29, 2025 at 9:14 AM
Despedimos a semana cunha rolda de imaxes das nenas e nenos participantes na 5ª quenda do Campamento cultural de verán 👋
August 22, 2025 at 10:48 AM
Velaí van algunhas imaxes da mostra / exposición A liña e o vento: lembrando a Carlos Taboada, que oranizamos na sala infantil como homenaxe polo seu pasamento.
August 19, 2025 at 10:26 AM
📚🇵🇹 Anunciamos a creación dun novo Club de lectura en portugués para o curso 25/26.

✍️A inscrición ábrese o luns 15 de setembro ás 8:30 horas.

📍As sesións realizaránse en xoves alternos ás 19:30 nas salas de traballo do terceiro andar.

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
August 18, 2025 at 8:09 AM
📚💔 Adeus a Manuel Lourenzo
Marchou unha voz única da nosa literatura, pero quédanos a súa palabra.
Sirva esta mostra para acompañar o recordo, a lectura e a gratitude por todo o que nos deixou.
Achegádevos a compartir esta homenaxe a un creador imprescindible para Galicia.
August 11, 2025 at 11:19 AM
🤔Queredes revisar todas as novidades da nosa colección dos últimos tres meses?

🥰Pois velaí van 104 páxinas coas novas novelas, revistas, libros de coñecemento, literatura infantil, audiovisuais...

www.calameo.com/read/0078866...
August 7, 2025 at 11:32 AM
🥲Hoxe foi o último día da bolsa de formación en biblioteconomía de Inés, Paz, Roi e Alberto.

🥰Agárdalles un marabilloso futuro ben sexa vinculado ao mundo das bibliotecas ou ao que eles escollan.

👨‍👩‍👧Para nós, serán parte sempre da tribo da BPS!
July 31, 2025 at 12:16 PM
📚✨ No campamento cultural da #BibliotecaÁnxelCasal, as crianzas descobren que ler é xogar, soñar e aprender.
Historias que nacen cedo e duran toda a vida.

❤️ A lectura vive aquí. E ti?

#VeránLector #LecturaTemprá #BibliotecasGalegas #Santiago
July 30, 2025 at 11:05 AM
📢 Estreamos sección de Fanzines na biblioteca!

A Biblioteca Pública Ánxel Casal amplía o seu fondo coa incorporación dunha nova sección dedicada aos fanzines, publicacións independentes e autoeditadas que reflicten a creatividade máis libre e diversa.

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
July 29, 2025 at 11:32 AM
⚠️ Lembrade que a biblioteca non abre mañá pola festividade do Apóstolo. Desfrutade das festas, das comparsas dos cabezudos e dos concertos e vémonos o vindeiro luns!
July 24, 2025 at 12:06 PM
Onte despedimos á cativada da 2ª quenda do Campamento cultural de verán e hoxe xa comeza a terceira!
July 16, 2025 at 7:25 AM
A exposición inclúe un posto de visionado onde é posible desfrutar do documental 'Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia', producido e realizado por Nós Televisión en colaboración con Galaxia.

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
July 15, 2025 at 11:58 AM
A Editorial Galaxia leva acompañándonos 75 anos e queremos conmemoralo cunha mostra bibliográfica que amose as coleccións e as autoras e autores que interviron no seu éxito editorial.

Podedes visitar a exposición Un mar de estrelas no vestíbulo ata o mes de setembro.
July 15, 2025 at 11:58 AM
🌞Veña! Imos compartir algunhas imaxes da 2ª quenda do Campamento Cultural do verán!
July 8, 2025 at 10:52 AM
Na planta baixa, Outras realidades: cómics do imposible. Este verán, escapa da rutina e deixa voar a túa imaxinación embarcándote nesta viaxe por mundos alternativos, realidades paralelas, futuros e pasados imaxinados, versións dun mesmo que nunca foron…

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
July 2, 2025 at 11:00 AM
No 2º andar, Mulleres sen regras, unha escolma na que combinamos estudos biomédicos e socioculturais con ficción, coa que queremos mostrar o cambio de imaxe da vellez feminina, algo que no mundo no que agora habitamos non parece posible.

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
July 2, 2025 at 11:00 AM
Na sala infantil, Mil primaveras máis: novas editoriais ao coidado da lingua.

Pequena mostra sobre as novas editoriais que publican literatura infantil e xuvenil en galego e que se asoman contribuíndo xunto ás xa establecidas á consolidación deste xénero

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
July 2, 2025 at 11:00 AM
Co mes de Xullo chega o horario de verán:

· De luns a venres de 08:30 a 14:30
· O préstamo remata ás 14.15h

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
July 1, 2025 at 6:58 AM
❤️🌈Na biblioteca Ánxel Casal sumámonos un ano máis á celebración do Día do Orgullo cunha escolma variada de ítems de temática LGBT na mostra que podedes visitar no 2º andar: Ama con orgullo

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
June 30, 2025 at 7:22 AM