BNG Ponte Caldelas
banner
bngcaldelas.bsky.social
BNG Ponte Caldelas
@bngcaldelas.bsky.social
#SolSeoane 🤍💙❤️💙🤍

As nosas redes : https://linktr.ee/BNGCaldelas
🚧Polo tanto, a nosa portavoz municipal solicita que exerza como un verdadeiro veciño coa valentía suficiente, sabendo que a lei o ampara detrás da súa publicación.
October 1, 2025 at 12:46 PM
🏗O Alcalde debe paralizar as obras, xa que foi o primeiro veciño que dispuxo da información sobre o seu trámite e puido contrastar ambalos dous proxectos.
October 1, 2025 at 12:46 PM
🗣️Sol Seoane manifestou no pleno que despois da mostra do Alcalde nas redes sociais, non correspondendo os planos presentados para obter licencia municipal cos planos presentados ante a Xunta para a súa realización, queda claro que a empresa está a cometer unha irregularidade.
October 1, 2025 at 12:46 PM
🫂Queremos para 2027 unha alcaldesa que defenda Ponte Caldelas coas ideas claras, que xestione ben, con transparencia, e que traballe para que non haxa máis noticias vergonzosas como a do polígono da Reigosa.
July 5, 2025 at 3:57 PM
🙏Pedimos ao alcalde que goberne para toda a veciñanza, e non se dedique a sinalar a quen vota diferente. O odio non leva a ningunha parte.
July 5, 2025 at 3:57 PM
🏎️Estamos a favor de actividades locais coma os rallys, pero con precaución e sentido común. Facelos en xullo, con temperaturas extremas e monte seco, é unha temeridade e ten un alto risco de incendio.
July 5, 2025 at 3:57 PM
🛠️Queremos un goberno que actúe e traballe con seriedade, que non deixe facturas sen pagar, nin poña en risco ás empresas locais e ó orzamento municipal. E sobre todo, que asuma as súas responsabilidades sen culpar aos demais da súa mala xestión.
July 5, 2025 at 3:57 PM
💧Apoiamos as recomendacións de profesionais e defendemos o respecto polo noso patrimonio.
July 5, 2025 at 3:57 PM
❌NON nos alegramos cando se inundou, e moléstanos profundamente que se insinúe o contrario. De feito, levamos tempo advertindo que isto volvería pasar, por iso propoñemos buscar unha ubicación alternativa.
July 5, 2025 at 3:57 PM
⚽️Queremos que a veciñanza poida xogar no campo de fútbol sempre, sen ter que esperar meses a que se repare por estar mal situado nunha zona claramente inundable.
July 5, 2025 at 3:57 PM
🚑A todo isto súmaselle o atasco no centro da vila que dificultaba a circulación dunha posible ambulancia.
July 5, 2025 at 9:30 AM
🔥Sol Seoane pensa que as datas foron inadecuadas polo perigo de lume polas chispas ou os coches incendiados nun campo super seco cheo de matorral inflamable.
July 5, 2025 at 9:30 AM