BNG de Amoeiro
banner
bngamoeiro.bsky.social
BNG de Amoeiro
@bngamoeiro.bsky.social
Somos a xente do BNG do concello de Amoeiro

Para falar connosco: bngamoeiro@gmail.com

https://whatsapp.com/channel/0029Vak4m64A2pLFdKDczd3C
Contra a violencia machista, máis servizos públicos. Máis feminismo. #25N
November 17, 2025 at 1:42 PM
🇵🇸 O xoves 13 de novembro fará un mes do chamado "Acordo de Paz" mentras o pobo palestino segue a sofrer a ocupación e o xenocidio.

Nós non calamos. #GalizaconPalestina
November 11, 2025 at 12:34 PM
Hoxe @obloque.gal e @anaponton.gal preguntaranlle a Alfonso Rueda no Parlamento sobre a grave situación que levou o peche da Vivenda Comunitaria de Cerval en Amoeiro.

O coidado dos nosos maiores son servizos básicos que deberían ter un control público eficaz e non estar privatizados.
October 15, 2025 at 8:12 AM
Pedimos explicacións á Fundación Otero Pedrayo pola negativa á celebración dun acto sobre a figura de Castelao que ía ter lugar este pasado Domingo 12 de Outubro na Casa Museo Ramon Otero Pedrayo, cando había unha autorización previa emitida no mes de Maio pola propio padroado.
October 14, 2025 at 8:11 AM
-ACTO PÚBLICO EN AMOEIRO-
"CASTELAO NACIONALISTA GALEGO"

🗓️ Domingo 12 de Outubro, ás 12 na Casa Museo Ramon Otero Pedrayo

🎙️Intervirá: Marta Dacosta Alonso
(Escritora, poeta e divulgadora da figura de Castelao)

*Previamente, ás 11:30 hrs, visita guiada pola Casa-Museo.
October 7, 2025 at 6:49 PM
O BNG Amoeiro representado polo noso responsable local, Marcos Blanco e a compañeira Cristina Pulido, veñen de participar na histórica manifestación celebrada este domingo polas rúas de Compostela en apoio e solidariedade co pobo palestino.

#galizaconpalestina 🇵🇸
October 5, 2025 at 4:50 PM
Rexistramos preguntas no Parlamento, a través dos nosos deputados Iago Tabarés, Noa Presas e Olalla Rodil, para que o goberno galego aclare as circunstancias do peche da Vivenda Comunitaria de Cerval polas graves deficiencias no coidado dos maiores que residían nela.
October 3, 2025 at 11:14 AM
O BNG é a forza que medra en Galiza e a maioritaria na mocidade galega e tamén en votantes de menos 45 anos.
September 28, 2025 at 4:26 PM
Solicitámoslle ó Concello de Amoeiro a reparación da fuga de auga que existe na rede de abastecemento da Vendanova dende o comezo de agosto.

Queremos salientar que o regulamento no caso de fugas nas propiedades é moi estrito polo que o concello debería ser máis dilixente para actuar con celeridade.
September 3, 2025 at 1:09 PM
Solicitamos a dimisión da tenente de alcalde do concello de Amoeiro pola sua irresponsable xustificación do lanzamento de fogos de artificio dende o seu domicilio durante a madrugada do 17 de agosto.

Considerar que "non é un risco importante" é inadmisible para un cargo público.
August 22, 2025 at 12:01 AM
𝗔𝗰𝘁𝗼 𝗽𝗿𝗲𝘃𝗶𝗼 𝗮𝗼 𝗗𝗶́𝗮 𝗱𝗮 𝗣𝗮𝘁𝗿𝗶𝗮 💙

📅 Xoves 17 de xullo
🕣 20:30
📍 Praza das Mercedes (Ourense).

Interveñen:
@nestorrego.bsky.social
Noa Presas
@luisseara.bsky.social
July 14, 2025 at 12:50 PM
Agardámoste este sábado na Praza do Ribeiriño.
June 15, 2025 at 9:19 PM
Un ano máis o BNG Amoeiro presente en Compostela celebrando o "Dia das Letras Galegas". 💙

#LinguaVitalXa #DiaDasLetrasGalegas #17M
May 18, 2025 at 12:36 PM
Dende o BNG de Amoeiro esiximos que se tomen todas as medidas necesarias para solventar as deficiencias legais e técnicas que permitan abrir o público o Complexo deportivo das piscinas de Amoeiro en Costa de Monte durante este vindeiro verán.

#BNG #Amoeiro
May 14, 2025 at 11:57 AM
«SITUACIÓN CRÍTICA NAS PISCINAS DE COSTA DE MONTE»

Chegou o noso conecemento que o complexo deportivo carece de licenza e sufre outras eivas polo que os actuais concesionarios renunciaron á explotación.

Esta situación pon en grave risco a apertura das piscinas durante o verán.
May 5, 2025 at 8:57 PM
✊| 𝗗𝗜́𝗔 𝗗𝗔 𝗖𝗟𝗔𝗦𝗘 𝗢𝗕𝗥𝗘𝗜𝗥𝗔

🗣️❗️Neste 1º de Maio compañeiros do BNG de Amoeiro saimos a rúa en Ourense para defender unha Galiza libre de guerras e con futuro.

Pola paz e polos dereitos fronte ás políticas belicistas e precarizadoras da clase traballadora.
May 1, 2025 at 2:50 PM
Asistimos en Compostela á presentación da proposta do @obloque.gal do concerto económico que nos permita ter a chave dos nosos cartos para mellorar a sanidade, a educación e todas as necesidades de Galiza.

Tamén permitiría que os concellos teñan máis recursos para mellorar a vida dos veciños.
April 26, 2025 at 11:39 AM
(𝗥𝗘)𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗙𝗘𝗠𝗜𝗡𝗜𝗦𝗧𝗔 𝗗𝗢 𝗕𝗡𝗚
𝟴𝗠: 𝗤𝗨𝗘 𝗡𝗘𝗖𝗘𝗦𝗜𝗧𝗔𝗠𝗢𝗦?

📅 7 de marzo
🕢 19:30
📍 Bar Grândola (Pza. San Marcial, Ourense)

#ninmedoninvergoña #8M
March 7, 2025 at 7:14 AM
Compañeir@s do BNG de Amoeiro asistimos á manifestación en defensa do galego, na que milleiros de galegos e galegas percorreron as rúas de Santiago de Compostela este domingo.

Defender a lingua galega é defender o maior patrimonio cultural de Galiza.

#LinguaVitalXa
February 24, 2025 at 2:38 PM
O sabado participamos no Encontro Nacional de Lingua celebrado polo @obloque.gal en Santiago de Compostela.

É preciso mobilizarse ante un goberno do PP que quere cargarse o galego até reducilo a unha lingua de uso residual e folclórico!
February 10, 2025 at 7:34 PM
Esta semana reunímonos coa ANPA do Colexio Antonio Faílde de Cambeo (a donde asisten moitos alumnxs de Amoeiro) que denuncia que a Xunta incumple a lexislación que regula os ratios de alumnos por aula.

Demandan mais persoal para garantir unha boa atención e para atender necesidades especiais.
January 26, 2025 at 11:05 AM
Onte asistimos á creación da plataforma para esixir un servizo de pediatría digno para a Mancomunidade.

O servizo de 4 horas só 2 días á semana é totalmente insuficiente para atender ós 1000 nenos que debe cubrir.

Animamos ós veciños de Amoeiro a participar activamente nela!
December 27, 2024 at 5:45 PM
🗣️ Dentro da campaña #GalizaCoaChaveDosSeusCartos estivemos na "Feira do 14" en Amoeiro repartindo información entre a veciñanza.

Precisamos dunha capacidade real para decidir sobre os nosos impostos e como se distribúen e contar con mais recursos para prestar mellores servizos.
December 17, 2024 at 12:27 PM
SOMOS UNHA NACIÓN.

Do Partido Galeguista ao BNG, a defensa dos dereitos da nación galega é un fío de esperanza para o futuro mellor que queremos. Unha nación viva, xusta, forte e con dereito a decidir sobre todo o que lle afecta.

#SomosUnhaNación
December 6, 2024 at 3:19 PM