Benedito Álvarez
banner
beneditoalvarez.bsky.social
Benedito Álvarez
@beneditoalvarez.bsky.social
Xubilado e activo na batalla.
Impacto trimestral mercado tensionado na Coruña.
A única das cidades galegas onde baixou o prezo do alugueiro.
Reducción do número de contratos, pero menos que en Pontevedra (sen mercado tensionado).
Urxe modificar a LAU para nova regulación do alugueiro de tempada.
November 9, 2025 at 9:03 AM
Vai ser de especial interese o fallo do Supremo sobre as super-illas de Barcelona (anuladas por disconformidade co planeamento), ao terse admitido a trámite o recurso de casación do concello.

www.poderjudicial.es/search/AN/op...
October 31, 2025 at 7:49 AM
Sorprendentes omisións na proposta de catálogo de bens de valor cultural no litoral da Coruña.
Entre outras :
Non está o pazo de Guyatt, nas Xubias.
O sistema defensivo da cidade vella limítase ao Parrote.
Do peche do porto, so as portas e enreixados.
October 28, 2025 at 12:04 PM
A patronal eólica manda. Xunta do PP obedece.
A Xunta anuncia un ante-proxecto de lei de simplificación do procedemento das autorizacións ambientais para, entre outras, tratar de eludir, mais unha vez, o control xurisdiccional da avaliación ambiental dos eólicos polo TSXG.
October 27, 2025 at 2:55 PM
Do sorteo ao dedo nas VPA.
A Xunta mete un cambiazo no procedemento de adxudicación das VPA (vivendas de protección autonómica), permitindo a adxudicación directa polas promotoras (art. 58.2.a).
Tal cambiazo inxustificable non pode ampararse nunha suposta celeridade no proceso.
October 23, 2025 at 7:09 AM
A Xunta incrementa a reserva para vivenda protexida, aplicando os límites da lei de vivenda do Estado, pero non fai o propio coa reserva para alugueiro (na lei estatal o 50% desa reserva, en Galiza, cero).
Tamén se permite +20% de edificabilidade no sector se a reserva VP é ≥ 60%.
October 21, 2025 at 8:00 AM
O goberno da Xunta (e o lexislativo) ao servizo do eólico. A prioridade dos parques sobre a paisaxe, mesmo considerando que o impacto crítico so é a posteriori, e non durante a actividade do parque.
Unha manobra mais para tratar de impedir unha axeitada avaliación ambiental.
October 20, 2025 at 2:39 PM
Mais eólicos e menos paisaxe.
A Xunta introduce no proxecto de lei de acompañamento 2026 a prioridade dos parques eólicos sobre a paisaxe.
Unha vergoña impresentable ao servizo dos eólicos e súa prevalencia sobre o interese xeral.
October 20, 2025 at 1:55 PM
Lamentable que o TSXG empregue (reiteradas veces) o topónimo inexistente de La Coruña.
@tsxgalicia.bsky.social
October 16, 2025 at 7:05 PM
Hoxe, mércores, ás 19:00, temos na Coruña a Jaime Palomera para falarmos de vivenda.
October 15, 2025 at 8:29 AM
Confirmado. Altri sen conexión eléctrica.
Na Planificación de rede eléctrica 2030 (en exposición ao público), non se prevén nin subestación nin conexión coa liña de 220 kv Belesar-Mesón do Vento.
Unha boa nova, pero con cautela, xa que é unha proposta inicial.
#AltriNon
October 9, 2025 at 8:19 AM
A Coruña, a única das cidades galegas onde baixou o prezo do alugueiro en setembro. Pouco, pero baixou.
E sendo a cidade na que en dito mes mais contratos houbo (578), mais que en agosto (422) e moi poucos menos que en xullo (600).
A realidade ante a propaganda das inmobiliarias
October 3, 2025 at 11:11 AM
Por ser mercado tensionado o Estado vai outorgar 3,2 millons € para actuacións en vivenda.
E iso que para a Xunta do PP iso non valía de nada.
September 19, 2025 at 10:26 AM
Medida atinada e procedente.
O novo Plan Estal de Vivenda (en trámite de audiencia pública) prevé que unicamente se financiará a vivenda protexida en solo privado, sempre que teña a cualificación de permanente, evitando dese xeito a posterior descualificación.
September 17, 2025 at 11:32 AM
Vémonos hoxe ás 19,30 no Fórum, para falar e debater sobre o futuro do porto interior.
Para seguirmos, sempre, en defensa do común.
September 17, 2025 at 7:11 AM
Prezo do alugueiro nas cidades galegas (datos de agosto). Moi por riba do IPC.
Para o goberno da Xunta do PP non hai necesidade de declarar mercado tensionado.
E ata agora so A Coruña ten a declaración de mercado tensionado.
September 10, 2025 at 8:02 AM
Melide con Palestina.
Na fachada oficial do Concello.
Unha bandeira.
Un compromiso.
September 9, 2025 at 2:25 PM
PIA de Monte Mero.
Casualidade tamén que toda a edificabilidade terciaria nos edificios residenciais (15.000 m2) se sitúe nos de vivenda protexida e nin un m2 nos de vivenda libre.
Comercios, bares...nos edificios de vivenda protexida.
Os baixos das libres, para outros usos, claro.
August 21, 2025 at 7:48 AM
O Concello da Coruña, por erro omisivo da Ordenanza aprobada en Pleno, deixa os Apartamentos Turísticos sen recarga no imposto de estadías.
E iso que estaba advertido dese erro (alegación presentada, desestimada) .
@concellodacoruna.bsky.social
August 14, 2025 at 7:18 AM
O devalar da actividade de pesca fresca no porto da Coruña. en mínimos nos últimos anos, tanto en toneladas como en valor económico.
E co horizonte dunha reducción da superficie destinada a tal uso no proxecto Coruña Marítima para o porto interior.
August 9, 2025 at 6:02 AM
A suba imparable do prezo do alugueiro nas cidades galegas, ante a pasividade (en xeral) das Administracións. Atención aos datos de Ferrol e Lugo.
Ata agora, so A Coruña é mercado tensionado (medida necesaria aínda que insuficiente). Santiago solicitouno (e debe facelo de novo).
August 7, 2025 at 8:04 AM
Hoxe luns, ás 11,30, na Casa Cornide.
A poñerlle fin á súa detentación polos Franco.
August 4, 2025 at 7:47 AM
Mañá, luns, ás 11,30, concentración diante da Casa Cornide.
Os detentadores, os Franco, forzados, abren para visitas (o mínimo legal).
O edificio debe ser devolto ao patrimonio público.
Urxe a adopción da vía xudicial civil.
August 3, 2025 at 6:50 AM
Mercado tensionado e gran tenedor.
Como pode unha inquilina saber se a arrendadora é gran tenedor ?. Pois...solicitar (e pagar) unha certificación no RMC.
A que agarda a Xunta para regular un rexistro autonómico (tal e como fixo Catalunya) ?.
A Xunta pode e debería facelo.
July 31, 2025 at 6:18 AM
O Concello da Coruña rexeita todas as alegacións á "taxa" turística ?.
Tamén rexeita corrixir o erro evidente de que na proposta inicial non se lle aplica o recargo aos Apartamentos turísticos ??.
www.laopinioncoruna.es/coruna/2025/...
July 30, 2025 at 6:30 AM