Beltrán
banner
beltranpuentes.bsky.social
Beltrán
@beltranpuentes.bsky.social
Son profesor de dereito administrativo (USC). Investigo sobre dereito e políticas ambientais. ⚖️📚🌳

💐 Miña voz páxaro libre / miñas mans flores silvestres
📌 Viveiro / Santiago de Compostela
Los años nuevos. Un retrato xeracional a través dun percorrido pola década dos trinta dos seus protas. Coas súas dúbidas, ilusións, tropezos e contradicións. Incómoda pero adictiva.
December 26, 2024 at 1:35 PM
Felices festas, xentiña. 🎄💫
December 20, 2024 at 1:43 PM
O voto particular da maxistrada María Luisa Balaguer á STC 68/2024 xa advertiu sobre a necesidade de garantir que a nova Lei do litoral de Galicia non sexa óbice para autorizar usos que poidan degradar o literal ou para rebaixar os estándares de protección da Lei de costas.
December 18, 2024 at 11:27 AM
Hoxe publícase a 2ª edición do Anuario de Alerta Greenwashing (2024), na que colaboro con esta pequena peza sobre a relevancia xurídica do concepto. Pódese acceder ao informe completo (con máis de 20 voces expertas) por aquí: www.linkedin.com/posts/alerta...
December 17, 2024 at 11:28 AM
Tokio implantará a xornada laboral de catro días para empregados públicos. Máis tempo para coidar dos teus e facer plans en familia.
December 17, 2024 at 7:44 AM
Chegou esa época do ano na que o gynkgo do Campus Sur está no seu esplendor. 💛
December 11, 2024 at 1:53 PM
Et voilà!
December 10, 2024 at 9:01 AM
Sobre o sistema politico surcoreano e as acusacións de filocomunismo a grupos da oposición, está moi ben este libro de Han Kang.
December 3, 2024 at 2:31 PM
Santiago de Compostela. Que importantes son os espazos verdes nunha cidade. 🌿🌳💆🏻
December 3, 2024 at 1:20 PM
E considera que cumpren os requisitos para ser definidos como “crimes de guerra”, ao tratarse de ataques intencionais que causen “danos extensos, duradeiros e graves ao medio ambiente natural” (artigo 8.2, b, IV do Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional).
December 2, 2024 at 12:10 PM
Pode Rusia ser responsable de crimes de guerra pola perpetración de danos ambientais en Ucrania?

www.actualidadjuridicaambiental.com/comentario-r...
December 2, 2024 at 12:10 PM
O fermoso que está Santiago de Compostela no Nadal. ✨
December 1, 2024 at 10:10 PM
Mural novo no Instituto Xelmírez I.
November 29, 2024 at 8:52 AM
Manexar un concepto de sustentabilidade caduco (se non é ambiental non pode ser sustentable) para defender o uso de combustibles fósiles. A científica de referencia dos medios públicos galegos.
November 28, 2024 at 7:55 AM
Bluesky xa está en galego. 💙
November 27, 2024 at 10:52 PM
8. CONCLUSIÓN: a pesar do rexeitamento da industria (organizada arredor de Ecoembes), o SDDR vai ser un sitema de recollida moito máis eficaz, ecolóxico e transparente.

Os cidadáns só teremos que pagar un pequeno recargo por cada botella que se devolverá ao depositala nos puntos de recollida.
November 27, 2024 at 4:17 PM
7. Todos os países con SDDR presentan ratios de recuperación do 80 ou 90 % (lembremos que en España estamos no 41,3 % para botellas de plástico).

Son datos da Rede Europea de Axencias Ambientales (EPA Network, 2018) e do Estudio de viabilidad del SDDR en España (Tragsatec, 2021).
November 27, 2024 at 4:17 PM
6. Que vantaxes ten o SDDR? Hai datos que nos fagan pensar que vai mellorar os niveis de recuperación de envases?

Podemos fixarnos nas taxas de recuperación dos países europeos que xa o implantaron para algúns produtos: Suecia, Finlandia, Noruega, Dinamarca, Alemaña, Países Baixos...
November 27, 2024 at 4:17 PM
5. En concreto, o sistema cubrirá botellas de plástico de ata 3 litros para augas, zumos, refrescos, bebidas enerxéticas, isotónicas e alcohólicas, ademais de latas e envases de cartón para ese tipo de bebidas. Así o prevé o Real Decreto de Envases:
November 27, 2024 at 4:17 PM
4. Estes datos tan malos fan que sexa obrigatorio implantar o SDDR. Así está previsto na actual Lei de Residuos para o caso de non alcanzarse o mencionado obxectivo do 70 % de recollida separada.
November 27, 2024 at 4:17 PM
3. Este informe conclúe que no 2023 só se recolleron de forma separada un 41,3 % das botellas de plástico que foran comercializadas en España. Moi lonxe do obectivo do 70 % fixado pola UE para o 2023.
November 27, 2024 at 4:17 PM
2. A decisión baséase no Informe sobre recollida de botellas de plástico elaborado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Pode atoparse aquí: www.miteco.gob.es/es/calidad-y...
November 27, 2024 at 4:17 PM
1. Hai uns días o Goberno central anunciaba a implantación do Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR) para botellas de plástico dun só uso, no prazo de 2 anos, en todo o territorio estatal.

¿Por que se aproba? ¿Que vantaxes terá? 🧵👇
November 27, 2024 at 4:17 PM
Hoxe anúnciase unha gran foliada no DOG.
November 25, 2024 at 9:03 AM
En América Latina ábrese paso unha nova marea democrático-popular de esquerdas cada vez máis forte. Xa goberna México, Chile, Colombia, Brasil, Bolivia, Perú, Honduras, Guatemala e agora tamén Uruguay.
November 25, 2024 at 7:15 AM