Avante LGBT+ Pontevedra
avantelgbtponte.bsky.social
Avante LGBT+ Pontevedra
@avantelgbtponte.bsky.social
Asociación LGBTIQA+ 🏳️‍🌈
Anticapitalista, feminista e galega
avantepontevedra@gmail.com

Podcast: https://open.spotify.com/show/1UqbSUUjPQUI6c3oRfZHqN

Canal de difusión de eventos queer en Pontevedra: https://whatsapp.com/channel/0029VakaVxIK0IBnzaAQwX36
🚨 AGRESIÓN HOMÓFOBA EN PONTEVEDRA

Este luns 11 ás 20.00h na Praza de España, concentrámonos para denunciar a agresión homófoba sufrida por 2 rapaces na rúa Benito Corbal, á altura de Mango.

Se estiveches por alí o pasado sábado sobre as 6.30 AM e podes achegar información, contacta connosco 🙏
August 7, 2025 at 3:21 PM
📚🌈 Este domingo 6 de xullo, ás 12.30h, temos vermú literario na Festa dos Libros (praza da Ferraría)!

🍸 Será unha conversa con @antoniomfraga.bsky.social, autor de “Askja”, a obra gañadora do Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero.

🎶 Con acompañamento musical de Tania Zaref.
July 5, 2025 at 4:47 PM
Axúdasnos a mellorar? Queremos que ti tamén desfrutes da nosa festa e reivindiques connosco!
June 28, 2025 at 10:06 AM
⚠️ Pontevedra está no triatlón

Se vés de fóra, pode que sexa difícil topar onde aparcar. Nós fixemos unha lista de aparcadoiros públicos que é probábel que teñan sitio:
June 28, 2025 at 10:06 AM
Algunhas medidas de accesibilidade da festa e da manifestación do Orgullo LGBTIQA+ en Pontevedra:
June 28, 2025 at 10:06 AM
Abrimos fío coa

✨ Guía de accesibilidade na festa e manigestación do Orgullo PTV+ ✨

Para o 28 de xuño, hoxe, desde as 12:30 no parque das palmeiras de Pontevedra

👇
June 28, 2025 at 10:06 AM
🏳️‍🌈 Hoxe celebramos a nosa festa do Orgullo PTV+!

🏳️‍⚧️ Teremos música, comida, moitas cores e unha manifestación ás 20:00. Este ano reclamamos: nin un paso atrás, nin unha letra menos!

🌻 Fixemos unha guía de accesibilidade do evento que podes consultar aquí: www.instagram.com/p/DLcDXmBsExr/
June 28, 2025 at 9:47 AM
💔 Hoxe despedimos a mostra de cinema LGBTIQA+ Ambienta por este ano

Mais facémolo por todo o alto con 3 curtametraxes seleccionadas polo FIC Bueu!

Ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra, con entrada libre ata completar capacidade.
June 27, 2025 at 9:41 AM
❤️‍🩹 Hoxe homenaxeamos o noso compañeiro Marcos López, que traballou por unha Pontevedra orgullosa e diversa, ás 19:00 no Teatro Principal

Contaremos co coro queer “SenD-coro” na súa première. Tamén haberá un número performativo de circo e vídeo-creación de Manuel Albariñas. Estades todes convidades 🫶
June 27, 2025 at 8:02 AM
💖 Ás 20:30 no Teatro Principal, ‘Mariliendre’ co creador, Javier Ferreiro, en conversa con Mariona Borrull

Unha serie musical sobre Meri Román, diva da noite gay hai anos. Agora está atrapada nunha vida monótona, sacudida pola morte do pai. Isto lévaa a reconectar co seu antigo grupo de amigos gays
June 26, 2025 at 8:53 AM
🏳️‍🌈 Como a bisexualidade (e outras plurisexualidades) poden desestabilizar o sistema?

Presentamos “Insubmisión ambigua”, antoloxía de ambigües e indecises que rompen co esencialismo de xénero e o binarismo na atracción

👉 Ás 19:00 na Libraría Paz con Ana Amigo, Ánxela Lema, Ártemis López e Bea Saiáns
June 26, 2025 at 8:13 AM
🎥 Hoxe, o filme marroquí “Le Bleu du Caftan” de Maryam Touzani!

🎞️ Conta a historia de Halim, un xastre que dirixe un pequeno negocio coa súa muller na medina de Salé. A súa relación, que oculta un gran segredo, vese afectada pola chegada dun mozo aprendiz, Youssef.

👉 Máis info en www.ambienta.gal
June 25, 2025 at 10:11 AM
🌈 As persoas racializadas LGBTIQA+ existen, mais canto as escoitamos?

💥 A comunidade queer branca aínda exercemos violencia racista. Para aprender e cuestionarnos, ás 19:00 na Casa das Campás teremos un faladoiro con Aranxa Vicens e Dana Rodríguez.

👉 O programa: www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/
June 25, 2025 at 9:13 AM
🎥 Ás 20:30 no Teatro Principal, “Ocaña, retrat intermitent” (Ventura Pons, 1978): entrada libre

🌈 Ocaña foi un pintor e travesti de Andalucía, naceu no 1947 e forma parte da memoria LGBTIQA+. Con este filme, achegarémonos a el nun retrato da Barcelona homosexual e travesti dos inicios da transición
June 24, 2025 at 11:25 AM
🌈 Como coinciden Triatlón e Orgullo, hoxe falamos da pegada lésbica nos deportes de contacto

💖 Contaremos coas Lavandeiras de San Simón polo fútbol gaélico, e con Eli Martínez Rosales polo rugby. Ás 19:00 na Casa das Campás, non o perdas!

🔗 O resto do programa: www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/
June 24, 2025 at 11:21 AM
🌈 Comeza Ambienta, mostra de cinema LGBTIQA+

🗓️ Do luns 23 ao venres 27, vémonos no Teatro Principal ás 20:30. Entrada libre ata encher capacidade!

💎 Hoxe, Delirio Sketchs, unha webserie galega de humor surrealista. Haberá espectáculo coas personaxes e coloquio coa directora e guionista, Bea Saiáns
June 23, 2025 at 9:38 AM
🏳️‍🌈 O sábado 28 manifestarémonos polo Orgullo co lema “Nin un paso atrás, nin unha letra menos!”

💥 Sairemos do Parque das Palmeiras ás 20:00 nun percorrido accesíbel para cadeira de rodas. Ao acabar, leremos o manifesto con interpretación en lingua de signos

👉 Vén facer frente aos discursos de odio!
June 22, 2025 at 6:54 PM
🌈 Hoxe, sábado 21, non podes perder a Feira Marica en Pontevedra!

🎨 Unha feira de arte e autoedición LGBTIQA+ diante de Belas Artes, nos Xardíns de Marescot! Estará aberta de 10:00 a 21:00

🐞 Ilustracións, banda deseñada, artesanía e moito mais en www.instagram.com/feiramarica
June 21, 2025 at 9:34 AM
🏳️‍🌈 Colectivo LGBTIQA+ na Idade Media? Claro!

💬 Hoxe falamos co @carloscallon.bsky.social de santos trans, cantigas de amigo gays, bollodramas composteláns, un casamento de 2 homes no 1061…

👉 Vémonos ás 19:00 na Libraría Paz!

🔗 O resto do programa do noso Orgullo: www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/
June 19, 2025 at 11:43 AM
🏳️‍🌈 Coñecemos a memoria do colectivo LGBTIQA+ galego?

🗓️ Hoxe ás 19:00 na casa das campás, falamos con Laura Bugalho (1964, Compostela), muller trans activista.

💖 Como ela di: “Parece que nacemos cos dereitos debaixo do brazo e non é así. Hai xente que loitou (…). É de xustiza recoñecer ese labor”.
June 18, 2025 at 12:56 PM
Programación completa do Orgullo PTV+ (5/5 🧵)
June 13, 2025 at 7:13 PM
Programación completa do Orgullo PTV+ (4/5 🧵)
June 13, 2025 at 7:13 PM
Programación completa do Orgullo PTV+ (3/5 🧵)
June 13, 2025 at 7:13 PM
Programación completa do Orgullo PTV+ (2/5 🧵)
June 13, 2025 at 7:13 PM
Chega a programación do Orgullo LGBTIQA+ a Pontevedra!

Neste fío deixamos todas as actividades, faladoiros, presentacións de libros, festas, manifestación... Vémonos do 17 ao 30 de xuño celebrando e reivindicando a diversidade!

(1/5 🧵)
June 13, 2025 at 7:13 PM