o Anxo
banner
anxo.gal
o Anxo
@anxo.gal
Tecendo camiños dende Outes, Galiza!
Hoxe reincorporeime ao meu posto de traballo coma programador informático na mesma empresa na que estaba antes de embarcar na responsabilidade de tenente alcalde. Remato a miña excedencia e retomo a actividade profesional teletraballando dende o mellor sitio: Outes 💙
March 17, 2025 at 4:38 PM
Un pracer recibir aos treis reis magos en Outes. A monarquía da maxia, a mellor 😉
January 5, 2025 at 3:34 PM
Aquí, cun amigo que veu de visita á primeira feira de nadal de Outes! 💖
December 15, 2024 at 9:58 PM
Hoxe foi un día moi ilusionante na XVIII Asemblea Nacional do BNG onde volvemos amosar forza, democracia interna e compromiso co futuro do país. Un orgullo volver escoller a Ana Pontón coma voceira nacional. Toca gobernar Galiza no 2028! #CoaTúaForzaGalizaGaña
December 1, 2024 at 10:28 PM
Fai un par de anos fixemos unha acción para restaurar un mural histórico da nosa comarca polo aniversario do #NuncaMais. Lembro velo xa moitas veces dende pequeno e participar na súa preservación foi un acto ben bonito. Empreguemos a memoria para camiñar cara o futuro!
November 26, 2024 at 10:09 PM
⛵️⚓️ Este sábado deu comezo un proxecto moi especial para nós no Concello de Outes. Trátase dun obradoiro ao longo de dous anos da man da asoc. Terra de Outes para formar á veciñanza en Carpintaría de Ribeira e recuperar unha embarcación Outense tradicional "Sancosmeira". [+]
November 18, 2024 at 10:29 PM
Remexendo en fotos vellas atopei esta do salto da Farinha dos Açores 💝
November 18, 2024 at 10:09 PM
Unha vista nocturna da ría de hai un ano 🦉
November 17, 2024 at 8:07 PM
Ollando ao futuro 👀
November 17, 2024 at 2:39 PM
Queremos galego!
November 17, 2024 at 11:43 AM
Pepiño 💖
November 17, 2024 at 10:11 AM
Vaia diazo fai para ir reivindicar a nosa lingua. Todas con Queremos Galego!
November 17, 2024 at 10:04 AM
Coas ganas de fuxir de X (e doutras redes se fora posible) aproveitei ao crear conta en Bluesky para actualizar o meu @ nas diferentes contas en RS que teño. Agora son anxo.gal 😊
November 17, 2024 at 9:54 AM
Unha foto nocturna #enOutes
November 17, 2024 at 2:07 AM