Antón Porto
antonporto.bsky.social
Antón Porto
@antonporto.bsky.social
Se non me engano, un recipiente de barro que se enchía de auga quente, para meter na cama no inverno.
November 11, 2025 at 7:28 PM
November 9, 2025 at 12:20 PM
November 9, 2025 at 12:14 PM
Coa primeira #laranxa no chan, inauguramos a súa tempada. Os #caquis saben moito mellor agora ca en outubro. As #feixoas vanse acabando. O tomate de aire, a ver se xa non amarga.
Este foi un ano ruín para o #arazá vermello, pero pensei que non os ía probar e aí están, pequeneiros, pero sabedores.
November 4, 2025 at 2:52 PM
Un #géyser de aceite e vapor nesta #empanada de #volandeiras que acabo de sacar do forno. 😋
November 1, 2025 at 12:12 PM
Iso si, xa daquela aparece un dos topónimos máis paveros que temos, e que lle deu nome a unha das rúas do Porto de Santa Cruz: a rúa das Viñas da Babilonia.
October 28, 2025 at 8:36 PM
Carrisas, A Agra do Aguillón, Soafraga, A Fontaíña, Paraños, As Leiriñas, A Viña Vella, Sobrevila, Pedregás, Pardiñeiros, Porto do Río, A Testeira, A Lapa, A Paderna...
Todos eles topónimos da miña parroquia de Santaia de Liáns, que aparecen no Catastro de Ensenada (1752) e que xa non recoñezo.
October 28, 2025 at 8:33 PM
Así inza o Helichrusum petiolare –orixinario da África do Sur– a ribeira por riba do peirao do Porto de Santa Cruz (Santaia de Liáns, Oleiros).
#SantaCruzdeLiáns
#HelichrysumPetiolare
October 18, 2025 at 5:48 PM
Aínda é verán na praia de Naval.
#Dorneda
October 15, 2025 at 4:22 PM
A mobilización da CIG na Coruña.
#PalestinaVencerá
#FreePalestine
October 15, 2025 at 11:07 AM
Este 12 de outubro houbo moito que celebrar no Domingo das Mozas.
#SanFroilán
#Lugo
October 12, 2025 at 10:43 PM
Que me pide?!?
October 3, 2025 at 11:43 PM
A concentración da Coruña por #Palestina converteuse en marcha e acabou chegando á praza de María Pita.
October 2, 2025 at 10:59 PM
Hoxe, A Coruña por #Palestina.
October 2, 2025 at 10:57 PM
Non parece que vaia acabar mañá. Non parece que veña xa a invernía.
September 19, 2025 at 6:57 PM
Ferrol, tan preto e tan lonxe.
September 11, 2025 at 7:49 PM
E os militantes do BNG berraban ás portas do estaleiro que Galiza mañá República será, mentres na zona próxima ao palco de autoridades alguén dicía algo de froita mentres falaba Sánchez.
September 11, 2025 at 7:47 PM
Rodeado de obreiros do estaleiro, que comentaban en galego mindoniense as batallas de soldadura da construción da fragata, mentres a banda militar tocaba banderita tú eres roja, banderita tú eres gualda.
September 11, 2025 at 7:42 PM
Por unha serie de circunstancias, hoxe acabei vivindo este momento Ferrolcore con Pedro, Yoli e Sofía.
September 11, 2025 at 7:39 PM
September 7, 2025 at 11:12 AM
Imos safando da auga na romaría de Santa Margarida!
#foliada
#acoruña
#romaríadesantamargarida
August 30, 2025 at 7:50 PM
Acábanse de cancelar as actuacións de hoxe na romaría de Santa Margarida, por causa da choiva...
#informacióndeservizo
August 29, 2025 at 7:13 PM
August 28, 2025 at 10:08 PM
Na estrea de Gala i Ovidio, no Teatro Colón da #Coruña. Estouno vivindo coma o evento do ano.
#teatrocolón
#galaiovidio
August 28, 2025 at 5:44 PM