Ana Pontón
banner
anaponton.gal
Ana Pontón
@anaponton.gal
Nai de Icía
🗣️ Portavoz Nacional do BNG
🩵 Amor e confianza en Galiza.

En Telegram ➡️ http://t.me/PontonBng
Visitando Xilonor, exemplo das empresas que Galiza precisa: sustentable, tecnolóxica, que pecha ciclos produtivos creando valor engadido e emprego de calidade. Un referente no sector forestal-madeireiro.

Grazas por abrirnos as portas para coñecer este proxecto industrial.
November 20, 2025 at 5:30 PM
O que está en xogo é a túa saúde.
November 19, 2025 at 6:04 PM
Como pensades que responderá Rueda á folga en defensa da atención primaria?
November 19, 2025 at 11:09 AM
Intensa viaxe a Uruguai e Arxentina, países aos que nos une a diásposa, que tanto aportou e segue aportando á construción dunha Galiza mellor.

O BNG ten a man tendida a esta gran colectividade para ser parte activa no futuro do noso País.
November 17, 2025 at 5:05 PM
Homenaxe a Castelao, 1º PTE no exilio, cuxos ideais para Galiza están máis vixentes que nunca.

Agradecemento enorme á Federación de Asociacións Galegas en Arxentina por convidarme a este acto co admirado Pérez Esquivel, e parabéns a Gabriel Hernán pola obra.

Galiza, sempre!
November 16, 2025 at 5:18 PM
Galiza e Arxentina, unidas pola diáspora.

Temos as portas abertas para todxs xs galegxs que queiran volver 🩵🤍
November 15, 2025 at 2:28 PM
Lucía Topolansky, sempre.
November 14, 2025 at 6:06 PM
En Uruguai, tiven oportunidade de destacar o excelente nivel do noso sector naval.

Grazas a Canal5 por convidarme aos seus estudios.
November 13, 2025 at 1:29 PM
De cara ao encontro co presidente Orsi:

▶️Afondar na colaboración con Uruguai, en mutuo beneficio para xs galegxs a un lado e outro do Atlántico.
▶️Sintonía cun goberno que, como o BNG, aposta pola xustiza social.

Grazas a Radio Sarandí por convidarme ós seus micrófonos.
November 13, 2025 at 12:12 PM
O Goberno do PP continúa sen achegar os fondos necesarios ao SAF, afogando aos concellos e levando o servizo a unha situación insostible.

Por iso, emendaremos os Orzamentos 2026 para aumentar en 15 M€ a partida destinada a un servizo esencial no coidado das persoas maiores.
November 10, 2025 at 2:30 PM
A saúde mental non pode ser un luxo. 
Estas son as propostas do BNG para que sexa un dereito.
November 5, 2025 at 12:25 PM
Folga de dous días no ensino.

Sobran os motivos para defender o dereito a unha educación pública de calidade.
October 29, 2025 at 7:05 PM