Alvarellos Editora
banner
alvarellos.bsky.social
Alvarellos Editora
@alvarellos.bsky.social
Editorial independente. Desde Galicia.
Factoría de contidos culturais nacida en 1977.
#LibrosQueEncantan
www.alvarelloseditora.gal
Continuamos levando o novo libro de #AuroraMarco aos espazos vitais da protagonista, a mestra #MaríaVázquez (1894-1936). Este xoves estivemos na Pobra do Caramiñal, o lugar onde María Vázquez exerceu a docencia durante doce anos, entre 1918 e 1930.
+ info en www.alvarelloseditora.gal
November 14, 2025 at 10:38 AM
#Miño [mércores, 20 h. Biblioteca Municipal] e #APobradoCaramiñal [xoves, 20 h, Auditorio Biblioteca V. García Martí] serán os lugares para descubrir, esta semana, a descoñecida historia de MARÍA VÁZQUEZ, A MESTRA SOCIALISTA ELIMINADA POLO FRANQUISMO, o novo e revelador ensaio de #AuroraMarco.
November 9, 2025 at 6:41 PM
Iniciamos en #ACoruña o ciclo de presentacións do novo ensaio de #AuroraMarco: "María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo". Unha reveladora biografía dunha docente feminista, progresista, renovadora pedagóxica e comprometida coa República, asasinada en agosto do 36.
November 7, 2025 at 8:30 AM
#GarcíaLorca, hoxe, polas rúas de #Compostela. #Selic. Paseo guiado por @quiquealvarellos.bsky.social
October 11, 2025 at 2:02 PM
Lembrade que este domingo 5 na #SELIC ás 18 h teremos un encontro lector con @martinhonoriega.bsky.social arredor do seu libro OS MÉDICOS TAMÉN ENFERMAN. Ao remate asinará a súa obra no stand de @alvarellos.bsky.social. Vémonos na Quintana!
October 5, 2025 at 7:39 AM
Así de animado foi este primeiro sábado no stand de #AlvarellosEditora da #Selic. Grazas a todas as persoas que viñestes saudar, parolar, mercar e levar nesta ocasión un libro asinado por #AuroraMarco, #AnaLopezQuintela ou #JoseBaqueiro. Aquí seguimos ata o día 12!
October 5, 2025 at 7:19 AM
Arranca este venres unha nova edición da #Selic_Festival. Do 3-12 de outubro, na Quintana. Teremos unha intensa actividade e un posto con 100 títulos diferentes.
Ide facendo un oco para virnos visitar e participar nalgunha das nosas actividades. Aquí, o noso programa:
September 29, 2025 at 8:15 PM
#FelipeSenén, historiador da cultura galega, percorre hoxe, en #LaOpinión de #ACoruña, a vida e a traxedia de #SyraAlonso e #FranciscoMiguel e a reedición dos conmovedores DIARIOS de Syra, que vimos de publicar.
+ info: alvarelloseditora.gal
September 19, 2025 at 2:45 PM
Convocado o PREMIO DE ENSAIO DA FUNDACIÓN SINDICAL EOC, dotado con 10.000 €.
A Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo, con sede en Vigo, e Alvarellos Editora, chegamos hoxe a un acordo de publicación.
Bases, aquí: www.edelmirootero.org/convocatoria...
September 15, 2025 at 6:15 PM
#Nakba é o título do poemario de #PatriciaTorradoQueiruga, gañador da LI Edición do Premio de Poesía do #ConcellodeVilalba. Onte recolleu Patricia o premio. #Nakba é poesía urxente; palabra escrita contra o xenocidio en #Gaza. Por iso, axiña comezaremos co proceso de edición. Parabéns, Patricia!!!
August 31, 2025 at 9:07 AM
Concluímos a participación na #FeiradoLibro de #ACoruña. Guatounos a nova ubicación. Foi un ano tamén especial pola cantidade de persoas que viñestes saudar... e mercar.
E tivemos con nós a #VioletaMeléndrezDoval, que tan ben coidou de vós e da caseta estes días
Agora toca relaxar. Feliz agosto!
August 10, 2025 at 9:21 PM
Presentamos na Coruña o libro que reúne os nove relatos gañadores dos tres últimos Certames Manuel Murguía do #ConcellodeArteixo.

Interviron #AlfredoFerreiro #MaríaDubra, #NataliaAlonso @quiquealvarellos.bsky.social

O Certame de Arteixo cumprirá 35 edicións en 2026.
August 10, 2025 at 9:02 AM
Este sábado ás 19 horas presentaremos na Feira da Coruña o volume que reúne os relatos gañadores do Certame Manuel Murguía de narracións breves que promove o #ConcellodeArteixo e dirixe #AlfredoFerreiro. Nove orixinais propostas narrativas cunha polifonía de voces.
August 8, 2025 at 1:57 PM
#EmmaPedreira, co seu #Antídoto, e #AndreaFManeiro, co seu #MeridianoOrixe, Dúas grandes propostas poéticas que podedes atopar na nosa caseta #FeiraLibro #ACoruña.
August 6, 2025 at 9:16 AM
Os DIARIOS de Syra Alonso Brufau reviviron hoxe, con toda a súa forza, traxedia e loita, na Feira do Libro da Coruña. Grazas a todas as persoas que nos acompañastes. E ás intervencións de #MiguelAnxoFernánVello, #CarmenGarcíaRodeja e #AviaBeira.
+ info: www.alvarelloseditora.gal
August 3, 2025 at 10:28 PM
Este domingo, na Feria do Libro da Coruña, os conmovedores «DIARIOS (1938 e 1945)» de Syra Alonso volverán a falarnos, a interpelarnos, dende a néboa do tempo. Acto público ás 19:45 horas.

+ info: www.alvarelloseditora.gal
August 1, 2025 at 3:03 PM
@martinhonoriega.bsky.social asinará este sábado na FERIA DO LIBRO DA CORUÑA exemplares de OS MÉDICOS TAMÉN ENFERMAN. Na CASETA DE ALVARELLOS EDITORA a partir das 19 HORAS. Non deixedes de vir e levar o voso libro dedicado.
July 31, 2025 at 3:23 PM
A #FeiraLibroCoruña que abre as súas portas este VENRES 1, ata o día 10. Teremos unha intensa actividade: presentacións, sinaturas, homenaxes, recitais... Aquí vos avanzamos a axenda. Non deixedes de vir. Levamos máis de cen títulos diferentes.
@martinhonoriega.bsky.social @bibcoruna.bsky.social
July 29, 2025 at 11:19 AM
Unha das crónicas máis impactantes da Guerra Civil. Nova edición con material inédito.
#SyraAlonso
#Diarios
Hoxe chegou de imprenta.
July 22, 2025 at 8:00 PM
Así de ben loce estes días o JARDÍN UMBRÍO de #ValleInclán no escaparate de #MerlínEFamilia, na Rúa Nova de Compostela.

A gran colección de relatos breves de Don Ramón na edición que reproduce fielmente a orixinal de 1920.

Aquí os podedes atopar, con outros títulos singulares do noso catálogo.
July 20, 2025 at 3:32 PM
O mundo dos coidados, a enfermidade, o sol da infancia, o amor filial... #MaríaAlvarezLandesa mantivo hoxe unha fonda, intensa e sedutora conversa –e recital– coa xornalista #AnaGonzálezListe na Feira do Libro de #Vigo. Arredor do seu libro OS POZOS ELEGANTES DAS CLAVÍCULAS, Premio Follas Novas.
July 4, 2025 at 9:43 PM
@martinhonoriega.bsky.social asina OS MÉDICOS TAMÉN ENFERMAN despois dun gran acto de presentación que encheu o salón de actos da Sociedade Recreativa San Xoan de #Calo.
June 19, 2025 at 7:43 PM
Este xoves 19 ás 20 h @martinhonoriega.bsky.social , presenta na SR de #Calo (Teo), o seu libro OS MÉDICOS TAMÉN ENFERMAN. O autor manterá unha conversa con #ChusMirás, e estará tamén compañado pola presidenta da SR de Calo, #ElsaGómez e polo editor, @quiquealvarellos.bsky.social.
June 18, 2025 at 7:47 AM
Este venres, na Feria del Libro de Madrid, homenaxe a
#MarianoTudela. Con #OliviaTudela e #ÁngelBasanta. Moderados por @quiquealvarellos.bsky.social
Ás 19 h. Na antiga Casa de Fieras do Retiro. Proxectaremos imaxes dunha vida consagrada á literatura.
June 10, 2025 at 12:15 PM
Un gran sábado na Feria del Libro de Madrid. Culminando a tarde coa sinatura de #PazLeirós da súa obra «Y tú, por qué quieres hablar de eso».
Foi a xornada onde máis público e vendas tivemos dos nove días de Feira. E aínda quedan oito xornadas máis. Aquí vos esperamos. #Caseta276.
June 7, 2025 at 7:59 PM