Ainé
banner
aine-gal.bsky.social
Ainé
@aine-gal.bsky.social
Producimos teatro en Galicia pensando no público. Comprometémonos coa cultura e a lingua do noso país. De xira con 'Amoriños' 💘 e 'Aquí Tou!' 🎤
🎭 ‘Aquí Tou!’ despídese en Ribeira!

Este venres 26 de decembro, Xosé A. Touriñán ofrecerá as dúas últimas funcións do seu monólogo máis persoal.

A xira remata despois de percorrer máis de trinta localidades e reunir a milleiros de espectadores desde a estrea da proposta.
‘Aquí Tou!’ despídese dos escenarios en Ribeira · Ainé
‘Aquí Tou!’, o monólogo de Xosé A. Touriñán, despídese da súa xira este venres 26 de decembro en Ribeira con dous pases esgotados.
aine.gal
December 23, 2025 at 1:34 PM
🦜 A xira de 'Bibopalula · O Espectáculo' chega ao seu ecuador e a Banda do Bosque continúa a súa viaxe polos escenarios.

O mellor plan para desfrutar do Nadal en familia estará na Coruña (28 de decembro) e en Vigo (2 de xaneiro).

🎟️ As entradas están dispoñibles en: bibopalula.gal
Bibopalula · O espectáculo
CALENDARIO Sinopse Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás peque...
bibopalula.gal
December 22, 2025 at 7:44 PM
🦜 A Banda do Bosque chega a Vilagarcía!

Este sábado 20/12 ás 17:30, Ava, Robin, Carpin, Merli e Pegui convidan á cativada a vivir música, xogos e maxia no Auditorio Municipal.

🎟️ Entradas en www.bibopalula.gal/espectaculo/
Bibopalula · O espectáculo
CALENDARIO Sinopse Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás peque...
www.bibopalula.gal
December 19, 2025 at 4:41 PM
🎬 Rondallas chegará aos cines o 1 de xaneiro de 2026

A nova película de Daniel Sánchez Arévalo está rodada en distintas localizacións galegas e propón un relato coral arredor da tradición musical e da comunidade. Xosé A. Touriñán forma parte do elenco que compón o filme.

🔗 Le o artigo en aine.gal
Unha historia coral con acento galego: chega 'Rondallas' · Ainé
Rondallas, a nova longametraxe de Sánchez Arévalo rodada en Galicia, estréase o 1 de xaneiro de 2026, cun elenco no que participa Touriñán.
aine.gal
December 18, 2025 at 11:45 AM
⏳ Non queda nada!

Mañá, 18 de decembro, celébrase 'A Coruña Global' na Domus, un encontro impulsado polo IGADI e conducido por Xosé A. Touriñán e Yolanda Castaño.

As inscricións están abertas en acorunha.hub.gal
Novos tempos para a acción exterior de Galicia: A Coruña no mundo global do S.XXI
Nace para impulsar o desenvolvemento das Bases de Acción Exterior A Coruña, documento estratéxico para a proxección internacional da cidade eleborado polo IGADI no 2018.
acorunha.hub.gal
December 17, 2025 at 5:38 PM
🌍 A Coruña Global celebra a súa 4ª edición

O 18 de decembro, a Domus acolle un novo encontro do foro impulsado polo IGADI, con Xosé A. Touriñán e Yolanda Castaño como fío condutor dunha sesión sobre identidade urbana, cultura e conexións globais.

👉 Le o artigo completo en aine.gal
Touriñán conducirá a cuarta edición de 'A Coruña Global' xunto a Yolanda Castaño · Ainé
A Coruña celebra a cuarta edición de A Coruña Global, o proxecto do IGADI. Terá lugar no Domus e contará coa presenza de Xosé A. Touriñán.
aine.gal
December 16, 2025 at 11:52 AM
🙌🏼 Outra fin de semana para lembrar!

Amoriños pasou por Vilagarcía e Santiago da man de Touriñán e Perdomo, con cinco funcións cheas e máis de 4.000 persoas acompañándonos. Citas inesperadas, confesións imposibles e moito humor.

🎟️ Últimas entradas para A Coruña en www.amorinos.info

📸 AIGI BOGA
December 15, 2025 at 5:58 PM
💘 Amoriños segue a súa xira!

Esta fin de semana, Touriñán e Perdomo volven á carga en Vilagarcía e Santiago con cinco novas funcións dun espectáculo no que cada cita é distinta da anterior… porque cando se trata de amor, nunca se sabe como pode rematar a historia.
‘Amoriños’ encadea cinco funcións esta fin de semana en Vilagarcía e Santiago · Ainé
Amoriños continúa a súa xira esta fin de semana en Vilagarcía e Santiago. Humor, citas tolas e a química inconfundible de Touriñán e Perdomo.
aine.gal
December 11, 2025 at 4:22 PM
🪗 ‘Territorio Regueifa’ pasou polo #Culturgal2025 e anunciou nova data de estrea: 6 febreiro. Humor, música e improvisación oral galega nun espectáculo único. Podes ler o artigo en aine.gal.
'Territorio Regueifa' retoma o seu camiño no Culturgal e anuncia nova data de estrea · Ainé
Territorio Regueifa pasou polo stand de Agadic durante o Culturgal e anunciou a súa nova estrea para o 6 de febreiro.
aine.gal
December 9, 2025 at 3:55 PM
Reposted by Ainé
'Bibopalula' celebra a chegada das festas co videoclip 'Ninguén canta mal'. O tema orixinal está tamén dispoñible nas principais plataformas de audio: lnk.to/bibopalulach...
December 8, 2025 at 7:08 PM
💥 Seis cheos en Salceda de Caselas, Vimianzo e Rianxo con 'Aquí Tou!', o monólogo de @xatouri.bsky.social, esta fin de semana!
December 8, 2025 at 3:47 PM
Este sábado estaremos no Culturgal con ‘Moito Conto’ Contaremos con Xosé A. Touriñán, David Amor, Patricia Castrillón, Marita Martínez e Pablo Meixe, que farán deste encontro un momento único Galifunk Brass porá o toque musical ao espectáculo! 😆

🎟️ Entradas dispoñibles en cultur.gal
November 25, 2025 at 9:51 AM
‘Moito Conto’ chega este sábado ao Culturgal: monólogos, improvisación e música en directo con Galifunk Brass, e cinco referentes do humor galego no escenario 😁
‘Moito Conto’: unha gran noite de comedia chega este sábado ao Culturgal · Ainé
‘Moito Conto’ leva o humor ao Culturgal con Touriñán, David Amor, Patricia Castrillón, Marita Martínez, Pablo Meixe e a música de Galifunk Brass.
aine.gal
November 20, 2025 at 8:24 AM
💘 A xira de 'Amoriños', o novo espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo, da comezo esta fin de semana con citas absurdas, improvisación, humor e emoción.
‘Amoriños’ arrinca con éxito e multiplica funcións: novas citas para unha comedia que esperta paixóns · Ainé
‘Amoriños’ de Touriñán e Perdomo esgota entradas e engade novas funcións, confirmando o éxito da súa comedia sobre o amor.
aine.gal
November 19, 2025 at 3:23 PM
🦜 A Banda do Bosque regresa aos escenarios! Este inverno volve Bibopalula · O Espectáculo, a aventura musical na que Ava, Robin, Carpin, Merli e Pegui levarán á cativada a adentrarse de novo no corazón do bosque.

🎟️ Datas da xira e entradas en bibopalula.gal
Portada - Bibopalula · O espectáculo
CALENDARIO Sinopse Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás peque...
www.bibopalula.gal
November 15, 2025 at 11:14 AM
💘 O amor chega aos teatros con Touriñán e Perdomo. O 21 de novembro estreamos en Noia ‘Amoriños’, unha comedia sobre citas tolas, paixóns imposibles e encontros que non deberían pasar… pero pasan igual.


👉 Todas as paradas da xira e entradas en www.amorinos.info
'Amoriños' chega aos escenarios da man de Touriñán e Perdomo · Ainé
'Amoriños', o novo espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo, chega aos teatros galegos para falar de amor e paixóns imposibles.
aine.gal
November 12, 2025 at 3:57 PM
🪗 O noso primeiro espectáculo da nova temporada ten xa data de estrea: o próximo 3 de outubro, no FIOT, en Carballo. 'Territorio Regueifa' é a nosa homenaxe sobre os escenarios a unha das manifestacións máis singulares da tradición oral.
Estreamos 'Territorio Regueifa', un espectáculo para celebrar a tradición oral galega · Ainé
Dirixido por José L. Prieto, estrearase no FIOT, en Carballo, o venres 3 de outubro, mesturando música, humor, improvisación e narración para poñer en valor unha das manifestacións máis singulares da ...
aine.gal
September 20, 2025 at 9:14 AM
📝 Entrevista en @elcorreogallego.es a @xatouri.bsky.social e Carlos Blanco sobre a derradeira xira de 'Somos Criminais e punto final', que comeza esta fin de semana en Santiago 👇
«O humor é o que nunca pode faltar na nosa nave»
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán recalan esta fin de semana en Santiago co punto final da súa triloxía 'Somos Criminais'. Será cunha dobre función no Auditorio de Galicia (venres 12 e sábado 13 de set...
www.elcorreogallego.es
September 11, 2025 at 1:48 PM
✨ Plan de domingo perfecto nas festas da Coruña coa despedida do Festival Noroeste Estrella Galicia en Santa Margarita: @xatouri.bsky.social, David Amor, Javier Veiga, e impro con Lucía Veiga, Marita Martínez e Patricia Castrillón!
A Coruña pechará o Noroeste Estrella Galicia o próximo domingo cunha tarde de monólogos en Santa Margarita · Ainé
Xosé A. Touriñán, David Amor, Javier Veiga, Lucía Veiga, Marita Martínez e Patricia Castrillón protagonizarán a segunda edición dos 'Contos ao Noroeste'.
aine.gal
August 11, 2025 at 8:43 PM
⏱️ Este venres pechamos o prazo de recepción de candidaturas para a oferta de traballo que temos activa!
📝 Lanzamos unha nova oferta de emprego para incorporar unha ou un profesional da comunicación e as estratexias de promoción. Contar ben o que facemos e chegar ao público é unha das partes máis importantes do noso traballo!

📲 Recibimos candidaturas ata o 20 de xuño!
Oferta de traballo: buscamos un perfil de comunicación e promoción · Ainé
Queremos ampliar o noso equipo cunha persoa que poida axudarnos nunha das partes máis importantes do noso traballo: contar o que facemos e chegar ao público.
aine.gal
June 19, 2025 at 12:14 PM
😍 A xira do espectáculo de 'Bibopalula' está sendo todo un éxito... É toda unha experiencia para as cativas e cativos antes, durante e despois de cada función!
As sorpresas para o público de Bibopalula á saída dos teatros - Bibopalula
O espectáculo, que xira por Galicia durante todo o mes de xuño, é toda unha experiencia para as máis cativas e cativos que asisten ás funcións.
bibopalula.gal
June 15, 2025 at 7:14 PM
📝 Lanzamos unha nova oferta de emprego para incorporar unha ou un profesional da comunicación e as estratexias de promoción. Contar ben o que facemos e chegar ao público é unha das partes máis importantes do noso traballo!

📲 Recibimos candidaturas ata o 20 de xuño!
Oferta de traballo: buscamos un perfil de comunicación e promoción · Ainé
Queremos ampliar o noso equipo cunha persoa que poida axudarnos nunha das partes máis importantes do noso traballo: contar o que facemos e chegar ao público.
aine.gal
June 9, 2025 at 2:22 PM
🌳 Durante toda a semana ensaimos no auditorio de Rianxo o espectáculo de Bibopalula, que comeza a súa xira este sábado.

🎟️ Todas as datas e localidades están en bibopalula.gal!
O espectáculo de Bibopalula ultima en Rianxo os preparativos para a súa estrea · Ainé
O equipo do espectáculo, formado por máis de quince profesionais, traballa desde a pasada semana no auditorio municipal ensaiando a proposta infantil producida por Ainé.
aine.gal
June 5, 2025 at 5:51 AM
🗓️ Quedan só 7️⃣ días para que o espectáculo de Bibopalula chegue aos escenarios! Estrearemos no Teatro Colón un proxecto infantil inédito en Galicia, musical e de gran formato.

🎟️ Entradas en www.bibopalula.gal!
May 31, 2025 at 6:34 PM
Reposted by Ainé
🎵🐦'Bibopalula': a aposta galega por un espectáculo infantil sen nada que envexar ás grandes producións de fóra
'Bibopalula': a aposta galega por un espectáculo infantil sen nada que envexar ás grandes producións de fóra - Praza Pública
A serie estreada o pasado mes de novembro no Xabarín chega en xuño aos teatros de oito cidades e vilas do país convertida nunha obra de gran formato na que a música será fundamental. Falamos coa direc...
praza.gal
May 26, 2025 at 9:01 AM