Shen Aneghbre 🇵🇸
banner
aghbroshen393.bsky.social
Shen Aneghbre 🇵🇸
@aghbroshen393.bsky.social
Para o tipo que se manifestaba a carón dos fascistas en contra do galego, que se negou a apoiar a súa oficialidade na UE e que despreza profundamente o país que goberna, claro que é un éxito. É exactamente o que busca, un país sen identidade, sen memoria e sen voz.
November 22, 2025 at 2:11 PM
Polo que sexa esqueceron dicir que era un dictador fascista, golpista e xenocida, que Fraga era un criminal que asinou penas de morte, que ningún franquista foi condenado e que o terrorismo de extrema dereita mataba. Iso si o bulo de que hai democracia grazas ao Borbón franquista, que non falte.
November 21, 2025 at 5:56 AM
Condenado sen probas. Así seguen co golpe de estado xudicial, deixando ben claro que van ir a por calquera e facer o que sexa para que goberne a extrema dereita de ppvox. Enésima demostración de que as institucións xudiciais apestan a franquismo. Este era o día escollido, para que van disimular.
November 20, 2025 at 2:02 PM
Xusto a tempo para protexer o negocio.
November 20, 2025 at 1:38 PM
Entre divulgar o idioma, a cultura e a historia do país ou perpetuar o machismo, cun cromañón babeando mentres cosifica o corpo dunha muller, na teleghaita téñeno clarísimo, nin media dúbida.
November 19, 2025 at 6:55 AM
Son fundamentais para a prevención e bótanos cando hai que comezala. É o xeito máis eficaz que atopou o goberno de Rueda para que se repita o desastre e demostrar, unha vez mais, que son un perigo xestionando e que lles importa unha merda que o país arda e as súas consecuencias.
November 18, 2025 at 10:35 AM
Gata Cattana - Los siete contra Tebas.
November 18, 2025 at 4:35 AM
Non é xente abusando das urxencias, é o modelo criminal do PP, que busca deteriorar e desprestixiar a sanidade pública e xustificar a súa privatización. Mentres, a atención primaria abandonada e listas de espera eternas. Aquí quen poida pagará, como sexa, para ser atendido, quen non, mala sorte.
November 18, 2025 at 2:58 AM
A esquerda ten que basear a súa política migratoria no recoñecemento de dereitos, na xustiza social e na empatía, non na covardía de criminalizar ás persoas migrantes. Quen esqueza isto ou sexa incapaz de facelo, que se vaia á súa puta casa. Ao fascio hai que combatelo, non copiarlle o discurso.
November 16, 2025 at 4:56 AM
Facer do monte unha fábrica que produza sen parar e sen control, a xestión forestal da Xunta é neglixente. Impórtalles unha merda que desapareza biodiversidade, que se acelere o cambio climático ou que haxa lumes moito máis graves e difíciles de extinguir. Por riba de todo o plan é exprimir o país.
November 15, 2025 at 3:01 AM
Machismo e cosificación da muller pagados por todos, mentres a presentadora lle ri as babosadas a este cromañón. O peor desta merda non é a vergonza allea que da, senón que é o habitual, converteron a tele pública nunha caverna.
November 12, 2025 at 8:32 AM
Ignorancia, mala fe, odio de clase e desprezo pola realidade social do pais; ten o fundamental para trepar no PP e acabar de conselleira do que sexa, do pouco que lles quede por roubar ou privatizar. Ela e os da súa especie nin idea do que é a caixa de resistencia, loxicamente, son máis da b.
November 10, 2025 at 1:02 PM
Por moito que repitan esta merda como un mantra, isto é falso. Se queren traballadores téñeno a hostia de sinxelo, respectando os dereitos laborais, pagando un salario digno e poñendo condicións de seguridade axeitadas. Non falta xente, sobran explotadores.
November 10, 2025 at 1:31 AM
E mentres desde o seu universo paralelo, os pseudoinformativos da teleghaita fan a enésima publirreportaxe de Altri, sen dignidade e cagándose unha vez máis no xornalismo. Cada día teñen menos audiencia, pero non por iso van deixar de usar recursos públicos para publicitar esta tremenda estafa.
November 8, 2025 at 8:21 AM
Leva un ano apoiando as este ser, mentindo para protexelo, pensando que todo se ía esquecer sen máis e agora é incapaz de facelo dimitir, demostrando que é un inútil que ten como único talento ser un tipo desprezable capaz de todo con tal de trepar. Ningún ten dignidade, pero si moito que agochar.
November 2, 2025 at 8:38 PM
Isto pasa cando os caciques secuestran a tele pública e póñena ao seu gusto, a base de manipulación, caspa, clichés e lonxe da realidade. Caerá máis porque falan dun país irreal onde os problemas son lobos e ocupas e o resto festa e costumbrismo. O que sexa para tapar a merda dos inútiles da Xunta.
November 1, 2025 at 8:21 PM
Claro que o apoia, por obediencia e porque son o mesmo. Mazón non é un caso illado, mostra a forma de gobernar do PP, sen empatía nin conciencia. Vivir onde gobernan é estar nunha ruleta rusa, non tes nin idea de cando che vai tocar, nin o calibre, pero sabes que hai bala e cando menos o esperas....
October 31, 2025 at 1:08 AM
Isto é unha organización mafiosa que tiña que estar ilegalizada e disolta: rouban, matan, manipulan para tapar os desastres que provocan coa súa xestión neglixente e cada vez que falan é para espallar odio fascista. O PP é un perigo ao que hai que sobrevivir.
October 27, 2025 at 1:53 AM
"Ti podes entrar, pero eu non podo", Castelao
October 22, 2025 at 9:47 PM
Cada euro, que esta xentuza lle regala á privada, na pública acábase convertendo en listas de agarda eternas, abandono da atención primaria, menos camas de hospital,...Para isto si lles gustan os impostos, para pagarlle a festa a unha minoría privilexiada extractivista a costa dos dereitos de todos.
October 22, 2025 at 9:43 PM
Esta é a paz que pactaron un dictador e un xenocida e que todo o mundo celebrou.
October 19, 2025 at 6:12 AM
Foi roubar a alcaldía o PP e de súpeto aparece a inversión para unha residencia, que acabará xestionando unha empresa amiga facendo negocio a costa do benestar dos maiores. E o que para a tele do réxime antes era caos e destrucción, agora converteuse nun mundo feliz, onde a mafia non deixa de rir.
October 18, 2025 at 9:28 PM
Cando a Xunta recorta en sanidade e faltan medios, persoal e regala millóns á privada, aparte de ser unha neglixencia, é un plan que despedaza a pública para favorecer o negocio duns poucos, pisando os dereitos de todos e iso ten consecuencias. Montaron un sistema que deixa á xente abandonada.
October 16, 2025 at 9:48 PM
Pois vendo tremenda parida de letra máis parece que sexa imbécil, que estea fumadísimo ou todo á vez, pero vaia. Rueda sempre disposto a atopar novas maneiras de foder a imaxe do país e desprezar a nosa identidade, total pagamos nós.
October 15, 2025 at 5:31 PM
Isto é o que fan os herdeiros do franquismo cando non gobernan, cagarse na vontade popular, impedindo que haxa democracia a base de roubar alcaldías, reprimir e deixar claro que o país é seu, que os caciques sempre están aí. "Desaloxa","recupera", o PP dicta e a teleghaita obedece e le en voz alta.
October 13, 2025 at 10:11 PM