AGARESO
banner
agareso.bsky.social
AGARESO
@agareso.bsky.social
👥Somos profesionais da comunicación traballando en proxectos de cooperación e de educación para o cambio social.
📍Galicia, España
🌐agareso.org/gl/
📆O próximo xoves 27 de novembro ás 17h Abraham e Zafira presentarán "Mocidade xitana contra o odio" na aula 9 do Centro Ágora (A Coruña). Convidámosvos!

📚A vídeo será de libre uso para tódalas persoas que queiran utilizala como ferramenta educativa.
November 21, 2025 at 12:45 PM
Ofrecemos a nosa proposta metodolóxica para traballar esta cuestión nas aulas, creada a partir do traballo de Pepe Cabido e Sonia F. Casal, e preguntámonos que pode facer o xornalismo para loitar contra estas narrativas interesadas.
Agardamos seguir tecendo rede! www.agareso.org/gl/presentam...
Presentamos os resultados de Xeración Contrainfo 24-25 no Colexio de Xornalistas, acompañadas por Ana G. Liste e Marga Tojo | Agareso
www.agareso.org
July 10, 2025 at 1:35 PM
Falamos de como os discursos da ultradreita global xeraron e alimentan a fenda ideolóxica que separa os rapaces cis heterosexuais das rapazas e do colectivo LGBTiQ+ e de como afecta esa fenda á convivencia nos centros de ensino.
July 10, 2025 at 1:35 PM
📌 Compartirémolos coas persoas que vos acheguedes ao almorzo, a cita é o 10 de xullo ás 10h30, na sede do Colexio de Xornalistas, e pensamos que pode ser especialmente interesantes 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐟𝐞𝐬𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧, 𝐝𝐨 𝐱𝐨𝐫𝐧𝐚𝐥𝐢𝐬𝐦𝐨 𝐞 𝐝𝐚 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧.

✨Agardámosvos!✨
July 2, 2025 at 9:04 AM
Ao longo deste curso traballamos os estereotipos, os mandatos e os privilexios de xénero por separado, con rapaces e rapazas, e os resultados preliminares son moi esperanzadores.
July 2, 2025 at 9:04 AM
🚨Compartiremos os 𝐫𝐞𝐬𝐮𝐥𝐭𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐞𝐬𝐭𝐮𝐝𝐨 que fixemos ao respecto e mais a 𝐩𝐫𝐨𝐩𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐛𝐚𝐭𝐢𝐫 𝐞𝐬𝐭𝐞𝐬 𝐝𝐢𝐬𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨𝐬 que elaboramos en #XeraciónContrainfo a partir do traballo que veñen desenvolvendo Pepe Cabido e Sonia F. Casal dende hai anos.
July 2, 2025 at 9:04 AM
🌱𝗦𝗼𝗺𝗼𝘀 𝗔𝗰𝘂𝗯𝗶𝗹𝗹𝗼🌱 é un proxecto de @agareso.bsky.social e @provivienda.org, coa colaboración de Fundación "la Caixa" #ConvocatoriasProyectosSociales #FundacionlaCaixa

www.agareso.org/gl/que-facem...
Somos Acubillo | Agareso
www.agareso.org
June 10, 2025 at 2:47 PM
🙏 “Unha sociedade máis xusta é unha sociedade máis sá e feliz”, lembraron as representantes deste grupo de persoas económica e socialmente vulnerables. E destacaron a mensaxe da campaña de sensibilización que idearon: "depende de nós conseguir un futuro mellor”.

www.agareso.org/gl/integrant...
Integrantes de Somos Acubillo visitan o Parlamento de Galicia | Agareso
www.agareso.org
June 10, 2025 at 2:47 PM