Aevum. Idade Media e Medievalismos
banner
aevum-usc.bsky.social
Aevum. Idade Media e Medievalismos
@aevum-usc.bsky.social
Grupo de investigación da @usc.gal
🏰 Investigación interdisciplinar sobre o mundo medieval
📣 Chamada á comunicacións | Beyond Exceptionalism III

A investigadora Diana Pelaz Flores participará como poñente convidada na nova edición do congreso Beyond Exceptionalism III, celebrado con anterioridade nas universidades de Ohio e Manchester.
January 28, 2026 at 9:02 AM
📜 Entre os materiais destacan copias documentais rescatadas de arquivos como o Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela, o Arquivo Histórico Universitario de Santiago, o Arquivo Xeral de Simancas ou o Arquivo Histórico da Nobreza.
January 27, 2026 at 11:03 AM
👩 Foron mulleres que levaron a cabo importantes labores de patrocinio, promovendo centros relixiosos e outras iniciativas. A cidade de Compostela foi o escenario no que desenvolveron parte da súa actividade. Son moitos os recunchos da urbe onde aínda se conservan as pegadas das Moscoso.
January 27, 2026 at 11:03 AM
A mostra, comisariada por @miguelgcia-fdez.bsky.social, investigador e membro, conta con numerosos recursos de calidade que, ao longo do percorrido, guían ao visitante para non perder ningún detalle sobre mulleres como Teresa Sánchez de Moscoso, Aldonza de Acevedo ou Xoana de Castro, entre outras.
January 27, 2026 at 11:03 AM
Exposición | As Moscoso. Mulleres con poder na Compostela baixomedieval

🖼️ O pasado decembro, o Consorcio de Santiago inaugurou a exposición 𝘈𝘴 𝘔𝘰𝘴𝘤𝘰𝘴𝘰. 𝘔𝘶𝘭𝘭𝘦𝘳𝘦𝘴 𝘤𝘰𝘯 𝘱𝘰𝘥𝘦𝘳 𝘯𝘢 𝘊𝘰𝘮𝘱𝘰𝘴𝘵𝘦𝘭𝘢 𝘣𝘢𝘪𝘹𝘰𝘮𝘦𝘥𝘪𝘦𝘷𝘢𝘭, coa fin de rememorar o legado feminino dunha das familias máis influentes da Galicia medieval.
January 27, 2026 at 11:03 AM
🖼️ Recentemente, o proxecto colaborou con institucións culturais como o Museo Nacional del Prado na organización dun encontro académico sobre a pintura en Castela en tempos do Marqués. 

#LibroIluminado #GrupoAevum
@usc.gal
January 20, 2026 at 11:02 AM
ℹ️ Nel participaron investigadores doutros centros académicos, entre eles: Oren Margolis, da Universidade de East Anglia; Michele Colombo, da Universidade de Salamanca; e Diana Lucía Gómez-Chacón, da Universidade Complutense de Madrid.
January 20, 2026 at 11:02 AM
Este noble bibliófilo foi clave na promoción do humanismo en Castela e na conservación de manuscritos iluminados, deixando un legado cultural de gran importancia.
January 20, 2026 at 11:02 AM
Proxecto | Libro iluminado y bibliotecas en la Europa del Renacimiento: el Marqués de Santillana y su proyecto cultural

📚 A investigadora Rosa Rodríguez Porto coordina este proxecto, que busca estudar a figura de Íñigo López de Mendoza, Marqués de Santillana como mecenas e coleccionista.
January 20, 2026 at 11:02 AM
ℹ️ Proxectos como Munarqas: mujeres de las monarquías ibéricas recuperan as traxectorias, funcións e redes do poder feminino nas cortes ibéricas.

#Aevum #Rexinalidade #IdadeMedia #Medievalismos
@usc.gal
January 15, 2026 at 11:47 AM
📚 En Aevum, a investigación sobre rexinalidade permite descubrir como se construía, negociaba e visualizaba o poder das raíñas, ofrecendo novas perspectivas á historia política e cultural.
January 15, 2026 at 11:47 AM
Glosario medieval | Rexinalidade

👑 Para comezar a achegarnos ao coñecemento sobre a Idade Media e os seus axentes, hoxe traémosvos un concepto imprescindible na investigación das mulleres con poder durante estes séculos.
January 15, 2026 at 11:47 AM
📹 Ligazón á conferencia 𝘛𝘩𝘪𝘯𝘬𝘪𝘯𝘨 𝘸𝘪𝘵𝘩 𝘪𝘮𝘢𝘨𝘦𝘴: 𝘧𝘳𝘰𝘮 𝘙𝘢𝘪𝘮𝘰𝘯 𝘓𝘭𝘶𝘭𝘭 𝘵𝘰 𝘯𝘦𝘵𝘸𝘰𝘳𝘬 𝘛𝘩𝘦𝘰𝘳𝘺: https://youtu.be/DqGhb40q8os?si=HnpUMkcE7ZWD89tp

#EquipoAevum #IdadeMedia #Medievalismos
@facultadexh.bsky.social 
@usc.gal 
@sdu.dk 
@cispac.bsky.social
January 13, 2026 at 11:03 AM
ℹ️ Impulsa proxectos como 𝘓𝘪𝘣𝘳𝘰 𝘪𝘭𝘶𝘮𝘪𝘯𝘢𝘥𝘰 𝘺 𝘣𝘪𝘣𝘭𝘪𝘰𝘵𝘦𝘤𝘢𝘴 𝘦𝘯 𝘭𝘢 𝘌𝘶𝘳𝘰𝘱𝘢 𝘥𝘦𝘭 𝘙𝘦𝘯𝘢𝘤𝘪𝘮𝘪𝘦𝘯𝘵𝘰 e 𝘈𝘯𝘵𝘊𝘰𝘮, que combinan investigación académica e divulgación aberta, permitindo comprender mellor a historia visual e literaria da Idade Media.
January 13, 2026 at 11:03 AM
Quen somos? | Rosa Rodríguez Porto (USC‑SDU)

📚 A historiadora investiga manuscritos medievais e cultura visual, estudando como o libro iluminado funcionaba como instrumento de poder e representación nas cortes europeas e achegando novas perspectivas á historia do libro e da arte cortesá.
January 13, 2026 at 11:03 AM
A nova xeración de medievalistas de Aevum compartirá proxectos, eventos, publicacións e recomendacións.

🔍 Acompáñanos nas nosas redes e web!!

#Aevum #IdadeMedia #Medievalismos
@usc.gal
January 7, 2026 at 12:10 PM
Aevum é un grupo da Universidade de Santiago de Compostela, nacido en 2024, que estuda o mundo medieval desde múltiples disciplinas e reflexiona sobre como o pasado se interpreta e percibe no presente.
January 7, 2026 at 12:10 PM
📜 Benvidas e benvidos a Aevum! Comezamos o ano abrindo canles para compartir, debater e poñer en diálogo o traballo do noso equipo de investigación sobre a Idade Media.
January 7, 2026 at 12:10 PM