Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
banner
acalexandreboveda.bsky.social
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
@acalexandreboveda.bsky.social
Somos unha asociación cultural fundada na Coruña no ano 1976. Temos como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas. Divulgamos tamén a figura e do pensamento do ilustre nacionalista que dá nome á nosa entide.
O luns 24, ás 20h, preséntase na nosa sede o libro CÚAN LONXE, CÁNTO! O legado poético de Sir John Moore, unha edición de David Clark publicada por Medulia Editorial.
Afonda na converxencia de tres figuras: o militar escocés Xeneral Sir John Moore, o poeta irlandés Charles Wolfe e Rosalía de Castro.
November 20, 2025 at 1:30 PM
🌀 Os negacionismos 
Hoxe xoves ás 19:30h
A sesión estará dedicada a un tema tan actual como preocupante: os negacionismos.
❌ “O cambio climático non existe”
❌ “A Terra é plana”
❌ “A clase médica engana”
❌ “As persoas migrantes veñen quitarnos o traballo”
En colaboración coa #FundaciónLuzes.
November 20, 2025 at 9:03 AM
Presentación de "A ditadura portuguesa contra Castelao" de Antonio Iglesias Mira
O autor estará acompañado por María Xosé Silvar, #Sés.
Unha investigación apaixonante que recupera a historia dun espectáculo teatral prohibido pola ditadura portuguesa e que se pensaba perdido para sempre.
November 19, 2025 at 4:32 PM
Este xoves 20 ás 19:30h novo encontro do ciclo Revisar os marcos, coa xente de #Luzes
A sesión estará dedicada a un tema tan actual como preocupante: os #negacionismos.
❌ “O cambio climático non existe”
❌ “A Terra é plana”
❌ “A clase médica engana”
❌ “As persoas migrantes veñen quitarnos o traballo”
November 19, 2025 at 9:20 AM
Este mércores a socióloga e profesora da UVigo Iria Vázquez Silva fala sobre violencia sexista nas redes e a manosfera, como medran os espazos dixitais con discursos machistas e negacionistas, como se organizan estas comunidades de odio e dará claves para combatermos a violencia sexista en liña.
November 18, 2025 at 5:31 PM
🙋‍♀️Tertulia: 25 anos en marcha pola vida das mulleres
🗓️sábado 15⏰11:30 📍 Santo André nº 36 A Coruña
Celebramos os 25 anos da Marcha Mundial das Mulleres cun encontro e un espazo de partilla con compañeiras das diferentes xeracións que fixeron parte destes 25 anos de feminismo na cidade e na comarca.
November 14, 2025 at 6:35 PM
🌿 Hoxe venres 14 de novembro ás 19:30 h inauguramos na nosa sede (rúa Santo André nº 36, 1º) a exposición “A Arte de Vagar” de Daniel Remeseiro.
Un diálogo entre natureza e identidade, onde o vagar é un acto de transformación e conciencia.
#ArteGalega #Exposición #DanielRemeseiro
November 14, 2025 at 12:30 PM
Vía Galega convoca á cidadanía a un acto simbólico na Coruña este sábado, 15, ás 12h. A acción, que se desenvolve de xeito simultáneo en diferentes localidades de toda Galiza, terá lugar no Paseo do Parrote, diante do muro do Xardín de San Carlos, fronte á porta de Santo André no devandito muro.
November 14, 2025 at 10:02 AM
🌿 Inauguración da exposición “A Arte de Vagar” de Daniel Remeseiro

Venres 14, ás 19:30h.

As obras preséntanse como un diálogo visual entre a paisaxe e a identidade emocional e física do observador, froito da contemplación e do vagar.
O vagar como proceso transformador e non como acto de evasión.
November 13, 2025 at 3:03 PM
🎬 Xoves 13 de novembro ás 19:30 h
Nova sesión do ciclo “Outras historias do cinema”.

🎙️ Martin Pawley falará de Pier Paolo Pasolini, un creador xenial, crítico e profundamente humano no 50 aniversario do seu asasinato
Rendemos tributo a unha figura fundamental da cultura do s XX.

#Cinema #Pasolini
November 13, 2025 at 9:03 AM
Sábado 15, ás 11.30h, celébrase na nosa sede a tertulia «25 anos en marcha pola vida das mulleres», un acto organizado pola @MarchaMundialDasMulleres. A xornada proponse como un encontro e un espazo de partilla con compañeiras das diferentes xeracións que fixeron parte da Marcha Mundial das Mulleres
November 12, 2025 at 1:30 PM
Xoves 13, 19.30h, teremos unha nova sesión do ciclo “Outras historias do cinema”. #MartinPawley falará de #PierPaoloPasolini. En novembro de 1975 foi asasinado o escritor e cineasta Pier Paolo Pasolini, un referente pola súa mestura infrecuente de xenialidade, conciencia crítica e empatía humanista.
November 12, 2025 at 9:02 AM
Este mércores 12, ás 19.30h, acollemos a presentación de "Sanfermines de 1978: Los victimarios" de Sabino Cuadra libro que aborda os acontecementos ocorridos nos sanfermíns de 1978. O texto busca rachar co silencio institucional e súmase á memoria colectiva que reclama verdade, xustiza e reparación.
November 11, 2025 at 12:03 PM
Xoán Rubia, máis coñecido pola súa faceta musical, presenta hoxe luns 10, ás 20h, "O practicante rural", as lembranzas da súa traxectoria profesional en que se enmarcou a súa vida fóra dos escenarios.
Quere ser este libro unha homenaxe aos compañeiros e compañeiras de profesión.
November 10, 2025 at 3:17 PM
Xoves 13, ás 19.30h,“Outras historias do cinema”. Martin Pawley falaranos de Pier Paolo Pasolini
En 1975 foi asasinado o escritor e cineasta Pasolini. 50 anos da desaparición dun creador que, coa súa mestura infrecuente d xenialidade e conciencia crítica nunca deixará de ser un referente intelectual
November 10, 2025 at 10:02 AM
🌟Alexandre Bóveda Teatro presenta A fraga en perigo 
Unha aventura onde as árbores falan, o perigo axexa...e só quen a coida pode salvala.

Vinde disfrutar con nós!

👥 A partir dos 4 anos
📌Centro Sociocultural O Graxal-Cambre
🕖 18h
🎟 De balde
November 7, 2025 at 10:02 AM
Sábado 8, ás 12h, #CafésFeministas: «Estannos a recortar dereitos?»
Vivimos nun momento en que se aproveita calquera caso para cuestionar as políticas de igualdade, as leis que implican avances en dereitos para as mulleres e cuestións que teñen que ver coa autonomía de todas nós.
November 6, 2025 at 6:02 PM
Xoves 6, 19.30h, #AlbinoPrada falaranos de “Galiza, un país desnortado e minguante”. 
Vivimos nun país minguante mais en recursos naturais e en capacidade laboral demostramos que temos potencial para reverter esa situación só precisamos outras políticas públicas para facelo posible.
#PensandoOFuturo
November 5, 2025 at 4:04 PM
Concerto de zanfona en homenaxe a Isaac Díaz Pardo
Hoxe mércores ás 19:30h con Miro Casabella e súa zanfona e a historiadora da Arte Rosario Sarmiento.
A RAG de Belas Artes dedica o Día Das Artes Galegas 2025 a Isaac Díaz Pardo e nós unímonos con esta actividade que xunta música e as Artes Plásticas
November 5, 2025 at 9:30 AM
Xoves 6 ás 19.30 h #PensandoOFuturo con Albino Prada, doutor en Economía: “Galiza, un país desnortado e minguante”. Non medramos en habitantes e a nosa poboación moza diminue de xeito alarmante. Vivimos nun país minguante mais con potencial para reverter esa situación con outras políticas públicas.
November 4, 2025 at 5:03 PM
“Encontro da Noite”, xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, protección da noite e posta en valor da paisaxe nocturna
Martes 4 ás 19:30 na Domus. Organiza Agrup Astronómica Io
A charla, que será impartida en inglés, correrá a cargo do astrónomo e divulgador estadounidense John C.
Barentine
November 4, 2025 at 10:02 AM
Presentación do documental "Meirás, cambio de relato"
🗓️ Hoxe luns 3 🕗 20 h. Recolle en 30 minutos a longa loita cidadá
Estades convidadas a este acto de homenaxe e reflexión sobre o que significa, hoxe, recuperar Meirás para o pobo galego: unha conquista simbólica da memoria e da dignidade colectiva
November 3, 2025 at 4:31 PM
🗓️ Xoves 6 ás 19.30h
Palestra de Albino Prada, doutor e profesor de Economía:  “Galiza, un país desnortado e minguante”
➡️ Entre 2000 e 2022, Galiza perdeu rumbo e poboación: de 750.000 mozas e mozos (2002) a 470.000 (2023).
Un país con potencial… pero sen norte.
#PensandoOFuturo
#GalizaMinguante
November 3, 2025 at 11:12 AM
Presentación do documental "Meirás, cambio de relato"
🗓️ Luns 3🕗 20 h 📍ACAB
Peza audiovisual impulsada pola AC Irmáns Suárez Picallo recolle en 30 minutos a loita cidadá e institucional pola recuperación do Pazo de Meirás para o pobo. Durante décadas, Meirás foi símbolo da impunidade franquista.
November 2, 2025 at 10:01 AM
Hoxe venres 31, ás 19.30 h, no Ágora conmemoramos estas datas con literatura e castañas:
Lectura teatralizada de Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, peza senlleira de Castelao. 
 Ao rematar a lectura, magosto no campo de chave. 
Organiza @gzcultura
October 31, 2025 at 1:31 PM