BNG - Parlamento galego
banner
parlamento.bng.gal
BNG - Parlamento galego
@parlamento.bng.gal
Actualidade parlamentar do Bloque Nacionalista Galego.
Pinned
Sigue toda a actualidade do grupo parlamentar do BNG nas nosas redes:

➡️ Facebook: facebook.com/bngparlamento
➡️ Twitter (X): x.com/bngparlamento
➡️ Instagram: instagram.com/bng.parlamento
Non queremos que se repitan máis historias como as de María Quintela ou como as centos de historias de familias rotas pola emigración forzada que segue vixente a día de hoxe.
February 10, 2026 at 7:50 PM
💶 ⚖️ O PP, tan rápido en ir á Xustiza para negarlle dereitos aos nenos e ás nenas migrantes, queda de mans cruzadas se hai que reclamar o financiamento da Lei da Dependencia. 

➡️ Pedimos que Xunta e Estado cumpran co Servizo de Axuda no Fogar. 
🗣️ Olalla Rodil @orodil.bsky.social
February 10, 2026 at 5:38 PM
🚑 O conselleiro de Sanidade veu presumir de plan para a Atención Primaria e Montse Prado leulle a cartilla con datos que desminten o seu relato trunfalista.

✖️O PP votou en contra de informar sobre o plan de saúde invernal, tal e como pedía o BNG.
BNG critica a falta dun plan para Atención Primaria dun PP que lles rouba ás galegas e aos galegos o dereito a unha asistencia sanitaria digna
Montse Prado: “Ven a Atención Primaria como cousa de andar por casa, atendendo doentes como se colocasen ladrillos ou apertasen tornillos” Denuncia que,...
www.bng.gal
February 10, 2026 at 4:15 PM
Reposted by BNG - Parlamento galego
Castelao é de todos e de todas, menos dos fascistas e dos seus herdeiros. O seu legado merece ser coñecido pese ao veto do PP.

Sempre Castelao, Sempre en Galiza.
February 10, 2026 at 12:15 PM
Reposted by BNG - Parlamento galego
▶️ Ana Pontón reivindica o BNG como a forza que defende os intereses de Galiza ante o Estado, “sexa quen sexa o inquilino da Moncloa”

▶️ Reta a Rueda a facer público no prazo dunha semana o acordo secreto que a Xunta ten con Altri
www.bng.gal/articulo/nov...
Ana Pontón reivindica o BNG como a forza que defende os intereses de Galiza ante o Estado, “sexa quen sexa o inquilino da Moncloa”
Reta a Rueda a facer público no prazo dunha semana o acordo secreto que a Xunta ten con Altri, logo que o TSXG admitise a trámite o recurso do Bloque Nést...
www.bng.gal
February 9, 2026 at 1:10 PM
👎 Fronte á chantaxe do PP co Servizo de Axuda no Fogar...

👉 No BNG temos propostas serias.

@orodil.bsky.social
February 9, 2026 at 3:14 PM
Como se lle pode agasallar ás eléctricas máis de 1,6M€ cando hai persoas pasando frío nas súas casas.

Imos levar esta cuestión ao pleno do Parlamento galego.

💬 @orodil.bsky.social.
February 9, 2026 at 1:11 PM
👉 Parte importante da caída explícase pola perda de actividade industrial, co caso de Alcoa como exemplo máis evidente.
👉 Mentres tanto, o goberno do PP fala de eficiencia, pero Galiza segue sen un Plan Galego de Aforro e Eficiencia Enerxética, con obxectivos claros, sectoriais e avaliábeis.
February 6, 2026 at 1:23 PM
📉 A demanda eléctrica en Galiza cae… pero non porque esteamos a aforrar mellor.

Os datos de Rede Eléctrica son claros: consumimos menos electricidade ca hai dez anos, pero isto non responde a unha electrificación real nin a políticas eficaces de eficiencia enerxética.
February 6, 2026 at 1:23 PM
O PP de Rueda rexeita a residencia pública de maiores que Cariño leva anos exixindo.

📢 Cun 36% de poboación maior de 65 anos, o concello carece de ningunha praza pública en residencia ou centro de día. A Xunta di que "non hai previsión orzamentaria".
PP rexeita a proposta do BNG de asumir a residencia de maiores de Cariño, un concello cun 36% de persoas maiores
Mon Fernández denuncia o abandono do goberno do PP dun concello onde o 36% da poboación supera os 65 anos e non hai unha soa praza pública para maiores A ...
www.bng.gal
February 6, 2026 at 11:25 AM
🚑 O colapso en Urxencias é constante: Corredores cheos de xente, falta de persoal médico, falta de intimidade e desenlaces fatales. Pero o PP di que todo ben.

🎦Iria Carreira
February 5, 2026 at 6:44 PM
➡️O acordo para o financiamento do SAF é unha chantaxe do PP na Xunta aos concellos, que terán que seguir pagando por un servizo que non lles corresponde.

➡️No BNG seguiremos defendendo un financiamento que cubra o custe real do servizo.
🗣️ Olalla Rodil @orodil.bsky.social
BNG critica a chantaxe da Xunta aos concellos cun acordo do SAF que aínda queda “moi lonxe” de financiar o seu custo real
Rodil esíxelle a Rueda que pague 20 € a hora e que inicie de inmediato accións legais oportunas para que o Goberno central asuma a súa parte
www.bng.gal
February 5, 2026 at 6:21 PM
Nos despachos da Consellería de Educación en San Caetano están ao quentiño mentres os nenos e as nenas do CEIP Luís Acuña de Ourense pasan frío e soportan humidades e pingueiras. 🥶

➡️Noa Presas urxe unha reforma integral do centro.
BNG denuncia que a reforma integral do CEIP Luis Acuña segue sen orzamento nin data de licitación e execución
Noa Presas denuncia a situación deplorable na que se atopa o centro: chove dentro, hai goteiras, cortes de luz e calefacción e vai frío nas aulas O PP pro...
www.bng.gal
February 5, 2026 at 6:04 PM
🤐 Sempre agradecidos polas comparecencias-propaganda do PP, pero nunca a conta do traballo para o que foron elixidas as nosas deputadas e deputados. 

🤐 O PP quérenos calados e caladas.
🗣️ Rosana Pérez
February 5, 2026 at 9:04 AM
👅 "Que desaparezan nomes e apelidos galegos ten consecuencias para o futuro da nosa antroponimia e da nosa lingua. "

➕ A Xunta de Rueda ten que facer campañas de información e sensibilización para que, quen queira, cambie o seu nome ou apelido.  

 🎥 Iria Taibo.
February 4, 2026 at 4:05 PM
ANPAS Galegas seguirá recollendo datos sobre a realidade das familias e a atención recibida.

O BNG apoia totalmente estas iniciativas en defensa do ensino público e do dereito a unha educación de calidade.
February 4, 2026 at 12:04 PM
É só un exemplo do problema estrutural: centros afogados, sen horas para atender necesidades, aplicar protocolos ou xestionar burocracia.

Tamén se valorou:
🔸 A falta de recursos na FP para alumnado NEAE.
🔸 A grave situación do acoso escolar.
February 4, 2026 at 12:04 PM
ANPAS Galegas exixe á Xunta solucións xa! Presentamos un escrito cunha lista de demandas:

✅ Máis apoio e reforzo para o alumnado que o precisa.
✅ Profesorado suficiente nos centros.
✅ Departamentos de Orientación reforzados.
✅ Compensación das horas reducidas en primaria.
February 4, 2026 at 12:04 PM
➡️ A Xunta actuou tarde e mal na mina de Monte Neme

➡️ Aínda que o PP vetou a comparecencia no Pleno da conselleira de Industria (ningunha sorpresa), no BNG imos pedirlle responsabilidades a través dunha pregunta

🗣️ Olalla Rodil @orodil.bsky.social
BNG esíxelle o PP na Xunta responsabilidades por ter actuado “tarde e mal” na explotación mineira de Monte Neme
“Hai xa moitos anos que a mina é un perigo e hai máis dunha década que deberan terse acometido actuacións de rexeneración”, advirte Olalla Rodil Pon...
www.bng.gal
February 3, 2026 at 3:39 PM
➡️➡️Igual que se evolucionou nas artes de pesca da sardiña, tamén se pode avanzar nas de explotación da ameixa e ameixón. I

👉 Iso pide Oscar Insua ao PP. A lei pódese cambiar, para mellorar as condicións de traballo dos e das mariscadoras.
BNG critica a cerrazón do PP a avanzar nas técnicas para apañar a ameixa coa técnica de mergullo en Corcubión
Óscar Insua empraza a Xunta a non escusarse no cumprimento da lei. “A lei cámbiase,  para iso estamos aquí, para mellorar a vida das persoas” "Im...
www.bng.gal
February 3, 2026 at 12:53 PM
Aumenta a precariedade e a desigualdade no País pero o PP non fai nada. A reforma da Lei de Inclusión Social leva no caixón hai case cinco anos.
February 2, 2026 at 1:07 PM
Segundo o informe Foessa, "a precariedade deixou de ser (en Galiza) unha situación transitoria para convertirse nun elemento constitutivo do modelo social".

Ter traballo xa non é garantía de vivir en condicións dignas.
February 2, 2026 at 1:07 PM
➡️O 43,8 % da poboación en Galiza ten unha integración precaria, é dicir, vive en situación de vulnerabilidade constante, ao borde da exclusión.

Hai 6 anos estaba nesta situación o 31 %
February 2, 2026 at 1:07 PM
Fronte á insensibilidade do PP diante do aumento da pobreza en Galiza, no BNG propoñemos:

🟠compatibilizar a Risga e IMV
🟠renda galega de inclusión social
🟠prestación completaria de vivenda
🟠regular a tarxeta básica para casos de emerxencia
🗣️ Luis Bara
🧵
BNG propón unha renda galega de inclusión para facer fronte ao aumento da precariedade e á desigualdade no País
Luís Bará advirte da situación de “auténtica emerxencia social” en Galiza, con case o 44 % da poboación ao borde da exclusión Acusa a Rueda de ser ...
www.bng.gal
February 2, 2026 at 1:07 PM
Reposted by BNG - Parlamento galego
Sanidade Pública. Sempre.
February 1, 2026 at 1:46 PM