Odafé
banner
odafe.me
Odafé
@odafe.me
Arrombador de bits e acumulador irredento de coñecemento inútil. Roñón experto. Repítome en @danfenz.dev
Leo sobre a existencia dun concepto chamado "taxa single" que, aparentemente, representa as penurias económicas asociadas a vivir só. E como pai de familia numerosa, o ataque de risa case me provoca un infarto.
November 14, 2025 at 8:26 AM
Unha consecuencia curiosa de ter nenos pequenos é que cando o robot aspirador remata o seu traballo non podes simplemente tirar no lixo o contido do depósito: antes diso tes que revisar minuciosamente o que aspirou, para rescatar as pezas de LEGO que estaban onde non debían. Óptimo para alérxicos.
November 12, 2025 at 8:29 PM
Levo tempo preguntándome se na Coruña os radares son carcasas baleiras, ou se polo contrario os taxistas gozan de inmunidade diplomática.
November 11, 2025 at 2:57 PM
Nas fotos do marketing de coches, que se ensina? O exterior e o posto de conducción.

Que parte deles non se ensina, non se dan datos sobre ela, e é sempre a menos coidada do coche e a feita cos peores materiais? Os asentos de atrás.

Que parte é a máis importante para as familias numerosas.
Exacto.
November 9, 2025 at 3:16 PM
Un dos momentos máis curiosos dos partidos en Riazor é cando poñen nos videomarcadores a cifra exacta de asistencia e un montón de miles de persoas berran "uuyyyy!!" como se o Dépor acabase de fallar unha ocasión.

Demasiado visio.
November 8, 2025 at 9:17 PM
E falando de libros e despois do fío de audiolibros do outro día, agora vai un de libros dixitais e de como abandonei hai algúns anos a plataforma Kindle e estou encantado de telo feito:
November 3, 2025 at 6:24 PM
Reposted by Odafé
Xa está a nova entrega de Astérix nas librarías! 📚
November 3, 2025 at 2:22 PM
Acabo de rematar "Fluke", de @brianklaas.bsky.social, e teño que recomendalo. Pola descrición inicial tiven medo de que fose un destes libros de autoaxuda… pero un par de historiadores que respecto falaban moi ben del, e decidín darlle unha oportunidade.

brianpklaas.com/fluke
Fluke — BRIAN KLAAS
brianpklaas.com
November 3, 2025 at 2:17 PM
Nótase que a auga vai cara que hoxe os de Gestagua botáronlle pouca ao cloro que sae pola billa. #morrointoxicado
November 3, 2025 at 7:13 AM
O Zaragoza ten unha pinta de Dépor de hai seis anos que dá medo, pobres.
November 2, 2025 at 9:52 PM
Os primeiros parágrafos da páxina da wikipedia sobre a Batalla de San Mamede en galego, portugués e castelán son máis que suficientes para exemplificar o desastre no que está inmerso o estudo dos séculos XI e XII (en realidade VIII a XII) no noroeste peninsular.
November 2, 2025 at 5:37 PM
Tras todos estes anos en que a tecnoloxía estivo aí, sorpréndeme que tantos deseñadores e fabricantes aínda non entendan a importancia de que os mobles cheguen enteiros ao chan ou alternativamente sexan altos abondo como para que o aspirador robot pase por debaixo.
November 2, 2025 at 3:21 PM
Ríndome. Supoño que nalgunha parte da CRTVG debería ser posíbel acceder ao directo do partido de copa do Dépor, pero a miña titulación de enxeñaría informática non parece ser suficiente para usar esta web. Seguramente iríame mellor cun curso de exiptoloxía xeroglífica. Menudo horror.
October 30, 2025 at 9:12 PM
Vai unha de audiolibros:

Na miña casa consumimos bastante audiolibro. Eu adoito poñerme podcasts ou audiolibros mentres fago tarefas para as cales a miña cabeza precisa dunha "onda portadora" (cociña, horta, transporte) e aos nenos gústalles escoitar algún libro para quedaren durmidos.
October 29, 2025 at 1:48 PM
O Dépor leva moitos anos con adestradores que usan un único sistema de xogo durante dez xornadas, e agora ten un adestrador que usa dez sistemas distintos nunha soa xornada.
October 19, 2025 at 7:26 PM
Unha cousa que sempre me chocou da publicidade de McDonald's é que chamen aos seus locais "restaurantes".
October 19, 2025 at 5:35 PM
Nos últimos 10 anos, as ferramentas de control parental dos dispositivos electrónicos melloraron moito. Concretamente evolucionaron de "atroces" a tan só "espantosamente malas". Parecen deseñadas por persoas que aprenderon o que era un "fillo" ou unha "familia" na wikipedia.
October 17, 2025 at 5:39 PM
Póñome a ler comentarios de noticias en La Voz de Galicia ás oito da mañá, e xa estou cabreado para todo o día.

É culpa miña.

www.lavozdegalicia.es/noticia/gali...
Máis horas en galego na escola e sen vetar materias, a achega máis frecuente dos cidadáns á reforma do plan de normalización
As comisións que redactan o documento entregarán o texto a finais de ano, para entrar en debate parlamentario no 2026
www.lavozdegalicia.es
October 15, 2025 at 6:27 AM
Os vídeos de Kurzgesagt sempre son interesantes, pero algúns datos deste son aterradores: 51% do tráfico de internet orixinado por bots. 37%, específicamente bots "malignos". Está quedándonos un internet precioso. E inútil.
AI-generated content is flooding the internet, and we're entering a new era of information overload. Watch our latest video to find out how AI slop affects the internet and why kurzgesagt videos will always remain human-made: https://kgs.link/AISlop
October 7, 2025 at 7:45 PM
Urxe lexislar estas cousas. Pedir un préstamo ten que volver ser complicado, precisar trámites, requirir algo máis que un par de clics. Os produtos de débeda son moi necesarios para a sociedade, pero hai tempo que cruzamos a liña do ético e está a facérselle dano a moita xente.
October 5, 2025 at 9:26 AM
Pasarán os anos e pasarán os adestradores, e ao Deportivo seguirán atragoándoselle sempre os famosos equipos "con oficio".
October 4, 2025 at 5:36 PM
O desprezo activo que manteñen moitos autores e editoriais no mundo académico pola publicación de obras en formato dixital é para botarse a chorar da impotencia. Que torpeza máis custosa para todos.
September 28, 2025 at 12:12 PM
Tardou moitísimo, pero un dos pesos pesados na xestión de redes sociais a nivel mundial, probabelmente o máis importante, xa soporta Bluesky.
Sky’s the limit for your social strategy: Bluesky is now in Hootsuite.

Whether you are new to the platform or well seasoned, Hootsuite is the tool to help you unlock your potential on Bluesky.

Schedule, publish, and track your Bluesky posts without leaving Hootsuite. Try it today 💙
September 25, 2025 at 10:38 PM
Consello gratis para os desenvolvedores de apps móbiles de banca: cando hai un problema no sistema e non é posíbel amosar as cantidades depositadas polo cliente nos seus produtos, DEBE aparecer unha mensaxe de erro. Por moito que iso non dea boa imaxe.

Moitísimo mellor que poñer "0,00€"

De nada.
September 25, 2025 at 5:29 PM
Fondos de pantalla de eido e horta (I)
September 24, 2025 at 5:55 PM