Manuel Veiga Taboada
banner
manuelveiga.bsky.social
Manuel Veiga Taboada
@manuelveiga.bsky.social
Doutor en socioloxía política. 27 anos en A Nosa Terra. A miña última novela, "Perder as bestas", premio da crítica española. Os xoves escribo en Nós Diario.
Manuel Sendón, fotógrafo, comisario de exposicións, impulsor, con X.L. Suárez Canal, durante anos, da Fotobienal, presentou onte un novo capítulo da serie "Espantallos".
February 12, 2026 at 7:44 AM
Venezuela: o exitoso ataque de EEUU fracasou á hora de intentar cambiar o goberno.
www.nosdiario.gal/opinion/manu...
Quen ganou en Venezuela?
A análise do que está a suceder en Venezuela esixe unha reflexión singular, dado que se trata, en boa medida, de algo novo. A agresión do 3 de xaneiro, tivo
www.nosdiario.gal
February 12, 2026 at 7:38 AM
Interesante análise sobre a limitación das redes aos menores de 16 anos. O que escribe Iria Veiga sempre está entre o mellor que publica Nós Diario.
www.nosdiario.gal/opinion/iria...
Redes
O anuncio da prohibición de acceso a redes sociais a menores de 16 anos paréceme problemático por múltiples motivos. Haberá que agardar para ver en que ...
www.nosdiario.gal
February 12, 2026 at 7:33 AM
Os deseñadores urbanos non contaban con isto. As imaxes da Virxe salvaron de atentados o metro de Medellín. Non é broma nin maxia. Aquí se explica.
February 11, 2026 at 11:21 AM
Interesante artigo de María reimóndez. Tal vez a lingua que nos une non é a lusofonía nin a hispanidade, senón a nosa posición subalterna, tan común no mundo.
www.nosdiario.gal/opinion/mari...
A lingua que nos une
Tantas veces temos escoitado esa expresión de "a lingua que nos une" para referirse ao castelán (coma se as outras linguas nos separasen), que non puiden evi
www.nosdiario.gal
February 11, 2026 at 8:52 AM
Os arredores de Monforte asolagados (Foto: Onda Cero).
February 9, 2026 at 6:25 PM
Un ensaio de Pablo Pesado sobre o realismo máxico galego, de Cunqueiro ao Freixanes de "O triángulo...", pasando por Torrente. Interesante e bo traballo. Por certo, o realismo máxico, como se di ao final, volve estar de actualidade, por exemplo no cine.
February 6, 2026 at 8:22 AM
A distancia entre unha parte da intelectualidade crítica e a sociedade.
www.nosdiario.gal/opinion/manu...
Ler moito e esquecelo todo
Hai algunhas semanas tomei da miña biblioteca o ensaio O malestar da cultura de Freud. Non lembraba telo lido, pero cando o abrín encontreime con mú
www.nosdiario.gal
February 5, 2026 at 7:22 AM
Miles de persoas defenden desde Compostela a sanidade pública na Galiza - www.nosdiario.gal/articulo/soc...
Miles de persoas defenden desde Compostela a sanidade pública na Galiza
A manifestación, convocada por SOS Sanidade Pública, denunciou a privatizacións dos servizos sanitarios e os recortes no sistema.  
www.nosdiario.gal
February 2, 2026 at 7:24 AM
Acabo de encontrar isto de marcapáxinas nun libro. Era un bono de axuda. Madrid 79-80.
January 31, 2026 at 9:53 AM
Exposición das portadas de Galaxia, no Marco de Vigo. En primeiro termo catro edicións de "Merlín e familia" de Cunqueiro.
January 30, 2026 at 8:29 PM
A caza como actividade extraescolar. Moi bo artigo de Rebeca Baceiredo.
www.nosdiario.gal/opinion/rebe...
O embrutecemento
A Xunta de Galicia anunciou subvencións para sufragar licenzas de caza entre adolescentes. Tralos incendios de verán, a conselleira de Medio Rural apareceu e
www.nosdiario.gal
January 30, 2026 at 7:29 AM
A crise do noso sistema vese nos modelos que nos ofrecen os medios. No mellor dos casos cantantes, actores ou futbolistas, ademais de toneladas de falabaratos. Non teñen nada mellor que ofrecer?
www.nosdiario.gal/opinion/manu...
Xa non hai santos nin heroes
Creo que foi o histórico dirixente do PCE, Simón Sánchez Montero, o que contou que, durante unha das súas estadías no cárcere, lera un libro de vidas d...
www.nosdiario.gal
January 29, 2026 at 8:00 AM
Bo artigo. Fran ten mirada e estilo propio.
www.galiciae.com/opinion/fran...
Iván quere unha escopeta
En materia de armas, dáme máis seguridade un cazador nonaxenario ca un novato motivado.
www.galiciae.com
January 28, 2026 at 7:45 PM
Aquí a nai de Donald Trump, Mary Anne MacLeod, nacida en Escocia. Aos 18 anos, en 1930, emigrou aos Estados Unidos, fuxindo da fame no seu país. En Nova York comezou a traballar de sirventa doméstica.
January 27, 2026 at 8:18 AM
Era o momento de poñer esta canción da miña infancia.
youtube.com/watch?v=vP0E...
MIKE KENNEDY - La Lluvia (1969)
YouTube video by Pedro Hernández
youtube.com
January 26, 2026 at 4:20 PM
Tecnoloxía dun redactor de A Nosa Terra a inicios dos 90. Só falta a cámara de fotos con carrete.
January 25, 2026 at 12:53 PM
A xente que reivindica o franquismo, como o malo coñecido, é porque se sinte derrotada e non ten ningún proxecto de futuro.
www.nosdiario.gal/opinion/manu...
Por que volve haber franquistas?
O franquismo volve ser reivindicado desde algúns sectores. Por que? O arxentino Rodolfo Walsh escribiu que "as masas non se repregan cara ao baleiro, senón a
www.nosdiario.gal
January 22, 2026 at 7:06 AM
Lugares de coñecemento ou centros de propaganda neoliberal? O papel dalgunhas grandes librarías como A Casa do Libro. Certeiro artigo de David Rodríguez.
www.nosdiario.gal/opinion/davi...
A 'enshitificación' do libro
As grandes cadeas de librarías preséntanse como templos da cultura, espazos onde o libro –artefacto historicamente asociado á emancipación– se ofrece...
www.nosdiario.gal
January 20, 2026 at 7:20 AM
Hai 40 anos (decembro 85) A Nosa Terra publicou esta gran entrevista de Antón Baamonde con Novoneyra. A foto é de Chus García. Lembro que a Manuel María e a Saleta non lles gustara nada ese primeiro plano. Viron ao seu amigo Uxío moi vello. A foto é boa, pero agora enténdoos mellor.
January 19, 2026 at 7:31 PM
Sobre o mito de San Sebastián. Unha exposición gráfica de X.M. Buxán Bran que hai que ver.
January 19, 2026 at 7:24 AM
Muralla do castelo de San Sebastián, en Vigo. Derrubada na súa maior parte para construír o actual concello.
January 18, 2026 at 10:29 AM