ghaivota
banner
ghaivota.bsky.social
ghaivota
@ghaivota.bsky.social
os comentarios gordofóbicos NON están xustificados en NINGÚN caso!!!*

*menos os que eu lle fago á miña gata. Aí si
November 14, 2025 at 5:27 PM
cando certa divindade creou o mundo elaborou certas cousas cuestionables, pero no de facer as aceitunas negras acertou
November 12, 2025 at 10:54 PM
hoxe fun a Trives, sitio chulo. Volverei con calma.

Esta foto ten todo o que me gusta. Alumeado de Nadal totalmente bárbaro. Unha tenda que se chama Manolo's. A festa da tipografía. Uralita de aillante. Unha galería nova de pvc e outra de madeira caendo a cachos. Unha antena de televisión.
November 11, 2025 at 8:57 PM
xusto esta semana estiven pensando en se me merecera a pena dedicarme a esto vendo as horas que lle boto, se non sería mellor conducir buses coma meu pai botar as miñas oito horiñas sentada daquí para alá e chegar á casa ca cabeza tranquila

pero pasoume rápido
É bastante doado pasar dun traballo especializado a un que non o sexa, e á inversa non tanto. Dígoo por se nalgún momento pensades, deus non o queira, que é boa idea dicir "oxalá estar limpando coma ti, non tes nin idea do difícil que é dar clase" (conversa de hoxe). Ten boa solución, amigo.
November 11, 2025 at 8:46 PM
unha do bloque occidental flipando con tanta caducifolia 💓💓💓💓
November 4, 2025 at 7:56 PM
dar clase nunha diversificación ten a súa parte divertida e recíproca

eu finxo que sei algo de xeografía e historia e o alumnado ensíname a falar castelán
October 14, 2025 at 11:14 AM
decidín que a partir de agora me vou agobiar por fascículos
October 13, 2025 at 9:41 PM
que emocionante mañán vai ser o meu primeiro día de folga como profe

aproveitarei para facer salsa de tomate
September 24, 2025 at 10:01 PM
vivir diante dun hospital comarcal dáche imaxes potentísimas

hoxe viñeron dous a urxencias nun quad que aparcaron facendo un trompo. Nada máis puro ❤️
September 24, 2025 at 9:59 PM
unha sempre volve a onde foi feliz (vin a Reis esta finde e xa tou berrando ca gata)
September 12, 2025 at 8:03 PM
Reposted by ghaivota
Feliç Diada a tothom! 🙃
September 11, 2025 at 10:14 AM
á Alba que onte fixo comida para unha familia de primates débolle moito (comer hoxe)
September 11, 2025 at 1:11 PM
Reposted by ghaivota
Una gran pintada con los nombres de niños gazatíes asesinados por Israel recibe a La Vuelta a España en El Bierzo
elbierzo.eldiario.es/comarca/gran...
September 10, 2025 at 12:33 PM
hoxe hai certo evento no barco

se Amaral sabe que puxeron "Días de verano" a toda pastilla para intentar silenciar os berros contra o xenocidio inda lle dá unha volta
September 10, 2025 at 11:14 AM
o ano pasao tiñamos ratos no departamento e algo me di que este ano tamén

nada en contra, pero xa que andan por aquí que lles dean unha titoría ou unhas horas de dinamización ou algo así nnsei
September 9, 2025 at 2:02 PM
Reposted by ghaivota
Por favor, que alguén me dea acceso a proens 😭
September 7, 2025 at 8:43 PM
catro días en Valdeorras e touno levando bastante ben, non sendo porque boto un pouco de menos a sintonía do chatarreiro que alá tiña como un radio de 100km
September 3, 2025 at 3:35 PM
intentarei publicar máis cousas porque supoño que sen actividade ningunha me seguirán saíndo señores en pelotas con estas bandeiras 🏳️‍🌈🇪🇺 no nome
September 2, 2025 at 5:10 PM
levo sete meses sen entrar neste sitio pero sabede que tou viva (é que non o sei usar)
September 2, 2025 at 4:24 PM
demasiadas horas como profe creo que vou pillar unha baixa destas estrañas por pé plano ou algo así

non me saía a palabra "descanso" e tiven que preguntar como se chamaba "o recreo dos partidos"
January 27, 2025 at 8:39 PM
Reposted by ghaivota
Curiosamente, un joven que no se deja manipular por nadie defiende las mismas ideas que los tres hombres más ricos del mundo.
Curiosamente, un joven que no se deja manipular por nadie defiende las mismas ideas que los tres hombres más ricos del mundo
Curiosamente, un joven que no se deja manipular por nadie ha empezado a defender las mismas ideas que los tres hombres más ricos del mundo. El joven, llamado Serapio Domínguez y natural de Zaragoza, l...
www.elmundotoday.com
January 24, 2025 at 11:46 AM
miña avoa a Ágatha Ruiz de la Prada chámalle "A Ghata Ruín" e non é en absoluto un apodo senón que está totalmente segura de que se chama así e bueno pois eu non lle digo nada porque non teño nada que lle corrixir... sendo francos
January 21, 2025 at 6:28 PM
migrei aquí a ver que había e séntese como dar unha volta por un súper novo que che abren despois de que o ultramarinos de toda a vida o colleran un par de pijos pa montar un café-brunch
January 14, 2025 at 8:13 PM