EMUGA | Emisoras Municipais Galegas
banner
emuga.bsky.social
EMUGA | Emisoras Municipais Galegas
@emuga.bsky.social
📻🎙️Dende 1988.
#Cultura | “Betanzos representa moito para nós, porque visitamos esta cidade medieval na nosa primeira viaxe a Galicia” afirman Helena e José, membros do dúo Barahunda que este venres ofrece o concerto “Fremosas” sobre cantigas de amigo e de amor.
February 4, 2026 at 9:28 AM
🙌Radiofusión abre os seus brazos a mulleres, homes, nenos e nenas que queren comunicar.

Unha oportunidade para denunciar as inxustizas, para traballar por un mundo mellor. A nosa misión é protexer a educación, a sanidade pública, a cultura galega.

▶️Colabora no portal teaming.net/radiofusion
January 30, 2026 at 9:47 AM
#Sociedade | O CIFP Compostela transformou ao longo de 2025 un total de 9.750 quilos de residuos orgánicos procedentes da súa cociña e comedor en compost de alta calidade, grazas ao seu sistema de compostaxe comunitaria instalado en Lamas de Abade.
www.radiofusion.gal/actualidade/...

#EMUGA
Experiencia pioneira e útil para a hostalería
2025: primeiro ano completo de actividade   A área de compostaxe comunitaria foi construída polo Concello de Santiago no outono de 2024 e entrou en funcionamento de maneira continuada en xaneiro de 20...
www.radiofusion.gal
January 20, 2026 at 12:33 PM
#VellasNovas | O primeiro venres negro foi en maio de 2018. Desde aquela a maior parte do persoal da CRTVG viste de negro todos os venres para demandar o cumprimento da lei por parte da Radio Galega e da Televisión de Galicia.
Defende a galega
Sobre esta iniciativa versa o faladoiro “Vellas novas” desta semana. Participan Carme Romero, Ana Santiago, Manuel do Val e Emilio Romero. Mércores 14 de xaneiro do 2026 Audiencias da televisión en Ga...
www.radiofusion.gal
January 16, 2026 at 12:36 PM
#Cultura | "Somos os sobriños e sobriñas de Marcos da Portela" afirma a Asociación de Medios en Galego. Reivindican o legado do poeta do século XVIII Marcos Peralta que viviu en Monteporreiro (Pontevedra) e a quen cita Martín Sarmiento nas súas copras.
January 15, 2026 at 9:32 AM
#VellasNovas | O matonismo parece imperar nas relacións internacionais en lugar do Dereito, da ética e do multilateralismo. Tamén o petroleo era a razón para o desembarco de EEUU en Venezuela e a captura do seu presidente Nicolás Maduro.
January 9, 2026 at 1:21 PM
#Cultura | Mirar por Galicia despídese da Cidade da Cultura o vindeiro domingo 11 de xaneiro superando xa as 34.000 visitas. Organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Castelao.

#EMUGA #SonRadiofusión

acortar.link/WGtck2
Castelao e a intelixencia artificial
Enmarcada na programación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con motivo do Ano Castelao, celebrado en 2025, trátase dunha experiencia inmersiva e divulgativa, que aposta por un uso ético e ...
acortar.link
January 5, 2026 at 12:39 PM
Annie Leibovitz (Connecticut, 1949) é a fotógrafa mellor pagada do mundo. Foi a última en fotografar a John Lennon antes do seu asasinato en 1980. A exposición da súa obra Wonderland pódese visitar no Centro MOP do Peirao da Batería da Coruña ata o 1 de maio

www.radiofusion.gal/actualidade/...
A intuición de Annie Leibovitz
"Adoito organizar o meu traballo de forma cronolóxica. As imaxes contan unha historia marcada polo tempo, por unha época. Pero hai fotografias que resoan con instantáneas de espazos e temporalidades d...
www.radiofusion.gal
December 31, 2025 at 10:44 AM
Dende as Emisoras Municipais Galegas desexámosvos un Bo Nadal🎄.
December 22, 2025 at 12:12 PM
Cantos de taberna este sábado no Son de Cociña. Dentro da programación do Nadal que anunciou en Radio Fene Mónica Cociña.

www.radiofusion.gal/actualidade/...
Animando as festas
“Son d cantos”, un grupo formado en Perlío en outubro de 2023, que ten as súas raíces na escola Bellón Maceiras, ofrece Cantos de taberna ás sete da tarde no Son de Cociña. Son 37 compoñentes proceden...
www.radiofusion.gal
December 20, 2025 at 11:14 AM
#Cultura | O galego é a décima lingua das 163 existentes na plataformas pública de datos de voz Common Voice, segundo se puxo de manifesto no encontro "Tecnoloxía en galego: resultados de Ilenia - Proxecto Nós".
O galego, vantaxe nas novas tecnoloxias
"Hai que educar ás persoas usuarias porque a intelixencia artificial fala doutro xeito" indicouse no acto no que se deron a coñecer distintos recursos de código aberto para a divulgación das posibilid...
www.radiofusion.gal
December 19, 2025 at 12:28 PM
#Cultura | Costa pelexar para manter as tradicións galegas fronte ás foráneas. O Samain e o Halloween, o Apalpador e o Papa Noel son diferentes modelos. "Hai outros paises do mundo que teñen unha conciencia de seu moito máis elevada" indicaron na tertulia "Vellas novas" desta semana.

#EMUGA
As tradicións son importantes
O Nadal co seu consumismo, continuas celebracións e felicidade obrigada. Un novo episodio de "Vellas novas". Imaxe de Emilio Romero, coordenador de "Vellas novas". Fotografía Xan Xe
www.radiofusion.gal
December 19, 2025 at 12:18 PM
#DePuñoYLetra | Espido Freire, con "Melocotones helados", é a protagonista do último episodio deste podcast adicado ás escritoras máis internacionais que vos temos ofrecido da man de “De puño y letra”.

#SonRadiofusión #EMUGA
“De puño e letra” con Espido Freire
“Melocotones helados” conta a historia de tres xeracións unidas pola traxedia, o desterro e o esquecemento. A autora definiuna como «unha historia de procura e perda de raíces». Esta novela, que acado...
www.radiofusion.gal
December 17, 2025 at 10:10 AM
#DePuñoYLetra | A Galicia dos anos cincuenta é o marco no que se desenvolve “Las inviernas” o libro de Cristina Sánchez Andrade, que hoxe comentan as nosas compañeiras neste capítulo de “De puño y letra”.

#SonRadiofusión #EMUGA
“De puño e letra” con Cristina Sánchez Andrade
Dúas irmás regresan á Terra Chá despois dunha longa ausencia, moi unidas por un feito escuro cometido no pasado, e tamén pola súa paixón polo cine e a vida dos artistas de Hollywood.  Volven á que foi...
www.radiofusion.gal
December 16, 2025 at 9:32 AM
#Podcastelao | Chegamos ao derradeiro encontro, este é o capítulo final de "Matar as horas de nostalxia. Podcastelao" adaptación da obra de Castelao “Os vellos non deben de namorarse” que ten dirixido Eugenia Sanmartín co guión de Antonio Tizón e a banda sonora de Antón Ramos.

#EMUGA #podcast
Moito me gustas rianxeira...!
Os tres vellos métense nas súas tumbas. E a min... tócame despedir esta homenaxe ao grande Castelao que tamén dorme no seu mausoleo... sempre en Galiza, sempre no noso, no meu país.
www.radiofusion.gal
December 16, 2025 at 9:30 AM
#DePuñoYLetra | O relato «Un corazón demasiado grande», no que se basea a película “Los Destellos” de Pilar Palomero, será o relato protagonista da conversa de hoxe en “De puño y letra” con Eider Rodríguez.

#EMUGA #SonRadiofusión
“De puño e letra” con Eider Rodríguez
Os relatos de Eider Rodríguez, Premio Euskadi de Literatura, teñen a virtude de deixar unha profunda pegada na mente do lector. A súa voz inclemente indaga na cotidianidade da clase media vasca e nas ...
www.radiofusion.gal
December 15, 2025 at 10:03 AM
#Podcastelao | Poñemos o peche ao último lance deste “Matar as horas de nostalxia. Podcastelao”, iniciativa en homenaxe a Castelao e á súa obra de teatro "Os vellos non deben de namorarse". Farémolo onde rematan moita historias, no cemiterio.

#Radiofusión #EMUGA
Saluten pluriman!
Estamos nos meus dominios de novo, queridos oíntes. No ceo da noite reluce unha gran lúa chea. Os esqueletos de Don Ramón e o Boticario latrican sentados no valado de cemiterio. De seguida aparece tam...
www.radiofusion.gal
December 15, 2025 at 9:59 AM
#DePuñoYLetra | Laia Perearnau preséntanos neste “De puño y letra” de hoxe a historia dunha muller que arriscaba a súa vida contra os nazis na II Guerra Mundial.

#SonRadiofusión #EMUGA

acortar.link/yNe3a2
| Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas
acortar.link
December 14, 2025 at 9:54 AM
#Sociedade | Nestes dias procédese a repoñer o empedrado do Cantón Grande da Coruña. A obra realizarase xa en marzo de 1890, desempeñando daquela un papel fundamental, José López Trigo, propietario da fábrica de tecidos do Seixo en Mugardos.

#SonRadiofusión #EMUGA
acortar.link/OGdWpU
O primeiro empedrado do Cantón
Diante da delicada situación das finanzas municipais na época, López Trigo e a Sociedad Crédito Gallego encargaronse da subasta, adxudicación e financiación da obra. Trigo era o presidente da entidade...
acortar.link
December 13, 2025 at 9:42 AM
#DePuñoYLetra | Unha historia para rir, chorar e reconciliarse coa vida é a proposta que compartiremos hoxe con Regina Rodríguez, a autora convidada neste capítulo de “De puño y letra”.

#SonRadiofusión #EMUGA
acortar.link/8tu92G
| Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas
acortar.link
December 13, 2025 at 9:38 AM
#DePuñoYLetra | Coñeceremos neste episodio de “De puño y letra” a novela de Anna Ballbona “No estoy aquí”.

#SonRadiofusión #EMUGA
“De puño e letra” con Anna Ballbona
Mila, a narradora desta novela, creceu a finais do setenta nun barrio apartado e mal urbanizado, encaixonado entre unha autoestrada, un cemiterio e un polígono industrial. Filla de payeses que tiveron...
www.radiofusion.gal
December 12, 2025 at 10:28 AM
#Podcastelao | Novo episodio da adaptación radiofónica de "Os vellos non deben de namorarse"👇🏼

#Radiofusión #EMUGA
Roncar e fungar!
Ela casouse cun vello  non sei que estaba pensando! O vello, funga que funga, toda a noite está fungando. Antonio Tizón é o responsable do guión deste podcast que adapta para a radio “Os vellos non de...
www.radiofusion.gal
December 12, 2025 at 10:26 AM
#DePuñoYLetra | “Mejor la ausencia” preséntanos unha familia destruída, atravesada pola violencia da súa contorna. Amaia, a pequena de catro irmáns, narra esa contorna brutal desde a súa mirada de nena e adolescente.

#SonRadiofusión #EMUGA
“De puño e letra” con Edurne Portela
Medrar sempre implica algunha forma de violencia, contra un mesmo ou contra aqueles que queren impor a súa autoridade. Cando ademais a vida transcorre nun pobo da marxe esquerda do Nervión durante os ...
www.radiofusion.gal
December 11, 2025 at 10:49 AM
#Podcastelao | Antonio Tizón é o responsable do guión deste podcast que adapta para a radio “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao. A dirección é de Eugenia Sanmartín e conta cunha banda sonora composta por Antón Ramos.

#EMUGA #Radiofusión #podcast
E se son desgraciada?
.- Veño da vila e lembreime de ti, sabes? Tráioche un regaliño... É pouca cousa en comparanza co que che daría se quixeses. .- Moitas grazas, señor Fuco, pero eu non me vendo. Antonio Tizón é o respon...
www.radiofusion.gal
December 11, 2025 at 10:46 AM