O Necorinha Bolchevique
chaoticmalpican.bsky.social
O Necorinha Bolchevique
@chaoticmalpican.bsky.social
A miña casa non quero que veñas.
Con un axeitado sistema ben longo de cordas e poleas estou totalmente seguro de que podo estar na misa é repicando.
October 7, 2025 at 4:03 PM
Acabei xa a segunda tempada de Panty and Stocking. Agora a agardar outros 15 anos pola terceira.
October 6, 2025 at 10:40 PM
Oh, que tipo tan guapo. A ver se se senta ó meu lado. Era unha lesbiana. Maldita sexas, Judit Butler.
September 16, 2025 at 7:39 PM
O gatómetro indica vaga de calor.
August 16, 2025 at 1:14 PM
Teño que aprender a pintar caralladas na cousa esta dos mapas. Que me parece fatal que non haia un retrato de Miro Pereira.
August 16, 2025 at 9:32 AM
E non había outro nome pa poñerlle ó programa che?
August 5, 2025 at 1:57 PM
En Twitter xa non se poden ver nudes, Elon Musk expulsoume definitivamente.
July 27, 2025 at 1:15 AM
Alguén lle está dando hormonas ás vacas, as moscas comen a súa caca e agora fanse xigantes. É a única explicación que teño a por que a miña casa está sendo invadida por moscas tamaño TIE fighter.
July 26, 2025 at 12:48 PM
Tiven que ir pedir cita no médico, que teño un tapón no oído. A miña avoa dime "Neno, pon a mesa!" e nada. Pensou que era tonto.
July 15, 2025 at 6:15 PM
Cando @nigromante.bsky.social estivo en China mandeille unha foto de Winnie the Pooh por Telegram e ela abriuna toda inocente no medio do aeroporto de Shangai porque non sabe nada do temiña que hai con Winnie the Pooh e Xi Jinping. De todas as bromas que lle fixen nunca creo que foi a mellor.
June 26, 2025 at 9:31 PM
Hoxe preguntáronme se vivía ca moza.
June 8, 2025 at 10:03 PM
-Os meus pensamentos intrusivos no traballo:
Fas todo mal, se o traballo sae adiante é pola inercia do ben feito que deixaron os compañeiros, isto é un desastre...

-Eu a min mesmo:
Non, iso é síndrome do impostor. Sobreponte, estás facendo as cousas ben, sigue e non te deixes levar pola ansiedade.
June 4, 2025 at 8:40 PM
O meu pai falando mal dos seus sobriños porque son uns precarios sen futuro.
Eu:
a man with a mustache is looking out the window of a red peacock car
ALT: a man with a mustache is looking out the window of a red peacock car
media.tenor.com
May 28, 2025 at 11:14 PM
Son o primo gay da familia pero a miña total incapacidade de atopar relacións estables impide a maioría de mecánicas familiares con primo gay.
May 20, 2025 at 6:38 PM
-Estou vendo Andor e que malo é o Imperio, queren destruir Ghorman.
-Ghorman é o equivalente de Francia en Star Wars.
-
May 10, 2025 at 1:57 PM
Mostrándome moi enfermo ante os meus compañeiros de piso por se deciden comerme.
April 28, 2025 at 3:43 PM
O meu racismo interiorizado é crerme Deus cada vez que derroto nun videoxogo online a alguén co nome escrito en hiragana.
April 25, 2025 at 6:21 PM
Hoxe vin unha parella de heteros moi noxenta pola rúa pero finalmente foi ben porque cando pasei a carón deles resulta que eran lesbianas e unha era butch.
April 23, 2025 at 4:38 PM
Oxalá que algún dos descartes a novo papa monte unha escisión despois das eleccións e se líe. Levamos moito tempo sen un antipapa importante en Europa e iso sempre dá xogo.
April 21, 2025 at 7:10 PM
Feliz domingo de Pascualiño.
April 20, 2025 at 10:53 AM
Non sei por que tanta hostia na Biblia con María Magdalena cando o shippeo obvio para Xesús é o discípulo amado. Hostia puta, que lle chaman literalmente "discípulo amado". Máis claro non cho poden dar.
April 19, 2025 at 3:52 PM
-Xudas: Aquel a quen eu bique, ese é.
-O discípulo amado cando o ve:
a young man with long black hair and a red ponytail looks at the camera
ALT: a young man with long black hair and a red ponytail looks at the camera
media.tenor.com
April 19, 2025 at 3:50 PM
Coñecín ás miñas parellas:

coñecín ás miñas parellas:

1. uni
2. un baño en vilagarcía?
3. twitter/amizades en común?
conocí a mis parejas:
1. insti
2. twitter
3. overwatch
4. por un amigo de twitter
5 y 6. twitter
7. insti
8. por une amigue que hizo una fiesta
April 18, 2025 at 1:23 PM
A maior proba de que a miña avoa vai ben do corpo é que cando paseamos con ela sempre prefire engancharse do meu brazo. Do meu, que son o único neto gay que ten, pasiva ademáis. Imaxinade a que velocidade podo andar.
April 17, 2025 at 10:10 AM
-A miña avoa: É raro que fagades o que vos mando! Nunca me facedes caso!
-A miña avoa tamén: Limpade o tellado da casa cun cepillo de dentes.
April 15, 2025 at 5:00 PM