BNG de Nigrán
banner
bngdenigran.bsky.social
BNG de Nigrán
@bngdenigran.bsky.social
Microblogue do BNG Nigrán. Información en pequenas doses sobre o noso labor a prol dun Nigrán e dun País máis noso.
Local na Rúa Argonautas 34 entrechán, A Ramallosa.

https://linktr.ee/BNGNigran
@xavierbnigran.bsky.social: “Este acordo priva á veciñanza de Nigrán dunha infraestrutura imprescindíbel para corrixir a carencia que o concello ten neste ámbito”.

(Imaxen do Faro de Vigo)

nigran.bng.gal/articulo/pol...
O Goberno de Nigrán renuncia á instalación dun centro de día no antigo centro de saúde de Panxón
@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { line-height: 115%; margin-bottom: 0.25cm; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; t...
nigran.bng.gal
January 27, 2026 at 3:04 PM
O próximo domingo 1 de febreiro temos que encher as rúas de Santiago. Defendamos a Sanidade Pública. #SanidadePublica
January 25, 2026 at 1:13 PM
As inclemencias meteorolóxicas non pararon á veciñanza na súa solidariedade con Palestina. Ante un acordo de paz que non se cumple, seguimos saíndo ás rúas da Ramallosa para gritar alto e forte: Desde o río ate o mar, Palestina Vencerá. 🇵🇸🇵🇸🇵🇸
January 12, 2026 at 9:03 PM
Artigo do noso portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social en A Nova Peneira

nigran.bng.gal/articulo/pol...
A licitación do novo contrato de recollida de residuos de Nigrán
    Artigo do noso portavoz municipal en A Nova Peneira
nigran.bng.gal
January 2, 2026 at 3:15 PM
✨🎉 Dende o BNG de Nigrán queremos desexarvos un feliz 2026 🎉✨

Que este novo ano veña cargado de forza colectiva, solidariedade e ilusión para seguir construíndo un Nigrán máis xusto, sostible e ao servizo da veciñanza.
December 31, 2025 at 3:54 PM
Carmela González, deputada do BNG: “O PP priva a veciñanza do Val de Miñor dun incremento imprescindible para corrixir a marxinación que as contas de Rueda supoñen tanto para os tres concellos no seu conxunto como para cada un por separado”

nigran.bng.gal/articulo/pol...
O BNG no Val Miñor denuncia que o PP actúa contra os intereses da veciñanza do Val de Miñor
@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } h2 { margin-top: 0.35cm; margin-bottom: 0.21cm; background: transparent; page-break-after: avoid } h2.western { font...
nigran.bng.gal
December 30, 2025 at 8:35 PM
Derradeiro vídeo onde o noso portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social fala das irregularidades do contrato do lixo no Concello de Nigrán. #Lixo #Irregularidades
December 29, 2025 at 7:31 PM
NOS MEDIOS: A deputada Manuela R. Pumar defendeu hoxe no Pleno provincial que o goberno galego debe garantir os intereses e necesidades das persoas usuarias do transporte na zona, nunha emenda á moción que saíu adiante.
telemarinas.com/o-bng-insta-...

#Nigrán #ValMiñor #Autobús
December 26, 2025 at 8:01 PM
Seguimos cun vídeo no que o noso portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social, analiza o intento de favorecer unha determinada oferta por riba doutras e cuestiona como vai explicar o goberno municipal de Nigrán a suba da taxa do lixo.
December 22, 2025 at 7:33 PM
Para a veciñanza de Nigrán á cál non lle chegou ás súas casas e para a veciñanza do Val Miñor e xente en xeral, deixamos aquí o boletín de novembro-decembro do 2025.
December 19, 2025 at 5:16 PM
December 18, 2025 at 10:07 PM
Hoxe traemos un vídeo onde o noso portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social expón algunhas das irregularidades do contrato do lixo e limpeza viaria, irregularidades que non veñen de agora. #Lixo #Irregularidades
December 17, 2025 at 5:47 PM
O xenocidio aínda non rematou.
A violencia, os bombardeos e o castigo colectivo contra o pobo palestino continúan ante a pasividade da comunidade internacional. Non imos mirar para outro lado.
✊ Hoxe saímos á rúa para dicir alto e claro:
Palestina libre. Palestina Vencerá. 🇵🇸🇵🇸🇵🇸🇵🇸🇵🇸
December 15, 2025 at 8:44 PM
O xenocidio continúa, o acordo de paz non é tal e o pobo palestino segue sufrindo mentres os gobernos do mundo miran cara outro lado. O próximo luns 15 ás 20H volvemos saír ás rúas da Ramallosa unha vez máis. #GalizaConPalestina #ParemosOXenocidio #PalestinaVencerá
December 12, 2025 at 4:58 PM
Por se non fora suficiente a suba das taxas provocada polo ineficiente modelo de SOGAMA, en Nigrán aínda se aumentará máis do necesario debido ao incremento artificial do custe do servizo. #Lixo
#Nigrán

nigran.bng.gal/articulo/pol...
O alcalde de Nigrán rexeita cesar ao concelleiro de vías e obras pero tampouco desacredita a súa actuación na contratación do servizo de recollida de residuos
@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { line-height: 115%; margin-bottom: 0.25cm; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline }   Ao igual...
nigran.bng.gal
December 10, 2025 at 2:00 PM
Desde o BNG de Nigrán animamos á veciñanza a acudir ao pleno extraordinario polo contrato do lixo e residuos urbáns que terá lugar mañán ás 11H no salón de plenos do Concello.
December 9, 2025 at 8:46 PM
Este domingo, desde o BNG de Nigrán chamamos á veciñanza do noso municipio e do Val Miñor a encher Santiago e dicir alto e claro, ALTRI NON!
Porque Galiza merece un futuro limpo, vivo e noso. Porque sen presión social non hai cambio. Porque o país é de quen o defende. #ALTRINON
December 9, 2025 at 2:35 PM
Este xoves 4 de decembro de 2025 ás 19:00, saímos á rúa desde a Praza de España (dos Cabalos) para defender o que é noso:

✚ Máis Atención Primaria
✚ Máis Atención Hospitalaria
✚ Máis Sanidade Pública
✚ Reconstruír a Área Sanitaria de Vigo

Porque a saúde non é un negocio. #SanidadePública
December 1, 2025 at 3:58 PM
@xavierbnigran.bsky.social: "O goberno de Nigrán tivo a oportunidade de actuar a favor da transparencia e a limpeza do proceso e decidiu actuar a prol da ocultación”.
nigran.bng.gal/articulo/pol...
O Alcalde de Nigrán rexeita devolver ao Pleno as competencias delegadas en relación coa contratación do servizo de recollida de residuos urbanos
  @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { line-height: 115%; margin-bottom: 0.25cm; background: transparent } a:link { color: #000080; text-decoration: underline } A proposta do BNG, que pre...
nigran.bng.gal
November 28, 2025 at 1:48 PM
November 22, 2025 at 8:03 PM
O noso portavoz municipal, @xavierbnigran.bsky.social eleva unha proposta ao Pleno para que recupere a competencia delegada á vista das irregularidades feitas públicas pola formación nacionalista

nigran.bng.gal/articulo/pol...
O BNG esixe a devolución ao Pleno das competencias sobre a contratación do servizo de recollida de residuos urbanos delegadas no alcalde
  @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { line-height: 115%; margin-bottom: 0.25cm; background: transparent } a:link { color: #000080; text-decoration: underline } A tramitación, lonxe de ax...
nigran.bng.gal
November 21, 2025 at 2:44 PM
A pesar das inclemencias climáticas, veciñas e veciños do Val Miñor saímos unha vez máis ás rúas da Ramallosa para seguir denunciando o xenocidio en Gaza, porque o xenocidio non parou, Israel segue asasinando saltándose o alto ao lume. #GalizaConPalestina #ParemosOXenocidio #PalestinaVencerá 🇵🇸🇵🇸🇵🇸
November 13, 2025 at 8:14 PM
Este sábado ás 12H estaremos no izado da bandeira no Paseo da Ribeira de Baiona. 📢Vía Galega impulsa actos por toda Galiza de izamento da bandeira galega en conmemoración da I Asemblea Nacionalista, a cal tivo lugar en Lugo os días 17 e 18 de novembro de 1918.
November 13, 2025 at 2:45 PM
O xenocidio non rematou, Israel segue a asasinar, saltándose a tregua. Por iso, e polo silencio dos gobernos, volvemos saír ás rúas da Ramallosa este xoves 13 ás 20 h, na rotonda fronte á capela de San Campio.
#GalizaConPalestina #PalestinaVencerá #PalestinaLibre
November 10, 2025 at 11:47 AM