Berta Dávila
banner
bertadavila.bsky.social
Berta Dávila
@bertadavila.bsky.social
Escribo e leo. «A ferida imaxinaria» (Xerais, 2024). Tamén «La herida imaginaria» (Destino) e «La ferida imaginària» (Les Hores).
Pinned
O poema no que Frank O' Hara di: "Prefiro mirarte a ti que a calquera dos retratos que hai no mundo, excepto talvez o retrato do Xinete Polaco de Rembrandt que, de todas formas, está no museo Frick onde, por sorte, ti aínda non estiveches, así que podemos ir xuntos por primeira vez." ❤️🥺
Reposted by Berta Dávila
⚡️El 24 i 25 d'Octubre @bertadavila.bsky.social , autora d'Els éssers estimats i La ferida imaginària a #KOSMOPOLIS25 
🗓️ 24/10 a les 18h, Els Vincles ferotges, amb Carla Simón i Eduard Sola
🗓️25/10 a les 19.15h, Galícia: latitud radical, amb Yolanda Castaño, Mercedes Peón
⚡️Us hi esperem!
October 19, 2025 at 9:01 AM
"La jardinería es un buen entrenamiento para un novelista. Se aprende a ser paciente, se aprende a hacer concesiones, se aprende a redefinir la propia visión y ambición, se aprende a dejar de ser perfeccionista. Un jardín también es un buen entrenamiento para la vida."
October 19, 2025 at 9:08 AM
A canción de Teo Cardalda é como o solpor ou a risa dun bebé: ningún comentario que poidamos facer ao respecto é capaz de explicar realmente as sensacións que provoca.

Es un piano en la autovía,
Inditex y Rosalía.
a drawing of a chalice with a white bread in it
ALT: a drawing of a chalice with a white bread in it
media.tenor.com
October 15, 2025 at 2:16 PM
A finais deste mes estarei en Kosmopolis! ✨
October 10, 2025 at 9:54 AM
Tratando de resolver caso por caso a tensión entre o rexeitamento que me produce o artista que nunca opina de nada e a quen nada do que pasa no mundo lle atinxe e o rexeitamento que tamén me produce a instrumentalización do posicionamento político en redes como forma de autoproxección. 🧐
October 2, 2025 at 2:59 PM
Este libro de Oihane Amantegi que hoxe chega ás librarías é 👌🏻.
October 1, 2025 at 4:04 PM
O venres empeza a SELIC!
E esta fin de semana Rodolfo e Priscila estaremos facendo cousas na feira. Vide! ❤️
October 1, 2025 at 12:10 PM
eu: metéronme vinte puñaladas
miña nai: e o neno que tal? está contento? cando empeza o cole?
eu: "Me han metido veinte puñaladas".
miña nai: "Algo habrás hecho".
eu: metéronme 20 puñaladas
miña nai: ah, moi ben, e agora?
August 31, 2025 at 2:16 PM
Xa refresca ás noites
August 28, 2025 at 7:51 PM
Temos libro novo en Rodolfo e Priscila! ❤️
August 27, 2025 at 10:23 AM
Setembro está á volta e en Rodolfo e Priscila temos moitas cousas que contarvos. Veñen fermosos encontros e actividades, libros novos que coñeceredes pronto, un novo sistema de distribución que levará os nosos títulos a todas as librarías galegas e...

✨unha subscrición anual!✨
August 26, 2025 at 9:06 AM
O que di a pancarta da manifestación de Vigo: "Non ao plan forestal do PP".

O que di a locución do telexornal da TVG, que amosa imaxes (sen pancartas) da mesma manifestación: "Esta tarde celebráronse concentracións nunha vintena de concellos galegos para protestar contra os incendios".
August 22, 2025 at 7:43 AM
Hai moitas formas de provocar un incendio: prenderlle lume ao monte, pechar servizos no rural ata baleirar as aldeas, fomentar a especulación forestal, gobernar para as empresas e contra a natureza, negar o cambio climático, desmantelar a prevención. Só a primeira é ilegal.
August 20, 2025 at 8:08 AM
PELI DE TARDE: Desde que Alfonso ocupa ese puesto tan importante, su mujer siente que está descuidando su matrimonio. Para arreglar las cosas, él le promete que pasarán juntos el día de su cumpleaños. Pero cuando llega el día, una emergencia en el trabajo lo impide... Lo comprenderá ella?
August 17, 2025 at 3:54 PM
Para que unha pequena editora galega valore o teu libro creo que non é preciso elaborar un dosier pseudoprofesional cheo de apartados. Un correo breve e concreto, explicando quen es e de que vai o proxecto, co libro en anexo, é máis que suficiente, polo menos para min. Síganme para más consejos. 😊
August 13, 2025 at 8:55 AM
Reposted by Berta Dávila
Berta Dávila e a experimentación, das novelas aos guións de cine

😍Unha crónica da conversa que mantiven con @bertadavila.bsky.social no festival Abride a fiestra da @casaderosalia.bsky.social
praza.gal/cultura/bert...
Berta Dávila e a experimentación, das novelas aos guións de cine - Praza Pública
A escritora compostelá conversou no festival Abride a fiestra da Casa de Rosalía arredor da súa última novela, a que está por vir e sobre a aventura de escribir a catro mans co cineasta Álvaro Gago o ...
praza.gal
August 1, 2025 at 9:16 PM
Fun informada polo meu fillo, que foi onte a Lugo, de que a muralla romana está toda enteira.
July 19, 2025 at 9:58 AM
Abrín esta especie de boletín en Substack onde irei escribindo ✨cousas✨ de vez en cando. Podes subscribirte nesta ligazón de abaixo para que os novos posts cheguen ao teu email. A min faríame bastante ilusión.

🔗 bertadavila.substack.com

Velaquí a primeira entrega! 🪤⛰️🫧
July 15, 2025 at 12:40 PM
Reposted by Berta Dávila
hui us recomane un llibre amb una gran aventura i molt d’humor.

perfecte per a lectors/es a partir de 10 anys (i, per tant, per a totes les edats).

El concurs dels Millors Invents, Berta Dávila. Trad. Sebastià Portell

sembrallibres.com/llibres/el-c...
July 9, 2025 at 9:11 AM
Coplas que encontro facendo unha revisión da música popular galega:

Miña nai matou un merlo
e meu pai unha paxara,
alegría, meu irmán-e,
que esta noite hai paxarada.

Miña nai deume unha tunda
co aro dunha peneira.
Miña nai, teña vergonza
que vén a xente da feira.

🥲
July 11, 2025 at 2:06 PM
Mañá viaxo a Italia para participar no festival do "Premio Ostana - Scritture in Lingua Madre".

Arredor diso escribin para Il Manifesto sobre as tensións entre a identidade lingüistica, a memoria política e as posibilidades da ficción na escrita literaria contemporánea nunha lingua minorizada. ✨
June 25, 2025 at 8:25 AM
«Poetas, baixade ás rúas do mundo unha vez máis/
e abride as vosas mentes e os vosos ollos (...)/
Limpade as vosas gorxas e proclamade:/
A poesía morreu, longa vida á poesía.
(...)/
Non agardedes pola revolución
ou acontecerá sen vós.»
June 24, 2025 at 12:36 PM
Reposted by Berta Dávila
Boa noticia a devolución das estatuas de Mini e Mero.
June 19, 2025 at 2:00 PM
Cando unha frase se atasca e fas un cambio pero ao darlle outra lectura tamén se atasca e entón volves poñela como estaba e entras en bucle: a mellor versión o 80% das veces é a primeira; a solución o 80% veces é quitar a frase e o 20% das veces aparece soa meses despois. Síganme para más consejos.
June 15, 2025 at 7:39 PM
Reposted by Berta Dávila
✨ Berta Dávila, Premio Ostana 2025 polo seu compromiso coas linguas minorizadas

📚 A organización do galardón recoñece "a súa capacidade de renovar a linguaxe literaria cunha voz auténtica e orixinal"

www.nosdiario.gal/articulo/cul...
Berta Dávila, Premio Ostana 2025 polo seu compromiso coas linguas minorizadas
A organización do galardón recoñece "a súa capacidade de renovar a linguaxe literaria cunha voz auténtica e orixinal"
www.nosdiario.gal
June 13, 2025 at 10:21 AM