belenregueira.bsky.social
@belenregueira.bsky.social
O audiovisual é un sector puxante e estratéxico; e o xornalismo que informa sobre el?

O mércores 26 de novembro, na Casa da Luz de Pontevedra @angelsuanzes.bsky.social, María Guerra e @andreavife.bsky.social conversan no encontro ‘Informar sobre cine’.

Inscríbete! buff.ly/x7WcPMm
November 14, 2025 at 2:35 PM
‘Comunicación corporativa: comunicar con estratexia’. Tres webinars que poden seguirse en directo e en diferido (11, 13 e 17 de novembro) e unha xornada presencial na Facom de Santiago o día 20.
O Colexio de Xornalistas organiza nas mañás do 11, 13 e 17 de novembro 'A #comunicacióncorporativa: Comunicar con estratexia', un ciclo de seminarios online realizados coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da @facom-usc.bsky.social.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
November 2, 2025 at 8:26 AM
Xornalista, aínda non estás colexiadx?

Coléxiate agora: aforras as taxas iniciais e non pagas cotas ata 2026 😎
xornalistas.gal/colexiate/
📢Lembra que con motivo dos #25AnosDoCPXG o Colexio segue mantendo aberta a promoción pola que as e os xornalistas que se dean de alta neste 2025 non terán que pagar os gastos iniciais de colexiación. Aproveita e coléxiate en defensa da profesión!
www.xornalistas.gal/novas-evento...
November 1, 2025 at 8:47 AM
Formación sobre o tratamento informativo das violencias machistas nas redaccións dos medios galegos.

Un proxecto moi importante para o Colexio de Xornalistas, froito de anos de traballo das nosas compañeiras.
O CPXG levou ao @farodevigo.es , grazas ao convenio coa Consellería de Politica Social e Igualdade no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, o primeiro obradoiro nas redaccións sobre tratamento das violencias machistas, impartido por Fátima Frieiro
xornalistas.gal/novas-evento...
October 23, 2025 at 11:42 AM
Que interesante foi escoitar a @laragrana.bsky.social, Alba Chao, Ángel Paniagua e @sertalc.bsky.social

O bo xornalismo hai que celebralo, difundilo e explicalo, e iso fixemos onte en Vigo no primeiro Encontro de xornalismo social #SomosEsenciais
O Encontro de Xornalismo Social #SomosEsenciais, organizado polo Colexio de Xornalistas, coa colaboración de Gadis, serviu para analizar os retos que supón unha información que responde aos problemas da cidadanía e establece vínculos coa propia sociedade.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
October 22, 2025 at 10:47 AM
Ás 19:00, no MARCO, primeiro Encontro #SomosEsenciais

Falamos de xornalismo social con Lara Graña, Alba Chao, Ángel Paniagua e Carolina Sertal.

O acceso é libre e de balde. Esperámosvos!
October 21, 2025 at 4:16 PM
Ás 19:00, no MARCO, primeiro Encontro #SomosEsenciais

Falamos de xornalismo social con Lara Graña, Alba Chao, Ángel Paniagua e Carolina Sertal.

O acceso é libre e de balde. Esperámosvos!
October 21, 2025 at 4:15 PM
Este martes, en Vigo, Lara Graña explicaranos a súa cobertura da desaparición de Mari Carmen Fernández. Un traballo que lle valeu o V Premio #SomosEsenciais

E falaremos de xornalismo social con Alba Chao, Ángel Paniagua e Carolina Sertal.

➡️ Ás 19:00, no MARCO
➡️ Acceso aberto e gratuíto
October 20, 2025 at 6:16 PM
Unha efeméride moi importante destes #25AnosDoCPXG

A #DeclaraciónDeCompostela supuxo en 2004 un punto de inflexión no tratamento informativo da violencia machista
#25AnosDoCPXG O 16 de outubro de 2004 máis de 70 xornalistas e axentes sociais asinaban a #DeclaraciónDeCompostela, que recoñecía a responsabilidade dos medios na loita contra as violencias machistas e ofrecía unha guía para o seu tratamento informativo.
xornalistas.gal/biblioteca/m...
October 17, 2025 at 7:55 AM
Falamos de xornalismo social coas últimas gañadoras do #SomosEsenciais

➡️ Martes 21 de outubro
➡️ No MARCO de Vigo
➡️ 19:00 horas
➡️ Aberto ao público
O Colexio de Xornalistas, coa colaboración de Gadis, organiza o martes 21 o Encontro de Xornalismo Social #SomosEsenciais. O acto, gratuíto e aberto a todo o público, celebrarase a partir das 19.00 no salón de actos do Marco de Vigo.
xornalistas.gal/novas-evento...
October 16, 2025 at 11:01 AM
Reposted
#25AnosDoCPXG O 7 de outubro do 2024, o CPXG e a Agrupación de Periodistas de CCOO organizaron a xornada 'Os #mediospublicos galegos no marco normativo europeo', que reuniu expertos estatais e europeos arredor da aplicación da Lei Europea de Liberdade de Medios.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
Maja Sever: "Temos que aprender a utilizar a Lei de Medios e...
Expertos nos medios públicos do ámbito estatal e europeo reuníronse na tarde deste luns na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC...
www.xornalistas.gal
October 7, 2025 at 3:55 PM
Como, cando e por que informar sobre o suicidio?
Unha guía práctica para afrontar as dúbidas que hai nas redaccións despois de moitos anos de silencio.

Grazas ás xornalistas que colaboraron no traballo, María Piñeiro, Ángel Paniagua e Catalina Pérez, coa coordinación de @elimaral.bsky.social
October 2, 2025 at 7:20 PM
Reposted
A gañadora do Premio #SomosEsenciais, organizado polo CPXG en colaboración con Gadis, @laragrana.bsky.social e o finalista Ángel Paniagua recolleron os seus galardóns en Santiago, nun acto que se converteu nunha reivindicación da profesión para cambiar a sociedade
www.xornalistas.gal/novas-evento...
September 23, 2025 at 10:49 AM
📢📢 Agora si, última oportunidade para presentarse á #BolsaNachoMirás

▶️ 6.000 euros para financiar proxectos profesionais
▶️ Graduadxs en Xornalismo e CAV nos últimos 5 anos
▶️ Prazo ata o luns 15 de setembro
September 13, 2025 at 8:35 AM
Reposted
No Día Mundial para a #PrevenciónDoSuicidio, o Colexio de Xornalistas lembra as #ferramentas para un tratamento axeitado deste problema de saúde pública e dispoñibiliza de balde para colexiadas/os o #webinar 'Informar sobre suicidio: cando, como e para que'.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
September 10, 2025 at 9:52 AM
Bos propósitos para setembro 🍃

Se tes pendente colexiarte en @xornalistas.bsky.social, este ano aforras os gastos iniciais

Xuntxs, máis fortes 👇
xornalistas.gal/colexiate/
August 30, 2025 at 7:23 AM
Reposted
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia chama a medios e profesionais galegos á sumárense este luns 1 de setembro á iniciativa mundial de @rsfes.bsky.social e @avaaz.org contra o masacre de xornalistas en Gaza.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
August 28, 2025 at 10:59 AM
Reposted
En Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Ourense… o xornalismo galego únese hoxe para denunciar o asasinato de periodistas palestinos
#OXornalismoNonÉUnCrime
#JournalismIsNotACrime
August 14, 2025 at 2:35 PM
Reposted
Apoiamos dende #Ourense a iniciativa de @xornalistas #XornalismoNonEUnCrime #JournalismIsNotACrime en apoio ós compañeiros palestinos que exercen o xornalismo en #Gaza
August 14, 2025 at 10:20 AM
Nas redaccións, lugares de traballo ou onde nos colla este 14 de agosto, o periodismo galego acórdase hoxe dos profesionais que informan en Gaza en condicións extremas, e dos 238 que xa non poden facelo
#OXornalismoNonÉUnCrime
#JournalismIsNotACrime
August 14, 2025 at 5:54 AM
Reposted
O CPXG chama ao xornalismo galego a unha protesta urxente polo asasinato de periodistas en Gaza

🔴Xoves 14 de agosto

#OXornalismoNonÉUnCrime
#JournalismIsNotACrime
August 13, 2025 at 4:45 PM
Os periodistas son parte da poboación masacrada en Gaza, pero ademais son os nosos ollos e oídos para saber o que alí ocorre. Por iso o exército israelí xa asasinou máis de 230 informadores palestinos. Este domingo, outros seis.
O CPXG condena enerxicamente o asasinato de seis xornalistas en Gaza nun ataque israelí: os profesionais de Al Jazeera Anas Al Sharif, Mohammed Qreiqeh, Ibrahim Zaher, Moamen Aliva, Mohammed Noufal e o reporteiro Mohamed Al Khalidi, aos que hoxe lembran os seus compañeiros
August 11, 2025 at 4:21 PM
Reposted
O CPXG súmase á denuncia da situación das/os profesionais da información en #Gaza e reclama que se deteña o asasinato de xornalistas, que se permita a entrada de informadores internacionais e que se garantan os subministros básicos mínimos para toda a poboación.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
July 30, 2025 at 10:00 AM
📢📢Este xoves remata o prazo para presentarse á #BolsaNachoMirás

➡️6.000 € para o teu proxecto periodístico

➡️Para tituladxs en Xornalismo ou CAV nos últimos 5 anos
📢 Últimos días para presentarse á décima #BolsaNachoMirás para xornalistas noveis, organizada e desenvolvida polo Colexio de Xornalistas e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social . O xoves remata o prazo, corre a presentarte!🏃‍♀️
www.xornalistas.gal/novas-evento...
July 28, 2025 at 12:48 PM
Defender o título universitario para exercer o xornalismo non é un esnobismo.
Supón garantir formación deontolóxica, un sistema de acceso igualitario e o respecto ás xeracións de profesionais formados nas nosas Universidades.
O Colexio de Xornalistas reclama a #titulación como requisito para ser considerado xornalista na futura lei do #segredoprofesional, cuxo anteproxecto aprobou onte o Consello de Ministros sen consultar os colexios nin a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas.
xornalistas.gal/novas-evento...
July 23, 2025 at 11:30 AM