ASPERGA (Asociación Galega de Asperger)
banner
asperga.bsky.social
ASPERGA (Asociación Galega de Asperger)
@asperga.bsky.social
🔵 ASPERGA | Asociación Galega de Asperger. 💙
Desde 2006 traballando pola inclusión e os dereitos das persoas autistas e as súas familias.
🎓 Formación online: “Becas e axudas a alumnado TEA”
Chega unha nova sesión formativa pensada para acompañar ás familias no proceso de acceso a recursos, becas e axudas destinadas a alumnado TEA.

👥 Dirixida a: familias de persoas TEA.

📝 INSCRICIÓN: asperga.org/formacion-on...
November 14, 2025 at 11:00 AM
🎓✨Este pasado xoves 13 de novembro, asistimos ao III Congreso para Coordinadoras e Coordinadores de Benestar e Convivencia, un encontro fundamental para seguir avanzando cara a contornas educativas máis inclusivas, respectuosas e seguras para todas as persoas 🌈📚
November 14, 2025 at 9:29 AM
📚✨ Este pasado martes 12 de novembro, desde ASPERGA impartimos o “Taller de aproximación ao Trastorno do Espectro Autista e a súa abordaxe nas bibliotecas”, unha formación dirixida ás profesionais das bibliotecas municipais da Coruña
November 13, 2025 at 10:49 AM
A autonomía é liberdade. Garantir os apoios axeitados é clave para unha vida plena e digna. Por iso, 10 anos despois seguimos reclamando a aplicación efectiva das accións e do orzamento da Estratexia e do seu Plan de Acción.

#10añosEstrategiaTEA #ElAutismoNOPuedeEsperar
November 12, 2025 at 9:25 AM
💙 30 anos de camiño compartido 💙
Este sábado 8 de novembro, desde ASPERGA tivemos o pracer de asistir ao acto polo 30º aniversario da Federación Autismo Galicia, unha data moi especial para toda a rede que conformamos o movemento asociativo do autismo en Galicia.
November 10, 2025 at 10:46 AM
🎄✨ Xa está aquí o IV Concurso de Postais de Nadal de ASPERGA!
Unha iniciativa para fomentar a creatividade e expresión artística das persoas socias e usuarias 🎨💙

💻 Podedes atopar as bases completas en: asperga.org/concurso-pos...
November 7, 2025 at 9:47 AM
En ASPERGA polo Samaín… non pasamos desapercibidos! 😍
A semana pasada estivo chea de emocións, algún que outro susto 👻, moitos disfraces 🧙‍♀️🧛‍♂️ e momentos cargados de risas e diversión.
November 3, 2025 at 12:45 PM
✨ Este sábado pasado gozamos dunha mañá moi especial! ✨
Fixemos un brunch delicioso e un paseo polo corazón de Santiago de Compostela, nun tempo de lecer cheo de risas, boa conversa e compañía espectacular 💬☕🌿
October 30, 2025 at 10:01 AM
🎶 Música, sorrisos… e un toque de Samaín! 🎃

O vindeiro 29 de outubro ás 17:30h, os/as máis pequenos/as de atención temperá e infancia de ASPERGA na Coruña poderán desfrutar dun fermoso concerto de piano grazas a unha profesional de Pianoma Music School 🎹💜
October 24, 2025 at 9:22 AM
⏩ASPERGA recibe, un ano máis, o apoio do Concello da Coruña para financiar os gastos de mantemento da nosa sede na cidade, a través dunha subvención nominativa.

#autismo #asperga #TEA #mantemento #Coruña #ConcelloCoruña
October 21, 2025 at 10:46 AM
⏩O Concello da Coruña concede unha axuda a ASPERGA dentro da Convocatoria de subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social, sen ánimo de lucro, do Concello da Coruña, (+)
October 20, 2025 at 10:59 AM
💙 O sábado 25 de outubro temos dobre plan en ASPERGA!

💻Podedes atopar toda na seguinte ligazón: asperga.org/tempo-de-lec...

✨ Dúas actividades, un mesmo obxectivo: compartir, desfrutar e seguir facendo comunidade 💫
October 17, 2025 at 10:18 AM
🎨 TEMPO DE LECER | Taller de ilustración
Gústache debuxar? Queres aprender novas técnicas e compartir a túa creatividade? 🖌️✨

O sábado 18 de outubro, de 10:00 a 13:00 h, teremos en Santiago de Compostela un taller de ilustración gratuíto dirixido a adolescentes de 12 a 18 anos
October 14, 2025 at 10:45 AM
🎓 Formación online: “Despois da ESO”
Chega o momento de decidir cal será o seguinte paso, e sabemos que non sempre é doado. 💭

📝 INSCRICIÓN: asperga.org/formacion-on...

#Galicia #Coruña #SantiagodeCompostela
October 10, 2025 at 10:54 AM
💼 Dá o paso cara ao teu futuro profesional!
En ASPERGA acompañámoste para descubrir as túas fortalezas, atopar oportunidades e avanzar na túa carreira. 🌱

💙 Cremos no talento das persoas autistas e traballamos cada día por un futuro laboral máis inclusivo e accesible.
October 9, 2025 at 9:28 AM
Hai xogadas que van moito máis alá do campo 💙
No ASPERGA F.C. xogamos en equipo, superamos retos e celebramos cada paso xuntos.
Únete a esta aventura chea de movemento, amizade e ilusión ⚽

📍 Actividade presencial na Coruña
📞 881 91 73 18
📧 asperga.deporteelecer@asperga.org
October 8, 2025 at 8:19 AM
💬 Xuntanza: un espazo para compartir e crear comunidade 💬
En ASPERGA seguimos creando oportunidades para conectar 🤝

ℹ️ Máis información e inscricións:
🔗 asperga.org/xuntanza-a-coruna-2025-2026/
October 7, 2025 at 10:49 AM
🏃‍♀️ Impulsando o deporte inclusivo!
O pasado martes 30/09 impartimos unha sesión formativa ao equipo do Sport Club Casino, que será o encargado de levar ás súas instalacións as actividades que promocionamos en ASPERGA.
Un paso clave para a inclusión e a participación activa 🤝
October 6, 2025 at 10:26 AM
✨ O valor dos talleres grupais en ASPERGA ✨
En ASPERGA sabemos que os talleres grupais son moito máis que actividades: son espazos para compartir, aprender e crear comunidade 🤍.

asperga.org

💬 Abrimos fío ↓
October 6, 2025 at 9:49 AM
🗣️ Un ano máis, en ASPERGA lanzamos o Taller COMUNÍCATE na nosa sede da Coruña!

Máis información e inscricións en: enasperga.org/taller-comunicate-a-coruna-2025-2026/

📍 Onde: Sede de A Coruña (Avda. de Oza, 240 – baixo)
October 2, 2025 at 8:34 AM
🎭 Novo taller de teatro en ASPERGA!
Un espazo creativo pensado para que as persoas máis novas poidan explorar, expresarse e divertirse a través da interpretación 💡✨

ℹ️ Máis información e inscricións:
🔗 asperga.org/taller-de-teatro-santiago-de-compostela/
October 1, 2025 at 9:05 AM
✨ En ASPERGA poñemos en marcha “Mulleres na contorna”, un novo grupo creado para mulleres novas de entre 18 e 30 anos.

ℹ️ Máis información e inscricións en asperga.org/taller-mulleres-na-contorna-a-coruna/
September 30, 2025 at 11:46 AM
📰 Xa está aquí o novo número da revista de ASPERGA!

🎉 O nº 9 xa está dispoñible na nosa web 👉 asperga.org/novas-autismo/ ou na seguinte ligazón: asperga.org/cms/wp-conte...
September 30, 2025 at 9:59 AM
🙌🏼 ASPERGA agradece a #Agaxede a invitación ao foro celebrado o pasado venres: “Para una mejor gestión de las subvenciones municipales a los clubes deportivos”.
September 29, 2025 at 8:56 AM
✨ En ASPERGA poñemos en marcha novos talleres quincenais para persoas adultas, que comezarán o 1 de outubro na nosa sede de Santiago de Compostela (Rúa José Ángel Valente, 9 - baixo).

ℹ️Máis información e inscricións: asperga.org/talleres-par...
September 26, 2025 at 10:32 AM