Aira das letras
banner
airadasletras.bsky.social
Aira das letras
@airadasletras.bsky.social
Libraría especializada en libro infantil e ilustrado, novela gráfica e banda deseñada, literatura en galego, portugués e castelán e xoguete didáctico.
‘Punto Cero’ de Seicho Matsumoto (Libros de Asteroide)
Publicada en 1959, esta é a primeira novela de Matsumoto na que a protagonista é unha muller, o que lle permite analizar a culpa e os prexuízos da sociedade nipona dende un punto de vista feminino. Unha novela envolvente e meticulosa.
February 14, 2026 at 8:01 PM
Chegaron as primeiras novidades de @AiraEditorial, e fixérono con agarimo e respecto polo noso medio ambiente, pois como sabedes: “A nosa idea é evitar o plástico e estamos probando diferentes posibilidades ata chegar a aquela que máis nos guste”
February 12, 2026 at 3:30 PM
En 'El accidente', Blanca Lacasa cóntanos ese momento exacto no que alguén che descoloca a vida… e ti deixas que pase. Unha historia breve, afiada e perigosamente adictiva sobre o desexo, o ego e esa necesidade absurda (e tan humana) de gustar.
February 11, 2026 at 2:03 PM
Ábrense as portas para participar no 14º Concurso de Micro-relatos OZOCOgz e nesta edición o protagonista é o medo.
Que che inspira?
Que che impulsa a facer?
Atréveste a contarnos un?
Ou como o superaches, quizais?

Calquera que sexa a túa versión do medo, terás 150 palabras para dicilo.
February 8, 2026 at 7:30 PM
‘El optimismo es para los valientes’ é unha celebración da imaxinación sen límites. Liniers mestura humor, tenrura e retranca cunha beleza que entra suave e queda pensando. Un libro para rir, suspirar e lembrar que ser optimista, ás veces, é un acto de pura valentía. Ideal para abrir ao azar. 🐧📚
February 7, 2026 at 7:30 PM
‘La muerte de Irene Márquez’ é un cómic que mira á morte sen solemnidade e con moita retranca. Historias curtas e longas mesturan humor negro, dor, tenrura e estrañeza para lembrar algo inevitable: aquí saímos todas. Un libro que fai rir, incomodar e pensar a partes iguais.
January 29, 2026 at 8:30 PM
Para ler o resto do artigo, preme nesta ligazón 
👇👇👇
https://f.mtr.cool/ilvmrfzhax
January 28, 2026 at 12:02 PM
🎁 Sorpresa para @noloquieroperolotengo! Gañaches o un exemplar asinado do 'A historia de Galicia en 30 oxectos'. Parabéns!!!!

Escríbenos por privado cos teus datos e ven recollelo cando poidas.
January 27, 2026 at 8:30 PM
Se queres entender en profundidade e mergullarte na realidade venezolana, e formarche un criterio propio afastado de opinións panfletarias de aquí e de alá, 'La oscuridad no llegó sola', de Mirtha Rivero, é para ti.
January 26, 2026 at 8:02 PM
‘La ciudad de la carpa bailarina’ de Aleksandra Mizielinska y Daniel Mizielinski
Un libro-xogo onde ti decides que pasa e cara onde ir. Aventuras, misterios, personaxes e ilustracións cheas de detalles. 

Da boca dos nosos clientes: os nenos prefíreno á tele (e iso xa o di todo)
January 25, 2026 at 8:02 PM
January 24, 2026 at 1:30 PM
Esta semana fixemos o inventario na @airadasletras 🥴🥴

Revisamos libro por libro, un a un, e xa podemos dicir que temos todo en orde e ben mandadiño para arrincar o ano ao 100 %.

Vémonos na rúa Emilia Pardo Bazán, número 5, baixo, #Allariz 📚✨

Inventario feito, ano encamiñado e lectoras felices xD
January 22, 2026 at 1:02 PM
Chegou a hora do noso sorteo mensual en Instagram! 🌟

Este mes traemos un agasallo moi especial: un exemplar asinado de 'A historia de Galicia en 30 obxectos' 💜
Xa vos dixemos que foi o libro máis vendido do ano pasado na @airadasletras, ou non?

*e só vale en Instagram, que vos coñecemos 😌
January 21, 2026 at 1:30 PM
‘A casa grande’ de Olaia Sendón (Xerais)
Unha casa chea de silencios, recordos e contas pendentes. Tres irmáns volven ao lugar onde todo doe un pouco máis. Unha novela íntima, honesta e chea de verdades incómodas. Familia, memoria e pertenza nun equilibrio fráxil.
January 16, 2026 at 8:30 PM
‘Bajo un cielo estrellado’ de Amaia Arrazola (Lunwerg)
Unha viaxe fermosa polas lendas e criaturas do imaxinario xaponés. Kamis, yokais e kitsunes entre ilustracións cheas de maxia. Un libro para ler con calma e deixarse levar.
Repleto de beleza, misterio e conexión coa natureza.
January 14, 2026 at 7:03 PM
‘Circe ou o pracer do azul’ de Begoña Caamaño (Galaxia)
Dúas mulleres unidas por un home. Unha novela epistolar fermosa, fonda e intelixente sobre o desexo, a espera e a complicidade inesperada. Caamaño escribe con delicadeza e forza a partes iguais. Un libro que medra contigo e queda a vivir.
January 11, 2026 at 8:01 PM
''Nati Rei é unha apaixonada da mitoloxía e da antropoloxía galegas, intereses reflectidos na súa primeira novela, 'A estirpe do arcanxo' (Aira), enmarcada dentro da fantasía cotiá e dirixida a un público xuvenil.
January 10, 2026 at 8:02 PM
Así foi o noso 2025… acompáñanos a ver que trae o 2026.
Feliz ano, querida comunidade 💫
Agardámosvos na @airadasletras, na rúa Emilia Pardo Bazán, 5 baixo, en #Allariz.
January 2, 2026 at 9:13 PM
@bejarano_juan! Gañaches unha Axenda de Drácula!!!!

Escríbenos por privado cos teus datos e ven recollela cando poidas.
December 29, 2025 at 6:21 PM
Tes ata mañá para aproveitalo ⏰ ✨

Non o deixes escapar! 💨

Dende o 15 de Outubro de 2025 ata o 20 de Decembro de 2025.
👉libros.ourense.gal👈
December 19, 2025 at 6:06 PM
🦇 SORTEO VAMPÍRICO EN AIRA DAS LETRAS 🦇

Temos entre mans unha xoia escura: a axenda infinita de Drácula, o complemento perfecto do noso último clásico ilustrado. Unha axenda para quen vive de noite, planifica eternamente… ou simplemente ama o bonito.
👉 IMPORTANTE: o sorteo só é válido en Instagram
December 18, 2025 at 11:39 PM
‘Tres mulleres’ – Stefan Zweig (Galaxia)
Zweig ao seu mellor nivel: tres historias finas como coitelos, onde a emoción é protagonista absoluta. Elegancia, intensidade e ese dramatismo que non falla nunca.
December 17, 2025 at 7:03 PM
'El hechizo de Lily Dahl’ – Siri Hustvedt (Seix Barral)

Un pobo pequeno, un misterio que morde polos bordes e unha moza atrapada entre a realidade e o desexo. Hustvedt fai maxia das tensións máis íntimas.
December 16, 2025 at 7:41 PM
‘Be Water II. Terra’ – Antía Yáñez (Cuarto de Inverno)

Un regreso potente ao universo Be Water: Be Water II: Terra é a segunda parte desta distopía sobre o que estamos dispostos a facer para colmar os nosos desexos, sen importar que ou a quen levemos por diante.
December 13, 2025 at 10:21 PM
Vémonos o domingo 😉
December 10, 2025 at 7:21 PM