ADEGA
banner
adegagz.bsky.social
ADEGA
@adegagz.bsky.social
ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA - Galician Environmental NGO - Declarada de Utilidade Pública
🥳🌱Xa está aquí! O Anuario Cerna 2025 vai camiño das casas de socias e subscritoras!

Un retrato ambiental da Galiza do 2025, ano que por desgraza pasará á historia como o da peor vaga de incendios que sufriu o país.

🌱Se queres recibila na túa casa, subscríbete!: i.gal/subscricioncerna
February 14, 2026 at 6:38 PM
📽️ O documental “A Terra por gañar” chega á Coruña!

🌎 Durante os meses de febreiro, abril e maio, terás varias ocasións de coñecer e revisar a historia do ecoloxismo galego desde 1974. Onde te veremos? :)

✍️Info: adega.gal/axenda.php?i...

👉Co apoio do @concellodacoruna.bsky.social
February 12, 2026 at 11:57 AM
🏭A poboación galega respira unha proporción maior de substancias contaminantes ca o resto do Estado

👉Galiza emite, en concreto, 33 substancias. Destas, 17 teñen unha porcentaxe de volume de emisión que supera o 6% do Estado, máis cá nosa poboación (5,5% da estatal), territorio (5,65%) ou PIB (5,1%)
February 11, 2026 at 12:33 PM
💁🏻‍♀️Estar á moda e ser responsable é posible!

📝👉🏻Podes ler o artigo completo "O impacto ambiental da produción e consumo de roupa e calzado" na Revista Cerna 94: adega.gal/revistacerna...

✍🏻 Por Manuel Soto Castiñeira, profesor de enxeñería química na @udc.gal e presidente de ADEGA.

COMPARTE📣📣
February 10, 2026 at 1:40 PM
📣O vindeiro 28 de febreiro estaremos nesta mesa redonda canda á Plataforma Ulloa Viva e a @minatouroopinonon.bsky.social

📍Ás 18:00 na Casa das Máquinas.
👉Organizada pola Coordinadora da Mocidade Socialista.

Agardámoste!!😉
February 9, 2026 at 10:37 AM
📣📣ADEGA denuncia o abandono institucional da Torre de Torés e reclama a súa inmediata protección e consolidación

🏚️Ben de Interese Cultural nas Nogais, esta torre está nun estado de deterioro avanzado. Os temporais provocaron o seu derrubamento parcial, un risco coñecido e advertido desde hai anos.
February 7, 2026 at 9:31 AM
É hoxe no CS A Nubeira de Vigo. Vémoste?☺️🌱
#PetiscosdeNatureza
February 6, 2026 at 3:44 PM
🌀❗️Un proxecto eólico en Lugo ameaza a única poboación reprodutora de mazarico real da Península Ibérica🐦

⚡Cun trazado de case 30 km, a liña eléctrica atravesa espazos naturais altamente sensibles da Terra Chá. Os muíños afectan un punto de abastecemento de auga en Begonte e a vivendas próximas.
February 6, 2026 at 12:58 PM
‼️O Ministerio pretende licitar a eólica mariña sen concluír a revisión dos Planos de Ordenamento do Espazo Mariño

✍️Toda a info: www.adega.gal/novas.php?id...

#eólicamariña #eólicaasínon #ecoloxismogalego
February 5, 2026 at 12:39 PM
Volta o voluntariado o Couto da Eirexinha 🦌 no 2026. Comezamos este sábado cunha xornada de deseucaliptización e rexeneración 🌱 con sementes locais.

Hoxe, último día para inscribirse. Bule!
👉🏻 adega.gal/axenda.php?i...

Vémonos no monte! 🦊🌱
February 5, 2026 at 8:21 AM
📣Oferta de Emprego ADEGA | Queres formar parte da nosa equipa?

📝Presenta o teu currículo para ser Coordinador/a de ADEGA en Lugo 📍

⏳Prazo límite: mércores, 11 febreiro.

Toda a info: adega.gal/axenda.php?i...
February 4, 2026 at 6:35 PM
📣⛰️Que futuro queremos para o Monte Viso?

💚ADEGA-Compostela retoma as súas actividades e convídate a coñecer todas as súas potencialidades deste espazo.

📆Sábado, 7 feb
⌛De 11:00 a 13:30 h aprox.
📍Punto quedada: share.google/LE57ybIKcIh1...

Inscríbete en: i.gal/visitamonteviso

Vémonos alí!🌱💚
February 4, 2026 at 1:58 PM
🐟ADEGA, @riosconvida.bsky.social, @ecoloxista.bsky.social e @sghn-galicia.bsky.social solicitamos á D. X. de Patrimonio Natural (Consellaría de Medio Ambiente) a inclusión do salmón atlántico no Catálogo Galego de Especies Ameazadas como "en perigo de extinción".

Vai fío. Comparte!🧵👇
February 4, 2026 at 10:09 AM
📣Hoxe acudimos á rolda de prensa da plataforma Galiza pola paz, da que facemos parte, para anunciar as mobilizacións contra a militarización da sociedade e a escalada belicista.

📍Terán lugar este xoves día 5, ás 20:00 horas, nas 7 cidades galegas. Vémonos. Pola paz e pola vida. Non ás guerras!
February 3, 2026 at 2:02 PM
❗💥A rotura doutra balsa mineira no Monte Neme pon de novo o foco sobre as hipotecas ambientais da minaría “sustentábel” que promove a Xunta: restauracións inexistentes, fuxida de responsabilidades e desleixo administrativo son os ingredientes para futuras catástrofes.

🧵👇
February 3, 2026 at 11:32 AM
💦No #DíaMundialdosHumidais, ADEGA denuncia a desprotección destes espazos de elevado valor ecolóxico no país

‼️A última das agresións, denunciada por ADEGA, produciuse sobre as turbeiras do Barbanza, co decapado da turba e o tránsito de maquinaria pesada.

🤎Por unha xestión efectiva dos humidais!👇
February 2, 2026 at 12:08 PM
#RadioCerna | 🎙 Esta e outras novas dos últimos días, en Radio Cerna! Ponte ao día da actualidade ambiental galega en 10 minutos👇

🔸 Dispoñible na web: www.adega.gal/radiocerna/p...
🔸 Ou IVOOX: www.ivoox.com/boletin-info...
.
.
.
Co apoio de Cultura da Deputación da Coruña

#actualidade #podcast
January 31, 2026 at 9:46 AM
Contra o imperialismo. Pola paz e pola soberanía dos pobos. Non ás guerras!

📢 Desde ADEGA facemos un chamado a participar o vindeiro xoves, 5 de febreiro, ás 20h nas mobilizacións convocadas pola plataforma #GalizaPolaPaz, da que facemos parte.

Acude!✊🏼🌱
January 30, 2026 at 1:41 PM
Nova vitoria xudicial!🥳 O TSXG paraliza cautelarmente o P.E. Patiñeiro, en Vimianzo, a instancias de ADEGA.

👉🏻O tribunal ve acreditado o risco de dano ambiental sobre espazos ambientalmente sensibles.

💚 Por unha transición enerxética xusta e sustentable. #TiPodesParalos

adega.gal/novas.php?id...
January 30, 2026 at 11:57 AM
❗Reunión informativa sobre o proxecto eólico Cordal de Ousá, que afectaría os concellos de Friol, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Castro de Rei

📍 Casa das Insuas, Rábade
📅 Luns, 2 de febreiro
🕛 Ás 20:00 h

📝Entregaremos alegacións!

🗺️Info: adega.gal/axenda.php?i...

Difunde! #EólicaAsíNON
January 29, 2026 at 2:42 PM
⚠️💧O proxecto de central de bombeo de Meirama pon en alto risco a auga potábel da Coruña

Vai pequeno fío!🧵👇
January 28, 2026 at 12:10 PM
‼️Desde ADEGA opoñémonos á petición da Xunta de levantar a suspensión do TSXG á caza do lobo. Volver sinalar especie como “problema” non é máis ca unha manobra para distraer o sector agro-gandeiro das súas políticas regresivas, e en particular, do apoio ao acordo MERCOSUR

✍️ adega.gal/novas.php?id...
January 27, 2026 at 10:08 AM
🌿Hoxe é o Día Mundial da Educación Ambiental🌿

🌱✊Queremos aproveitalo para reivindicar unha educación ambiental sen recortes nin precariedade en Galiza, que mateña o seu fin transformador e reivindicativo.

🐌Info aquí: adega.gal/novas.php?id...

#DíaMundialdaEducaciónAmbiental #EducaciónAmbiental
January 26, 2026 at 10:46 AM
#RadioCerna | 🎙 Esta e outras novas dos últimos días, en Radio Cerna! Ponte ao día da actualidade ambiental galega en 10 minutos👇

🔸 Dispoñible na web de ADEGA: adega.gal/radiocerna/p...
🔸 Ou en IVOOX: www.ivoox.com/boletin-info...
.
.
.
Co apoio de Cultura da Deputación da Coruña
January 24, 2026 at 12:38 PM
🏭❌ Non nos esquezamos: Altri non!

📢Un estudo sobre a planta endémica Centaurea gallaecica evidencia a afección da macrocelulosa sobre especies protexidas🌿

👉Máis info: adega.gal/novas.php?id...

#AltriNon #CelulosasFóra
January 23, 2026 at 6:35 PM