Roga Colectiva
rogacolectiva.bsky.social
Roga Colectiva
@rogacolectiva.bsky.social
Unha colectiva de profesionais das ciencias sociais e humanísticas unidas pola defensa do patrimonio galego.
Ligazóns
Spotify: https://open.spotify.com/show/2DGvT1O691mAolaOo6f5ub?si=ByoOHthjSn2dFTfZ_glg4w
iVoox: https://go.ivoox.com/rf/119430980
Como vedes, o patrimonio non é un elemento inocuo, e dende Roga Colectiva queríamos amosarvos como pode convertirse nun instrumento político para xustificar políticas de violencia e individualistas, deixando de lado á comunidade.
Agardamos que vos guste, vémonos en vindeiras publicacións! 🧵(2/2)
November 16, 2025 at 6:07 PM
Cada 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial, unha efeméride adicada ao recoñecemento do legado cultural e patrimonial de todo o mundo inscrito na Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO.
Abrimos un pequeno fío cunha reflexión sobre esta efeméride 🧵(1/2) ⬇️
November 16, 2025 at 6:06 PM
Tes algunha reflexión ao respecto? 🤔
Aporta nos comentarios! 👇🏼
November 11, 2025 at 2:40 PM
🏢Urbanismo, Patrimonio e Política 🏢

👉🏼 O pasado día 8 foi o Día do Urbanismo, e por suposto é unha data pra ter en conta que o urbanismo é político, un urbanismo que tamén e patrimonio arrebatado ás clases populares.... 1/2 ⬇️
November 11, 2025 at 2:40 PM
Comezamos setembro cunha actividade moi esperada, a presentación do novo libro de Ángela Vicario “Ibéricas: Mujeres que moldearon la Edad Media hispana”, e por suposto coa presenza da autora. Se queres vir temos cita o vindeiro sábado 13 de setembro ás 12:30h na Libraría Couceiro, achegádevos!
September 4, 2025 at 5:44 PM
A vaga de lumes que estamos a sufrir é o resultado directo da neglixencia de cara o rural e o seu patrimonio. O abandono das prácticas como as rogas son parte da perda de biodiversidade, ambiental e humana dos nosos montes.
Defendamos o noso patrimonio!
August 21, 2025 at 7:14 PM
August 13, 2025 at 6:11 PM
August 13, 2025 at 6:11 PM
Nesta época estival todes collemos transportes para viaxar, e dende Roga quixemos reflexionar sobre o papel que xoga o patrimonio histórico e cultural asociado aos transportes na Galiza, e como nestes últimos anos se está a perder por políticas ineficientes e que contribúen ao seu borrado cultural 🧵
August 13, 2025 at 6:09 PM
Hoxe é un dos días adicados a arqueoloxía. Moitas de nós como imaxinades, traballamos no sector, e tanto na Galiza como no resto do Estado temos que seguir organizandonos e empurrando pola dignidade da profesión, con perspectiva de clase e mellorando as nosas condicións de traballo e vida... ⬇️
July 28, 2025 at 5:23 PM
‼️NOTA IMPORTANTE‼️ O faladoiro desta tarde será na Aula 11 da Facultade de Historia ás 17:30h, vémonos en nada! 🏳️‍🌈
July 2, 2025 at 9:34 AM
O vindeiro mércores 2 de xullo, temos unha cita con Daniela Fernández para falar sobre a historia do orgullo na Galiza. Dende Roga e @avantecompos.bsky.social agardámovos ás 17:30 na aula 8 da Facultade de Historia da USC. Sempre combativas! Sempre con orgullo! 🏳️‍🌈
June 30, 2025 at 9:47 AM
Chega un novo episodio de Radio Filandón! A temática é de actualidade este ano, xa qué falamos das cantareiras, música tradi e todo o que aconteceu xa efemeride do pasado día 17 na Galiza.
Contamos ca presenza de Sara García, Xía Sar e a nosa compañeira María

Xa dispoñible en Spotify e iVoox! 👇
June 12, 2025 at 4:45 PM
Cómo foi a migración do campo ás cidades na Galiza?Tes algunha historia relacionada con esta cuestión?
Animámosvos a asistir e participar nunha conversa a través das xeracións onde todo o mundo ten cabida para falar de cómo foi o éxodo rural na Galiza. Non o perdades!
June 3, 2025 at 8:00 AM
O 2 de xuño conmemórase o Día Internacional da Traballadora Sexual pola folga das prostitutas de Lyon en 1975, hai 50 anos. Hoxe séguense a reivindicar os dereitos dun dos coletivos máis castigados da sociedade, sempre con solidariedade de clase e sen políticas que castiguen ás traballadoras.
June 2, 2025 at 9:21 AM
Hoxe foi o Día Internacional dos Museos, e nós en Compostela tivemos a oportunidade de asistir a unha visita guiada aos espazos do CGAC que nunca adoitamos ver, como as oficinas, o taller de montaxe e outros
Deixámosvos aquí unha mostra fotográfica da nosa mañá.
Vémonos moi pronto, saúde e terra!
May 18, 2025 at 7:51 PM
25 de abril, o Día da Revolución dos Cravos portuguesa, un día no os militares e pobo erguéronse para derrocar a ditadura. Mais o nome da revolución xurdiu polo xesto de Celeste Caeiro, unha figura fundamental na revolución e moitas veces esquecida.
25 de abril, sempre! ✊
April 25, 2025 at 9:24 AM
Hoxe celébrase o Día do Libro, e adiantamos unha sorpresa que estamos preparando arredor da temática do libro como medio de difusión política, contracultura e como transmisor de coñecemento universal.
Estade atentas porque moi pronto en Spotify e iVoox teremos novo episodio de Radio Filandón!
April 23, 2025 at 2:56 PM
Presentamos o noso primer boletín! Neste espazo do podcast achegámosvos novas, convocatorias e información sobre diversos temas, esta semana falamos de Sargadelos, a mani da vivenda, o peche do CSOA Escarnio e Maldizer, os eólicos de Campo Lameiro, e moito máis!
Dispoñible en 👇
April 11, 2025 at 11:07 AM
Dende Roga Colectiva lanzamos un comunicado en vista da nefasta xestión da pranta de Sargadelos en Cervo. O que está en xogo é o traballo e a saúde de centos de profesionais, e mais un ícone da cultura galega.
Seguiremos atentes ao desenvolvemento desta situación, vémonos moi pronto!
April 7, 2025 at 6:57 PM
Volve Radio Filandón, e nesta ocasión falaremos da historia da auga na Galiza e os usos que se lle deron dende o pasado máis remoto ao presente, con proxectos coma Altri que ameazan os nosos recursos e o noso patrimonio natural e cultural.
Xa dispoñible en Spotify e iVoox, saúde e auga compañeiras!
April 2, 2025 at 8:13 AM
Segunda parte da infografía
🧵 (2/2)
#diadasartesgalegas #isaacdiazpardo
April 1, 2025 at 9:51 AM
Este ano adícase o Día das Artes Galegas a Isaac Díaz Pardo, importantísima figura das artes visuais da Galiza. Achegámosvos a súa biografía e traballo, para que coñezades un pouco máis toda a contribución que fixo pola memoria e o patrimonio da nosa terra. Vémonos moi pronto, saúde e terra!
🧵(1/2)
April 1, 2025 at 9:48 AM
O 31 de marzo celebramos en todo o sentido da palabra ás persoas trans: as súas vidas, alegrías e contribucións. Hoxe en día isto faise máis necesario ca nunca e debemos loitar sempre polos dereitos das persoas trans, e contra os constantes ataques que ameazan a súa existencia ✊🏳️‍⚧️
March 31, 2025 at 12:24 PM
Segunda parte do fío 🧵
(2/2)
March 20, 2025 at 5:38 PM